martes, 23 de outubro de 2007

Jacobo & Chus, Just Married






Moi boas, antes de nada quería pedir disculpas por estar máis de unha semana sen publicar nada no blog. O motivo é que ultimamente ando moi, moi liado.
Xa temos casados a Jacobo e a Chus, a verdade é que personalmente disfrutei coma un enano. Debo dicir que fun integrante da Mesa 16, unha mesa que recordarán os invitados, os noivos, os familiares dos noivos e sobre todo os camareros e o Metre do Pazo de Vilar de Ferreiros durante moito tempo. Vaia tarde noite que lles dimos: cantando dende o primeiro prato, levantandonos entre prato e prato para ir xunta os noivos a que se bicasen, petando na mesa coma se estivesemos poseidos, caendo evidentemente o viño unha e mil veces e algunha que outra copa. A verdade é que a montamos moi gorda e xa no segundo prato Toñito o pai de Álvaro e Angel de Teté viñeron comer para a nosa mesa, de ahí surxiu a canción NO SOMOS 10, SOMOS 12 e tamén a de ÁNGEL, ÁNGEL, ÁNGEL DE TETÉ, DE TETÉ, DE TETÉ E E.
Tivemos un repertorio moi variado, unha das máis cantadas por toda a xente foi SACA LA ESPADA, PAZITOS SACA LA ESPADA (ante o amago do irmán do noivo de baixar os pantalóns e poder provocar máis de un mareo entre os asistentes). O camarero a modo de broma trouxolle a Pazitos na metade da boda dous bocadillos de xamón e unha botella de Martín Codax e o moi personaxe foise para o balcón comer un deles, nese momento ocurriuseme a canción BOCATA DE JAMÓN Y VINO PELEÓN, BOCATA DE JAMÓN.
Había invitados de Vigo e puxeronse a cantar A Rianxeira, ahí xa foi cando encendimos de todo e cantamos como unhas 5 ou 6 cancións diferentes dos Riazor Blues o tamén as coñecidas cancións A SEGUNDA, OE, A SEGUNDA OE, e EL AÑO QUE VIENE CELTA- DEPOR B.
Manteouse o noivo, a noiva, o irmán do noivo, o pai do noivo, a Ángel de Teté..., regalouselle un coello negro os noivos (idea de Capi, Lisardo e Ángel de Brañas que o forón mercar a unha casa cercana o Pazo polo módico precio de 30 € e encima na casa había unha repelente nena duns 7 anos que lle quería morder a Capitán nunha man...)
Fixemos un tren no comedor con Toñito de maquinista, e él mesmo se encargou de elaborar un cartón escrito con un puro que poñía "A LA DISCO", e foi onde comezamos a cantar A LA DISCO OE, A LA DISCO OE. Como vedes puideron vir os de Operación Triunfo que igual se sorprendían do amplo repertorio. Como non podía ser de outra maneira tamén se cantaron cancións da Igrexa (como ven sendo habitual cando celebramos calquer cousa).
Baixamos para a Discoteca que ten habilitado o Pazo na súa zona baixa pasamolo xenial, saimos do Pazo as 3 da mañán rumbo a Melide, non sin antes ver varias sorpresas: unha presentación en Power Point de fotos do onte e do hoxe de Jacobo e Chus moi emocionante, unha sesión de fogos de artificio nos exteriores do Pazo moi guapos e o mellos da noite: Pablo Calvete tivolle que poñer unha liga coa boca a unha compañeira de Chus coa canción de 9 semanas e media de fondo, un auténtico show. Hai fotos, videos... de todo. Como me rin, je je je.
Chegamos a Melide directos para La Base e nada máis chegar Pazitos e Lisardo subiron bailar enriba da barra. A noite seguiu en Melide ata altas horas.

FOTO 1: O 11 da Xornada: de esquerda a dereita: Ángel de Teté, Javi (Comisión 2007), eu (Comisión 2007), Li (Comisión 2007), Borja, Esteban, José Luis, Petete, Pedino, Chany e Pirulo.
FOTO 2: A Temida Mesa 16 sen Pazitos (que debía andar enseñando a Espada por ahí) e sen min (que foi quen saquei a foto)
FOTO 3: parte da nosa peña antes da misa, VAIA PINCELES...
FOTO 4: Yoly, José Luis, Laura, eu e Piru.
FOTO 5: Os Reis da Noite: Pazitos e Li bailan enriba da barra de La Base mentres Alvaro inténtalle desabrochar a camisa a Li baixo a atenta mirada de Capitán.

Poñerei máis fotos (as que valgan para ver porque hai moitas que non valen) en próximos episodios.

Saudiños

13 comentarios:

Anónimo dixo...

Que festaza!!!Pasámolo en grande, creo que este sábado temos outra felebración,pfffff!!

Anónimo dixo...

Si, si felebración, palabro descendente da palabra festa, PFFFF!!

Anónimo dixo...

Vaia festaza!! Esas son as mellores, as que acaban tarde tarde e bailando nos lugares máis insospeitados (como os cabaleiros da última imaxe).

As fotos que non valen para ver adoitan ser as máis chulas, ainda que os que saen nelas se enfaden se as enseñas jeje.

P.D.: Alabado sea Dios que actualizache!! Xa se botaba de menos :)

Unknown dixo...

Que pasa Alvarito! pois si, unha festaza por todo o alto,que pasada!
Creo que o sabado pode ser un día propicio para votar un bailoteo por ahí subidos, je je je.
Da bachata encargase Calvete, eu da música disco e ti do Reggaeton, je je je. En el fin de semana quiero bailar..., je je je.
PFFFFFFFFFFFFF!

Vero, os dous cabaleiros da imaxe teñe unha oferta enriba da mesa para faceren de go-gos todas as semanas no Teatro Palladium de Melide con traxes de coiro ceñidos, amosando o torso e co látigo na man mentres duas rubias impoñentes bailan de modo suxerente preto deles a canción: Yo soy tu gatita, je je je.

CRAKS!!!!

rikimelide dixo...

Mi má Victor, Li e pazitos co torso desnudo e cun látejo, jejeje, bufff, menos mal que aínda non comín jajajaj, veña unha aperta a Sobrado que vos teño abandonados, pero paso por aquí a miúdo eh, bótanse de menos as crónicas no foro do casx, a ver se solucionas esos problemas, os da deputación para que che deixe entrar no foro e os do equipo que vas ter que descolgar as botas e ó carallo¡¡¡,
pd. se vos quiere, ;)

Anónimo dixo...

Madre de Dios, que estampa!! Se algún día chega a ocorrer iso eu quero documento gráfico no teu blog jajaja.

P.D.: Por qué nestes casos sempre se pensa en RUBIAS impoñentes? Que é, que as morenas non podemos selo??? xDDD é broma.

Unknown dixo...

Qué tal Riki! canto tempo tio! a verdade é que teño que mirar a ver se arranxo os problemas de enganche da Deputación para poder ter a peña máis informada dos resultados do C.A.S.X. En canto o de descolgar as botas si é certo que a veces entrache o gusanillo pero eu agora tan só estou para xogar partidos "beneficos"e estas historias, je je je.
Creo que este fin de semana Pazitos e Lisardo van arranxar o contrato cos irmáns Espomasa para debutar axiña como artistas principais no Teatro Palladium. Sen dúbida que haberá un antes e un despois de "esto" nas noites Melidenses, din as malas línguas que a primeira canción que van escenificar é dos Village People, atentos estaremos!

Vero, é certo que o das rubias é típico-tópico pois eu coñezo morenas que non lle teñen nada que envexar as rubias. Hai que cambiar o icono das rubias verdade? je je je.

Veña saudiños

Pitus dixo...

Pues yo opino que la primera cancion que deberian escenificar podria ser:"Can´t fight the moonlight" del Bar Coyote.Y a reventar el garito!!!Continuando con:"Yo soy sexy" y eso si:"In the navy", y "Macho Man" que no falten.

Anónimo dixo...

Hai que cambiar o chip, hai! Xa van sendo horas de que se cambien os tópicos, tanto das rubias parvas como os outros, pero bueno, só o dicía por facer un comentario jeje. Pa eso estamos aquí non? Pa comentar...

En canto ás cancións que escenificarán eses dous artistas, eu creo que chegaría o punto álxido do espectáculo cando bailaran a canción que corresponde á banda sonora de 9 semanas e media... mamaíña! xDD

Unknown dixo...

Pitus, te falta "Hoy quiero confesar" de Isabel Pantoja y "Mamachicho me toca" de las auténticas y genuinas Mamachicho. el repertorio sería variado y completo, muy completo.

Vero propoño que a canción de 9 semanas y media tamén actue Pablo Calvete pois na voda de Jacobo e Chus con esa canción incluso chegou a poñer unha liga (e non me refiero a de fútbol) coa boca.

Anónimo dixo...

jajaja desde logo na túa panda estades feitos todos uns sex simbols eh!! jejeje que poderío!!

Unknown dixo...

Si a verdade é que hai un lote de solteiróns que flipas, UN EXITAZO!!! o único que está casado é Pirulo e para eso houbolle que perder unha espada que se non nin así, je je je.

Saudos

Anónimo dixo...

Solteiróns non, home!! Agora seredes codizados solteiros, los chicos de oro!! jeje Hai que darse a valer algo tamén non? De solteiróns nada,que queda moi mal jeje.

Eu pensei que xa irían máis casados, pero polo que leo sólo levades dous, Pirulo e Jacobo...pero bueno, de todas formas a Pirulo non tuvestes que perderlle a espada porque cando se perdeu xa estaba casado non?
Ai!! Donde demo andará a condenada espada?? Que até eu estou intrigada co tema da espadita de marras...