Segue a poxa no blog da Comisión de Festas de Sobrado 2009 polo George Clooney de Sobrado, o singular Pazitos. Polo que puiden ver, a xente estase comezando a animar, e alguén que firma como Alberto de Minas ofrece 30€ ou ben o cambia por cafetera italiana. Supoñemos que as intencións para con Pazitos de este suxeito non son erótico-festivas senón simplemente o desexo de troulear toda a noite co empresario da Casa do Gado afincado nos Castros.
Animádevos e poxades por él, merece a pena.
P.D: agora tamén Pazitos en Facebook, buscadeo a facedevos seu amigo.
3 comentarios:
Buenooo!! Vexo que seguides coa historia de emparellar a Pazitos mediante poxa jeje. Eu non sei como sendo coñecido como o George Clooney de Sobrado (nada menos), lle fai falta ser poxado para emparellarse!!! Pazitos, faite valer oh! Mostra os teus encantos e non che farán falta poxas! jejeje.
Un saudo a todos!
Se Pazitos non ten falta de poxa para emparellarse, tan só é con fins lucrativos para axudar a comisión de festas, parece ser que o de facer festa ata as 9 AM sae caro..., ja ja ja. Pazitos é todo corazón e por súa cuñada fai o que faga falta.
AAhh vale vale!!! Entendera mal jeje. Sendo así, é todo un detallazo pola súa parte prestarse a ser poxado!!
Publicar un comentario