mércores, 28 de agosto de 2013

Lola 2013 - O Cartel -



A Comisión de Festas de Sobrado 2013 fixo oficial no seu perfil de Facebook o cartel das Festas máis importantes de Sobrado dos Monxes, os archicoñecidos DOLORES. Serán 3 días moi longos e de moito disfrute que algúns alongarán a 4 e o outros incluso a 5. Dependendo a xente que "faga" as vésperas ou que se deite ben entrado o luns pola mañá (tradición por outra parte clásica en Sobrado). Como vedes o sábado hai 3 formacións musicais, entre elas Israel Espectáculo onde á fronte da batería está o músico máis importante de todo o Concello de Sobrado: Pablo Espido. Por non perder a tradición que ven de moitos anos atrás, o sábado haberá festa ata entrado o día coa música do Grupo K.

Se queredes ver toda a info clicade no cartel. FELICES FESTAS!!!

Ningún comentario: