martes, 1 de outubro de 2013

Mes novo, vellas costumes



Logo do parón por mor das vacacions estreamos mes de outubro con nova vidilla para o blog (que o tiña moi abandoado) e con costumes do mes pasado.

Como vedes, en Sobrado, a Comisión 2014 comeza con forza e recupera unha das festas tradicionais do pobo: o Rosario.

A festa será este domingo con sesión vermouth e foliada nocturna a cargo da Orquestra Espectáculo ESTRELLAMAR.

Sabendo que o luns 7 é festivo na cidade da Coruña quizais non é mala proposta empezar o primeiro domingo de outubro a golpe de festa.

Desexarlle toda a sorte do mundo á COMISIÓN DE FESTAS DE SOBRADO 2014, os valentes encargados de levar esta empresa a bo porto serán: Carlos, Gonzalo, Jose, Patrón e Rubén.

ÁNIMO RAPACES!!!

Ningún comentario: