martes, 22 de outubro de 2013

Magosto 2013 en Sobrado


A Comisión de Festas Sobrado 2014 xa está a organizar eventos co agallo de ir xuntando euriños para poder facer os festexos do vindeiro ano.

Non cabe dúbida que Alberto, Carlos, Gonzalo, Jose, Patrón e Rubén van coma motos (no seu caso quedaría mellor bicis). Arrancaron a toda pastilla coa celebración da Festa do Rosario no mes de outubro e no mes de novembro por non ser menos, organizan unha espectacular cea de Magosto na Praza do Pobo con: Tortilla, Chourizos ó viño, Churrasco e... CASTAÑAS, todo isto regado con viño, café e chupitos (ademáis de Chocolate).

Certo é que non hai festa sen música así que o espectacular Dúo CALÚ ( con Alma Beatriz -ex Olympus, -ex Satelites... e Calú ex- Cinema, ex- Alkar...) será quen amenizará a noite do SÁBADO 2 DE NOVEMBRO.

O prezo é un auténtico regalo: 13 euros por anticipado e 15 euros se se compra invitación "in situ". 

Non tedes excusa para non vir

P.D: O EVENTO ESTARÁ CUBERTO POR CARPA

Ningún comentario: