xoves, 20 de novembro de 2008
Temazo
Canto máis o escoito máis me gusta, trátase como non, de unha máquina de facer Dance,do Dj alemán Sash! nesta ocasión acompañado de Stunt e a canción chámase Raindrops (Encore Une Fois). Unha canción nova misturada con archiconocido Encore Une Fois (un dos primeiros hits de Sash!
Se vos interesa a canción o título e interprete completo é: Sash! Feat. Stunt "Raindrops (Encore Une Fois)"
Caña que chega o fin de semana
O meteórico ascenso das bebidas sen gas

Sinceramente a calqueira de nós nos gustaría saber realmente de que está composta esta excitante e universal bebida (din que tan só uns poucos no mundo a saben) para poder vendela e facer unha pasta.

Pero de hai un tempo a esta parte a xente definitivamente elexiu as bebidas sen gas. As veces que teño levado o "bote" da pandilla e me acerco a unha barra de calqueira bar, pub, discoteca ou chiringuito vexo como os camareiros/as poñen moitas copas con Trina ou no seu defecto Radical ou Aquarius (eu son dos que bebo Trina Laranxa). Con esto non quero dicir que o día seguinte e logo de estar tomando unha cantidade considerable de etílico non te vas a levantar coma unha rosa pero a diferencia a tomar por exemplo 8 copas con gas ou 8 copas sen gas é evidente e senón os que habitualmente tomades bebidas gaseosas nos vosos "combinados" probade a beber toda a noite bebida sen gas, a ver que vos parece...
Xa me contaredes
mércores, 19 de novembro de 2008
O Magnate Pazitos "pillado" nun fotomatón
O magnate sobradés Pazitos aparece na portada da revista Hola de esta semana. Os reporteiros desta revista do corazón de tirada nacional colleron o empresario nun fotomatón en compañía de unha muller da que non se revelou a identidade pero que aparece nas páxinas centrais da revista nun amplo reportaxe fotográfico.
Pablo Pazos "Pazitos" nado un 20 de decembro de 1977 é o empresario máis importante da comarca, ten negocios en varios paises ademáis de ter accións de varias empresas como a petroleira ou a bancaria. Ademáis controla o 51% da marca de calzado "Pazito´s" e a súa vindeira aposta no mercado será unha nova firma de raquetas de paddel (deporte do que é moi afeccioado) a firma en cuestión chamarase "Qllerettes". Ademáis das finanzas é un apaixoado dos deportes: fútbol, paddel, baloncesto, tenis, tute e julepe son os seus principais hobbies. Tamén gusta das noites coruñesas e melidenses onde máis de unha aposta moza xa caiu rendida os seus pes.
Unha nova andaina pois do George Clooney de Sobrado que desta volta seguro a maioría dos medios de comuniciación da prensa "rosa" se farán eco.
Por fin comezaron as obras...

O pasado día 17 cumpreuse un mes do accidente. Logo de diversos cambios de pareceres co seguro (eles querianme dar o coche por siniestro e eu negueime en todo momento pois o golpe so foi frontal e non afectou nin a chasis nin a motor e so hai que cambiar pezas) eles abónanme unha cantidade polo golpe e eu poñerei o resto. Ademáis teño que cambiar de seguro o aceptar eses cartos pero polo menos non me vou de vacío.
A verdade é que teñen que pasar as cousas para que saibas como funcionan algúns entes coma por exemplo o dos seguros. É de coña, un golpe frontal, no que saltan só 2 airbags, tan só hai que reparar pezas do lado dereito do frontal (o esquerdo está intacto), non rompe ningunha luna e só hai que reparar a aleta dereita e quérenmo dar siniestro... SE NON LLE TOCOU O CHASIS NIN O MOTOR! pero bueno está claro que se o coche tivera dous anos ou tres xa non estariamos a falar de esto porque pola conta que lle corre o seguro habían de querer arreglalo senón a indemnización non ía ser pouca. Así funciona esto... e o problema é que están amparados pola lei polo que teñen a sartén polo mango. Dende un primeiro momento dixen que o meu coche ía voltar para a casa e así ha de ser. Polo momento xa o luns comezaron as obras (arreglos) e agardo que nun prazo de 2-3 semanas o meu Xsariña regrese a casa polo Nadal...
Saudos
Un tío desequilibrado
Air Galicia é un programa de humor que emite a TVG. A verdade é que ten sketch moi bos resumidos nunha serie de personaxes en diversas facetas da súa vida.
A min o persoaxe que máis gracia me fai é o desequilibrado. Eiquí vos deixo este video a ver que vos parece.
luns, 17 de novembro de 2008
Diferentes formas de interpretar unha canción
"Heaven" U96
"Time after Time" Ashley Tisdale
"Time after Time" Eva Cassidy
"Time after Time" Quietdrive
"Time after Time" Matchbox20
"Time after Time" INOJ
"Time after Time" Novaspace
"Time after Time" Shaenon
A canción de Cindy Lauper "Time after Time" é para min unha das mellores cancións de todos os tempos. Hai infinidade de artistas que fixeron nos máis diferentes estilos musicais este tema dándolle cadanseu toque persoal. Eiquí vos deixo unha recopilacións de algúns dos interpretes das diferentes versións, particularmente gústanme todos.
De seguido tamén vos deixo esta bonita versión de Cindy Lauper acompañada por Sarah McLachlan:
E por último a versión orixinal do Time after Time, co texto traducido a idioma español:
Que disfrutedes da música
Con Fabes y Sidrina nu hace falta gasulina
Esa foi a frase que Álvaro repetiu toda a fin de semana sen parar, pois fíxonos moitísima gracia. Penso que a debeu dicir unhas 87 veces aproximadamente. O refrán en cuestión saiu da boca de Seve (un entrañable camareiro en idade a punto de xubilarse do Bar Restaurante El Puente), por riba cun acento asturiano moi marcado a verdade é que a frase soaba xenial;mentres ceabamos o venres e estabamos a dar boa conta da sidra.
De feito levou un bo repaso, e para acompañar o café eu decidinme polo licor café que aínda que non é coma o galego tampouco estaba mal. Coma nas grandes citas, a pesares de que a maioría dos homes da pandilla non somos fumadores decidimonos a fumar non unha, senón duas farias que maldita a hora en que elexín fumalas, fora mellor que estivese quedo.
Vou obviar a broma que me gastaron os señores Álvaro Castro "Profesor Miyagui", Miguel Sánchez "Finito" e Pablo Calvete "Carrizo" cambiandome a maleta de coche sen eu enterarme na metade de traxecto logo de unha parada para tomar unha cervexa en dirección a Oviedo. A cara de dúbida e mal rollo pola falta da maleta que me quedou cando mirei o maleteiro do coche de Álvaro foi evidente. Eu estaba seguro que metera a maleta. Estes simpáticos chavales cambiaron a miña maleta para o coche de Pichi mentres eu pagaba no bar que paramos..., AINDA DEUS NON É VELLO!
Logo da cea dirección calle Mon, pouca xente para ser venres pero a nós como que nos dou un pouco igual e disfrutamos da noite. Incluso Álvaro e Pichi tiveron tempo para facer uns "cameos" coma gogos nun pequeno púlpito que había nun dos locais.
Sábado o mediodía fumos directos para a Rúa Gascona "El Boulevard de las Sidrerías" e logo de comprobar que o Tierra Astur estaba petado fumos a outra sidrería ó lado para poder comer. Logo da comida paseo pola zona antiga (sen pararse moito a verdade sexa dita) e para o hotel a descansar un cacho (algúns que eu me sei tiraron de julepe en plena habitación do hotel), ducha e directos para Colloto para o Tierra Astur Aguila. A foto que está posta ahí arriba é o corredor que leva os barrís onde ceamos. Son verdadeiramente grandes, comimos 10 persoas sen estar apretados e a verdade é que están a unha altura considerable.
Logo da papatoria do sábado de novo visita a calle Mon para ir de festa e darlle a despedida que se merecía a noite ovetense. Bo ambiente, moito chupito por ahí e pouco Trina, de feito non atopamos ningún local que tivese Trina Laranxa (o curioso é que si que tiñan Trina Mandarina). De todos os xeitos dimos boa conta dos licores dos pubs, e entre copa e copa aumentaba o número de veces en que saía a frase "Con Fabes y Sidrina nu hace falta gasulina", sobretodo saindo dos beizos do Profesor Miyagui.
O domingo a eso das 14:30 horas abandoamos o hotel para dirixirnos a casa de Carol que amablemente nos fixo unhas tortillas moi ricas acompañadas de un xamón excepcional, pementos, aceitunas e demáis, así da gusto Carol, que maravilla chica! eso é hospitalidade e o demáis son tonterías. Na porta do piso esperábanos Pichi coa portada do Marca que pensei que me ía mal: "11 amiguetes" en relación o partido do Real Madrid fronte ó Real Valladolid. Debo dicir que Pichi é "merengón" pero a crise da Casa Blanca levaa bastante ben (polo menos de momento...).
Logo da comida, charlas e vaciles varios, Álvaro que probou as comodidades dun sillón multiusos que Carolina ten no piso e a eso das 17:30 emprendimos de novo rumbo a Sobrado. Non se me fixo longo a viaxe de volta e as 20:50 horas estabamos de novo na casiña. Foi un finde que estivo moi ben, rimos moito e o máis importante é que lle fumos dar apoio moral a Carolina agora que está na última fase para o MIR. Ánimo Carol que xa falta pouco para o 24 de xaneiro.
PUXA ASTURIES!
venres, 14 de novembro de 2008
A vosa saude

SAUDE, A PRIMEIRA TOMAREINA POR TODOS VOS.
xoves, 13 de novembro de 2008
Novas propiedades do leite e outros estudos

Todo esto ven a conto de un estudo que un doutor catalán fixo sobre o sono, os seus trastornos e os seus beneficios. A min a verdade é que a nova fíxome gracia, máis que nada porque parece que La Voz de Galicia quérelle dar certa ambigüidade o título que encabeza a nova en cuestión, non vos parece? cando lin a nova estiven a rir un bo anaco. Supoño que non sería intencionado..., ou sí...? sexa o que sexa agora a partires de agora cando unha muller vos diga que durmeu mal a noite anterior pensade mal... e acertardes... ou non...
Eiquí vos deixo a nova insertada:
Salud
La leche es buena para dormir, pero el sexo perjudica el sueño de las mujeres
España está entre los países en los que es más habitual despertarse con besos y caricias.
Un vaso de leche antes de dormir ayuda a conciliar antes el sueño, pero tener relaciones sexuales previas solo beneficia a los hombres y perjudica a las mujeres, según el doctor Eduard Estivill, director de la Unidad de Alteraciones del Sueño del Hospital General de Cataluña.
Estivill ha explicado estas conclusiones en la presentación hoy de un estudio sobre los hábitos del sueño en todo el mundo.
El sexo es positivo para el hombre antes de dormir porque, después de alcanzar el orgasmo, se acelera en él el proceso de descanso, pero la mujer, en cambio, permanece más tiempo estimulada y llega más tarde a la relajación, según el médico pediatra.
Estivill ha asegurado que la leche es buena antes de ir a la cama porque contiene un aminoácido que ayuda al cerebro a segregar melatonina, que es la sustancia que se produce de noche y provoca el sueño.
La mejor forma de despertarse llega después de haber pasado del sueño profundo al superficial y la luz ayuda a ello, ya que con ella la melatonina desaparece, hasta el punto de que se han empezado a fabricar despertadores de luz.
Los besos y las caricias también ayudan en esta transición y el estudio revela que los argentinos, brasileños y españoles por este orden son los que más se despiertan con esos dulces estímulos, mientras que los japoneses apenas tienen ese hábito (dos de cada diez).
Los españoles duermen 7,1 horas de media (cuarenta minutos menos que el resto de los europeos), son los que más tarde se van a dormir (a las 00:18 horas entre semana; 1:41 los sábados y domingos) y los que más tarde se levantan (7:26 entre semana; 10:32 el fin de semana).
Estrés y ansia por dormir
Las causas más importantes del insomnio son, según Estivill, el estrés y el ansia por dormir inmediatamente, cuando lo ideal es preparar el sueño y desconectar mentalmente de forma paulatina.
El aburrimiento y el paso del tiempo sin hacer nada ayudan mucho a esta desconexión y por eso ver la televisión o darse un baño ayudan a caer en brazos de Morfeo.
Los españoles y los italianos son los europeos que en mayor porcentaje se aplican cremas antes de ir dormir, momento en el que el cerebro segrega la hormona que repara los tejidos de la piel.
Esta hormona es la de crecimiento en los niños y cuanto más duermen, más crecen física y mentalmente, puesto que en ese momento es cuando se generan las conexiones neuronales que determinan el coeficiente intelectual, según el especialista.
Españoles y alemanes son los que más siestas se echan, una actividad beneficiosa para el doctor, siempre que no pase de quince o veinte minutos y se entre en un sueño profundo.
Se ha probado científicamente que el cerebro necesita un pequeño descanso ocho horas después de que el ser humano se despierte y, por esa razón, el hombre se vio obligado a inventar los estimulantes, según Estivill.
El médico también ha explicado que las personas que trabajan por turnos nocturnos tienen un cuarenta por ciento más de posibilidades de sufrir ansiedad, depresión o trastornos gastrointestinales.
El estudio también recoge que los españoles no suelen dormir del tirón, son los europeos menos sonámbulos y los que menos hablan en voz alta por las noches.
El pediatra ha calificado de benigno el sonambulismo y ha asegurado que no cabe interpretación alguna sobre lo que se dice mientras se duerme, puesto que el cerebro recupera sonidos de entre todos los que ha escuchado durante el día.
El material o dureza del colchón, ha añadido, no es tan importante como se cree, siempre y cuando la persona se encuentre cómoda en la cama.
mércores, 12 de novembro de 2008
A xefa está de cumple
Hoxe miña querida nai está de cumpleanos, 52 aniños. Pola miña parte de regalo caeulle unha Mini Hi-Fi de última xeración para que escoite os CDs que tanto lle gustan, sobretodo de Olympus e Panorama (para gustos cores...).
Quérolle adicar esta curioso video que atopei polo youtube e que me fixo moita gracia.
FELICIDADES MAMÁ, E QUE CUMPLAS MOITOS MÁIS.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)