mércores, 13 de xaneiro de 2010

Grandes recordos



Hoxe celébrase o partido de volta de oitavos de final da Copa do Rei que enfronta a Deportivo e Valencia no Estadio de Riazor.
Os camiños de estes dous equipos enfrontaronse o día do recordado e fatídico "penalti de Djukic" con infausto recordo para todos os deportivistas..., corría o ano 1994.
Un ano despois e logo da amarga experiencia de perder a Liga na derradeira xornada, no último minuto e de penalti, con uns xogadores do Valencia celebrando a "non consecución" da Liga por parte do Deportivo coma se lles fora a vida nelo (a vida non pero a os cartos da prima sí) o equipo de Arsenio tomouse pola súa man e do mellor xeito posible a súa venganza..., en xuño do ano 1995 o Deportivo chegaba a primeira final copeira da súa historia e o equipo rival era... o Valencia.
Os pupilos de Arsenio sairon co coitelo entre os dentes sabedores do moito que se xogaban e coñecedores de que o Deportivo merecíase un título polas excelentes campañas que estaba a facer..., un equipo humilde, unha cidade pequena, un presuposto ridículo comparado cos "grandes"... e na primeira metade Manjarín logo de roubarlle o esférico a Giner vatía a Zubizarreta poñendo o balón esquinado lonxe do alcance do porteiro internacional. Co 1-0 chegouse o descanso e a líbido e os nervos de todos os deportivistas estaba a flor de pel...
Na segunda metade o que parecía unha tarde soleada e de bochorno en Madrid tornouse nunha incrible tronada coa forte saraiba coma protagonista. Baixo a tempestade, Pedja Mijatovic tivo tempo para marcar o empate de falta, aproveitando o campo mollado e non dando opción a Paco Liaño a deter o lanzamento..., as vellas pantasmas do ano anterior aparecian outra vez no entorno branco e azul...
E así, uns minutos despois o colexiado visto a que estaba a caer decidiu suspender o encontro...
Os poucos minutos restantes xogaríanse 4 días despois noutra tarde soleada..., o pouco de reanudarse os minutos restantes, Manjarín recolle en banda esquerda un balón e logo de regatear a dous defensas lanza un centro a área que parecía que a defensa valencianista non ía ter problema en parar o ataque pero de repente, un anxel chamado Alfredo Santaelena apareceu da nada, fai un primeiro control co peito adiantandose a defensa e ante a saida de Zubizarreta remata de cabeza anticipándose e mandando o balón ó fondo da rede..., era o 2-1 e tan so quedaba defender e ter calma (algo moi difícil) para traer o primeiro título da historia da Coruña e de Galicia para a casa..., e así foi, o colexiado decretou o final e os membros deportivistas e os seus afeccioados explotamos de xúbilo, tanto no Bernabeu coma na casa ou no bar, era incrible, o Deportivo acababa de gañar un título, incrible!!! tan incrible coma a venganza, que din que se sirve fría para un Valencia que igual ese día douse conta que a actitude de celebración do ano anterior igual non estivera tan ben. Dende aquela, ambos equipos e ambas aficcións son enemigas, afortunadamente xamáis houbo que lamentar incidentes graves.

Hoxe é un bo día para volverse a vengar de aquel 94,de Djukic, de Arsenio, de Lendoiro e de tantos corazóns deportivistas que quedaron desolados e que non calmaron a pena ata 6 anos despois.

FORZA DEPOR

martes, 12 de xaneiro de 2010

Moi aconsellable



Para todos aqueles e aquelas que estedes a mirar en cambiar o voso coche eiquí vos deixo unha suxerencia a ter moi en conta de unha "maquina amarilla" (que xa lle gustaría os Lamborghini), que agora e grazas o plan 2000E do Goberno podedes mercar a un prezo máis asequible do habitual. Unha delicatessen para os vosos oidos e a vosa vista. IMPRESCINDIBLE VER O VÍDEO CO SON ACTIVADO!!!

* Video aconsellado por "Rey Cuadrado"

Obrigado!

luns, 11 de xaneiro de 2010

A pregunta da semana


Nos últimos días todo moita xente en Sobrado está a falar de un tal "Carlos" pero ninguén o viu nin sabe quen é, alguén pode dar pistas sobre esto?

A PORRA: Xornada 11

Cada vez esto ponse máis emocioante, a ver se algúns dos participantes que votaban semanas atrás retoman o contacto coas apostas e participan, máis que nada porque senón nalgún caso (coma Petete) certo señor que anda en arranxos de voda abrasao domingo sí e domingo tamén.

Estos son os encontros:

Atl. Sobrado vs Mesía

Mallorca - Deportivo

Athletic - R- Madrid

Barcelona - Sevilla

Sorte a todos e a por Finito!

A PORRA: Pitus adianta postos

Pitus escala posicións na clasificación da PORRA logo de que nunha xornada marcada polo temporal de neve que azotou toda a península ibérica e parte acertase o R. Madrid 2 - Mallorca 0. Dos partidos que entraban en liza nesta xornada non se puido disputar o Atl. Sobrado - Queixas por causa do mal estado que presentaban ambas áreas do Municipal sobradés a causa das nevadas e xeadas que acuciaron Sobrado nestes días. Este partido puntuará no momento en que se dispute sendo válidos os resultados xa postos polos participantes (aínda non está marcada a data).

Estes foron os resultados:

Atl. Sobrado vs Queixas (suspendido pola neve)

Deportivo 1 - Osasuna 0

R. Madrid 2 - Mallorca 0

Tenerife 0 - Barcelona 5


A CLASIFICACIÓN queda do seguinte xeito:

1. FINITO: 4 puntos
2. ESTEBAN, PITUS, LATO: 2 puntos
3. FERREIRO9: 1 punto
4. ALBERTO, PETETE, EMILIO, ANTÓN: 0 puntos

Outras posicións... CARLOS, tamén 0 puntos.

xoves, 7 de xaneiro de 2010

E agora qué?


Rematou oficialmente o Nadal, e con él suponse que rematan tamén as boas intencións das persoas (porque parece ser que no Nadal é obligatorio ser bo aínda que o resto do ano te comportes coma un energúmeno eso non importa, o básico é ter boas intencións no Nadal); tamén rematan os excesos nas comidas, a febre das loterías, o gasto cada día máis esaxerado en alumeado conmemorativo das festas, as semanas partidas por festivos, as saidas ata altas horas en días pouco habituais para esta actividade..., e así un sinfín de cousas que podería seguir enamerando ata mañá.
Chega a costa de xaneiro, segundo din os críticos económicos "máis empinada que nunca" a causa da crise aínda que o meu parecer a verdadeira costa é a de decembro pois polo menos a nivel persoal os meus gastos son moi superiores o derradeiro mes do ano que acaba que o primeiro mes do ano que comeza. Tamén chegan as consabidas Rebaixas que moita xente agarda de maneira case enfermiza, a min se Deus quere estes días non me han de pillar por alí pois se algo non soporto é a aglomeración de xente, tampouco soporto as longas colas dos probadores a reventar que case tes que abrir os codos para pelexar con outros do teu igual para poder ter un sitio onde vas descubrir que aquelas 3 prendas que elexiche e polas que agardache máis de 30 minutos non che quedan tan ben como pensabas..., se por riba algunha te "semiconvence" volves a ter que agardar outros 30 minutos para pagar..., eu paso, négome, tolo sí pero tonto non!
Dame boas sensacións este 2010, veremos o que depara, agardemos que saude e felicidade para todos, se non é peor que o 2009 xa non será mala nova...
Saudos

A pregunta da semana

Quén "chupou" un bo "lapote" por andar dous días na reserva do coche?

luns, 4 de xaneiro de 2010

A PORRA: Xornada 10

Novo ano, novas ilusións, décima xornada da Porra (recordade que ten importantes premios en xogo):

Atl. Sobrado vs Queixas

Deportivo vs Osasuna

R. Madrid vs Mallorca

Tenerife vs Barcelona

A metade dos lectores gasta entre 50 e 300 euros en lotería de nadal

A enquisa do mes de decembro amosou que a metade dos lectores deste blog que participaron no cuestionario mercou máis de 3 décimos en nadal xa que un 50% dos votantes gasta máis de 50 euros e menos de 300.
A segunda opción máis votada con un 30% foi a de menos de 50 euros.
Un 11% dos lectores de latosobrado.blogspot.com non merca lotería nestas datas tan sinaladas.

Grazas a tod@s por participar, en breves estará a primeira enquisa de este ano 2010.

A Porra: Esteban comeza o ano con bo pé

Esteban foi o único participante que sumou nesta 9ª xornada da porra acertando o resultado do Zaragoza - Deportivo. Con este punto sumado Esteban empatalle a quen vos escribe na segunda posición da táboa clasificatoria que sigue a comandar ata o de agora de xeito inamovible Finito.

Estes foron os resultados:

Vizoño B 2 - Atl. Sobrado 1

Zaragoza 0 - Deportivo 0

Barcelona 1 - Villarreal 1

Osasuna 0 - R. Madrid 0

CLASIFICACIÓN XORNADA 9

1. FINITO: 4 puntos
2. ESTEBAN, LATO: 2 puntos
3. PITUS, FERREIRO9: 1 punto
4. ALBERTO, PETETE, EMILIO, ANTÓN: 0 puntos

Grazas por participar