martes, 9 de novembro de 2010
As veces o mundo da música é inxusto
O auxe de Operación Triunfo tivo tempos mellores, é indudable que algúns dos artistas españois que máis venden sairon da "Academia", eso sí, sobretodo da primeira edición: Bisbal, Bustamante, Chenoa ou Rosa son os exemplos máis relevantes.
Para min sen lugar a dúbidas a persoa que máis talento ten de todas as que pasaron polo programa é Nika; o meu entender acada uns rexistros coa voz que moitos dos seus compañeiros xamáis terán o placer de disfrutar peeeeeeero a "Cara B" do mundo do artisteo e famoseo di que ademáis de ser un ou unha gran artista hai que ter máis dotes, máis carisma, vender unha imaxe diferente ou sabe Deus que..., o caso é que a Nika non se lle dou a bola que debería haber tido (sempre baixo a miña opinión)´. Ogallá teña sorte e acabe rompendo con forza no mundo da música, outr@s con menos talento (musicalmente falando) triunfaron, por que ela non?
Deixovos por eiquí "Trampa de Cristal" de 2003 onde se poder apreciar a potencia vocal de Nika.
Saudos chuviosos.
Consellos

Estimado John: Espero que puedas ayudarme. El otro día me marché al trabajo dejando a mi marido en casa viendo la televisión. Mi coche se caló y luego se averió completamente a menos de dos kilómetros de casa, por lo que tuve que regresar andando a casa para buscar la ayuda de mi marido. Cuando llegué a casa no podía creer lo que estaba viendo: ¡Mi marido estaba en nuestro dormitorio con la hija del vecino!Yo tengo 32 años, mi marido 34 y la hija del vecino 19. Llevamos casados 10 años. Cuando me enfrenté a él se derrumbó y acabó admitiendo que llevaba teniendo un lío con la chica los últimos 6 meses. No quiere ir a un consejero y me temo que estoy hecha polvo y necesito consejo urgentemente. ¿Me puedes ayudar por favor?Atentamente, Sheila.
Estimada Sheila:Un coche que se cala tras haber andado una corta distancia puede deberse a múltiples fallos del motor. Comienza comprobando que no hay ninguna obstrucción en el tubo de la gasolina. Si está limpio comprueba las bombas de vacío y los manguitos del colector de admisión, luego comprueba los cables de las bujías. Si nada de esto lo soluciona podría ser que la bomba de gasolina falla y causa una pobre entrada de combustible a los inyectores.Espero que esto te ayude,John.
luns, 8 de novembro de 2010
A Porra: xornada 3
PARTIDOS:
Barcelona - Villarreal * PARTIDO DA XORNADA
Sporting - Real Madrid
Mallorca - Deportivo
Visantoña - Atl. Sobrado
A Porra: 4 participantes suman nesta xornada

Estes foron os resultados:
R. Madrid 2 - Atlético 0
Getafe 1 - Barcelona 3
Levante 1 - Deportivo 2
San Martiño 5 - Atl. Sobrado 0
CLASIFICACIÓN XERAL:
1. Esteban: 6 puntos
2. Emilio, Finito, Lato: 3 puntos
3. Alberto, Ferreiro9, Pitus: 0 puntos
OS QUE AINDA NON COMEZASTES A XOGAR PODEDES COMEZAR A FACELO, ANIMÁDEVOS, É DIVERTIDO!!!
Saudos
venres, 5 de novembro de 2010
Non podía faltar un dos mellores
Normalmente o venres coa chegada da fin de semana soe aparecer por eiquí algún videoclip de música electrónica e as súas variantes. A día de hoxe o poderio do francés David Guetta é indiscutible, afianzándose coma un dos mellores deejais do mundo: as colaboracións que recibe nas cancións de diferentes artistas, a producción tanto das súas cancións coma de outras formacións, a súa música cargada de positividade e alegría..., para min esta canción "Gettin´ Over You" é unha das mellores do seu último traballo One Love.
Disfrutade este auténtico temazo e que teñades boa fin de semana.
Bicos e apertas.
xoves, 4 de novembro de 2010
Can Astaire
Vin hoxe o video en "Tonterías las justas" e cada vez que o volvo a ver vaime mal coa risa. Máquina o can, máquina o que baila con él (que supoño que foi quen o adestrou) e máquina tamén o que puxo o video no youtube para que tod@s poidamos disfrutar del.
Grazas a quen lle corresponda!!!
mércores, 3 de novembro de 2010
Odio este horario

O caso é que se de min dependese eu deixaría o horario de verán todo o ano, falando con máis xente a gran maioría son da miña opinión aínda que sempre hai quen teña outra versión e prefire os días curtos (os que menos). Cuidado!!! con esto non estou decindo que non me guste a noite, que me gusta, e moito! pero das 23 horas para adiante, non as 6 da tarde.
Saudos
martes, 2 de novembro de 2010
Enquisa: as persoas rubias non son visualmente máis chamativas para o 66% dos lectores
A enquisa do mes de outubro desprende que o 66% dos lectores de este blog consideran que as persoas rubias non son máis chamativas visualmente falando que as morenas ou pelirroxas por poñer exemplos. No caso contrario está o 33% que opina que "sí" son máis chamativas.
Esta enquisa ten unha marxe de erro de un 1%.
Grazas a tod@s @s que votastes.
A Porra, Xornada 2
Esteban primeiro líder da Porra 10/11

O resto de participantes non acertamos ningún dos resultados en liza, para a próxima será...
Os resultados foron:
Hércules 1 - R. Madrid 3
Barcelona 5 - Sevilla 0
Deportivo 3 - Espanyol 0
Atl. Sobrado 2 - Cerceda B 2
CLASIFICACIÓN:
1. Esteban: 3 puntos
2. Emilio, Pitus, Alberto, Finito, Lato: 0 puntos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)