luns, 10 de xaneiro de 2011

A pregunta da semana

Qué "campeonísima" parella sufriu unha humillante e dolorosa paliza ó tute xogando contra Pedino e contra quen vos escribe na madrugada do pasado sábado?

A Porra: xornada 11

Déixovos os partidos en disputa da 11ª xornada da Porra onde o partido da xornada será o "derbi" comarcal entre o Atl. Sobrado e o Toques C.F.

PARTIDOS:

Valencia - Deportivo

Barcelona - Málaga

Almería - R. Madrid

Atl. Sobrado - Toques * PARTIDO DA XORNADA



A Porra: cero patatero

Mala xornada na Porra onde non houbo nin un so acerto dos resultados dos partidos en disputa. Pedir disculpas pois no partido R. Sociedad - Sevilla ubiquei os andaluces coma locatarios cando era totalmente ó revés.

Os RESULTADOS foron os seguintes:

Deportivo 0 - Barcelona 4 * PARTIDO DA XORNADA
R. Madrid 4- Villarreal 2
R. Sociedad 2 - Sevilla 3
S.E. Abellá 3 - Atl. Sobrado 3

Polo tanto a CLASIFICACIÓN non sufre ningún tipo de variación:

1. Finito, Esteban: 12 puntos
2. Lato: 9 puntos
3. Alberto: 6 puntos
4. Pitus: 5 puntos
5. Emilio: 3 puntos
6. Ferreiro9, Gadel: 0 puntos

venres, 7 de xaneiro de 2011

E chegou o venres



Foi rara esta semana co festivo de Reis a golpe de xoves. Onte tiña a sensación de que era domingo e que hoxe é luns, pero vai a ser que non.
Pois así, ó tonto, xa volvemos a estar a venres. Se vos digo a verdade teño gañas de que retorne a normalidade. O nadal está moi ben pero a min chégame a saturar. Toca volver a recuperar os bos hábitos e deixarse de tanta festa, tanta comilona e tanta vaina; por momentos existe a sensación de que perdimos o norde.

Deixo o "Fire with Fire" dos "iankis" Scissor Sisters para ir abrindo boca da fin de semana.

Que o disfrutedes.

mércores, 5 de xaneiro de 2011

O meu desexo para esta noite

Xa tedes claro o que lle ides pedir os Reis Magos que virán esta noite? Eu desde hai unhas datas teño clarísimo: saude e felicidade para todo o mundo. Outra cousa non se pode pedir. Estamos nunha época onde as cousas non van todo o ben que quixeramos e o meu desexo e que os Reis Magos traian a felicidade a todos nós. Ogallá se poida acabar coas discriminacións, coas diferencias, coa ruindade e a maldade, cos malos momentos e coa tristura. De verdade que nada me faría tan feliz.

Sede bos!!!

Bicos.

martes, 4 de xaneiro de 2011

A Porra: Xornada 10

O fútbol non para e xa nos achegamos a outra apaixoante xornada onde teremos un máis que interesante Deportivo - Barcelona o sábado 8 as 22.00 horas en Riazor (este partido será o partido da xornada na nosa porra). Ademáis a penúltima data da primeira volta traeranos tamén un apaixoante R. Madrid - Villarreal que promete.

Estes son os partidos en xogo:

Deportivo - Barcelona * PARTIDO DA XORNADA
R. Madrid - Villarreal
R. Sociedad - Sevilla
Abellá - Atl. Sobrado

Moita sorte!!!

A Porra: Esteban iguala na cabeza con Finito

Esteban atinou o partido Getafe - R. Madrid e iguala a 12 puntos con Finito. Pola miña parte tiven a sorte de acertar o partido da xornada Athletic - Deportivo e ubícome na segunda plaza con 9 puntos.

Os resultados foron os seguintes:

Athletic 1 - Deportivo 2
Getafe 2 - R. Madrid 3
Barcelona 2 - Levante 1
Cire Melide 3 - Atl. Sobrado 0

Polo tanto a clasificación queda do seguinte xeito:

1. Finito, Esteban: 12 puntos
2. Lato: 9 puntos
3. Alberto: 6 puntos
4. Pitus: 5 puntos
5. Emilio: 3 puntos
6. Ferreiro9, Gadel: 0 puntos

luns, 3 de xaneiro de 2011

A segunda e "irremediable" pregunta do ano e da semana

Quen dixo na noite do xoves "teño visto -travelos- máis femininos?"

A primeira e "irremediable" pregunta do ano e da semana

Quén cociñou na noite de onte spaghetti para tod@s @s clientes de Cafetería Ramiro?

A franxa de 1 a 3 horas vendo a televisión diariamente, a máis frecuente entre os nosos lectores

Feliz ano a tod@s os que non puiden desexárllelo en persoa, retornamos a actividade logo de conseguir o meu record persoal de horas dormidas sen interrupción (saindo 29,30 e 31 non se podía agardar outra cousa).
A última enquisa do ano revélanos que o 52% dos lectores de este blog ve de 1 a 3 horas diarias a televisión. Polo seu lado, hai un 28% que a ve menos de unha hora o día (entre os que me incluo). En terceiro posto hai un 19% que pasa entre 3 e 6 horas diante da televisión. Segundo as votacións de todos vos, ninguén ve a televisión máis de 6 horas (a súa vista agradecerao) polo que ninguén votou esta opción.

Unha vez máis graciñas a tod@s por participar.

Que teñades un ano cargado de éxitos e saude.