martes, 16 de agosto de 2011

Ultimos preparativos



Sei que teño o blog non abandonado senón abandonadísimo. O motivo principal é a cordinación da XII Feira da Troita que xa está ahí a 4 días vista e que como sabedes terá de cabeza de cartel a DEF CON DOS, teloneados por Riff Raff. Unha boa antesala ó día de degustación da TROITA Á MONTAÑESA.

Cando pase este fin de semana volverei a adicarlle máis tempo.

Sédeme vos

Bicos e abrazos

luns, 8 de agosto de 2011

A PREGUNTA DA SEMANA

Quen ideou onte na Festa de Pousada un sombreiro ó cal o rodeaban unhas 5 ou 6 bombillas, un anexo "modo palliña de beber" para fumar, outro anexo para soltar o fume do cigarro e outro anexo para beber?

venres, 5 de agosto de 2011

Primeiro finde de agosto..., a disfrutar!!!



Pásome por eiquí rapidiño pois o tempo non me chega a nada para desexarvos un magnífico fin de semana onde hai festas, festas e máis festas pola zona: Folgoso,Festival de Pardiñas,Pousada, Foxado..., agardo que coma sempre disfrutedes moito e aproveitedes o máximo cada minuto. Por suposto os que estades de vacacións nin que decir ten que seguro que non ides desperdiciar o tempo. Deixovos o video do suizo Remady coa colaboración de Manu L. e o seu "Give Me A Sign" (dame unha sinal). Un tema que empeza suave pero que logo é moi "bailongo".

Bicos e apertas

xoves, 4 de agosto de 2011

XII Feira da Troita en Sobrado dos Monxes

Xa é oficial o cartel da XII FEIRA DA TROITA de Sobrado dos Monxes que terá lugar os días 20 e 21 de agosto con DEF CON DOS como cabeceira de cartel do VII Festival Musical e Intercultural da Xuventude. Se desexades ver máis ampliada a foto para ver toda a programación clicade sobre da imaxe. Agora so toca rezar para que a climatoloxía acompañe...

luns, 1 de agosto de 2011

Sobrado terá festas

3 valentes, tal como soa, eses son Nando, Esteban e Chino que a vista de que un ano máis e van... Sobrado ameazaba a quedarse sen festas na honra a Virxe dos Dolores decidiron xuntarse e traballar para xuntar cartos e poder facer que a festividade máis importante do ano no noso pobo non quede coma un fin de semana máis. Digo valentes porque non faltan nin dous meses para a celebración das festas grandes de Sobrado que terán lugar os días 16,17 e 18 de setembro e todos sabemos o difícil que é ser da comisión de festas e menos con tan pouco marxe de maniobra. Desde aquí solicito para eles a máxima colaboración posible por parte de todos e cada un de nos co agallo de que os días que antes citaba sexan días de festividade e non de lamentacións.

Saudos

venres, 22 de xullo de 2011

Ante as solicitudes... ROCK



Últimamente ando moi liado con temas coma o Día da Familia ou a Feira da Troita polo que non lle poido adicar todo o tempo que quixera o blog, sorry!

Como vexo que por aquí últimamente ándase solicitando rock deixo os míticos Judas Priest (xa sabedes: os vellos rockeiros xamáis morren) que estarán de hoxe nunha semana (o día 29 de xullo) no Coliseo da Coruña onde compartirán esceario con Motörhead e Saxon.

Disfrutade o tema e vivide a topa esta longa fin de semana (os que vivimos en Galicia disfrutaremos o día da Patria Galega o vindeiro luns) e os que non vivades no Fogar de Breogán levade o finde do mellor xeito posible.

Vémonos o martes

Bicos e apertas

martes, 19 de xullo de 2011

Bingo Players "Cry (Just a Little)"



Sen lugar a dúbidas un dos temas DANCE de este verán. Trátase de "Cry (Just a Little)" dos fenómenos holandeses Bingo Players, uns deejays que pegarán moi forte nos vindeiros anos a nivel mundial.

Pasadeo ben

luns, 18 de xullo de 2011

Quen queres que gañe a Copa América 2011?





Como moit@s de vos saberedes estase a disputar a Copa América de Fútbol 2011 na Arxentina. Soe ser habitual que Brasil e Arxentina partan en todas as ediccións deste trofeo como as auténticas favoritas máis desta volta había outro grupo de escadras coma Uruguai, Chile ou Colombia que dispoñen de grandes xogadores e prometían dar guerra. Aínda así todo o mundo agardaba a final soñada: Arxentina - Brasil mais este fin de semana serviu para descartar a varios dos favoritos ó título...
Comezaba o sábado con sorpresa cando o Perú de Vargas e Guerrero eliminaba a unha Colombia que se cansou de malograr ocasións de gol. Xa de madrugada chegaría a primeira gran bomba do Campionato pois a anfitriona Arxentina caía na lotería dos penaltis contra o Uruguai de Forlán e Luis Suárez. Os arxentinos xogaron máis de 60 minutos en superioridade numérica pero non o souberon aproveitar.
Os resultados do domingo non fixeron máis que amosar que esta Copa América está a ser diferente pois a segunda gran bomba chegou coa eliminación de Brasil tamén nos penaltis e coa dubidosa honra por parte da canarinha de non materializar ningunha pena máxima das catro que tirou. Vistas as eliminacións dos "dous colosos" Chile postulábase coma unha das grandes favoritas para facerse co torneo pero unha vez máis saltou a sorpresa e foi Venezuela quen se clasificou para semifinais.

Polo tanto os partidos de SEMIFINAIS son:

Uruguai - Perú
Paraguai - Venezuela

Xa podedes votar polo voso favorito, a min gustaríame que a gañase VENEZUELA e se non é posible que a gañe PERÚ, non por nada, senón porque son seleccións as que xamáis lles vin gañar nada e fariame especial ilusión.

Saudos

venres, 15 de xullo de 2011

En honor a unha frase



Repito o video de "Formula 20" coma homenaxe a tan ultimamente nomeada frase "oyyyyy que te vaaaaaas!" aquí en Sobrado. Esta grabación é simplemente colosal con un final apoteósico.

Disfrutadea