xoves, 16 de agosto de 2012

Non metamos patadas ó diccionario

As redes sociais contribuiron de xeito moi importante nos últimos anos a que cada vez poidamos chegar a máis información da que hai tempo tiñamos acceso e a "interactuar" con outras persoas a quilómetros de distancia. Non dubido en ningún momento en que estes avances foron moi positivos para a humanidade e para as relacións persoais. Pola contra, e sempre desde o meu punto de vista, un dos puntos máis débiles das redes sociais é que moitos dos usuarios non se preocupan o máis mínimo polas faltas de ortografía e a escritura en moitas ocasións é máis que deficiente. Opino que debemos cuidar o que aprendemos na escola e non olvidalo, senón en pouco tempo non saberemos diferenciar un verbo de un tellado. Non falo de broma, as veces vexo palabras escritas que dan verdadeira dor de ollos. Se entre todos contribuimos a correxir eses erros seguro que a lectura será moito máis agradable.

luns, 6 de agosto de 2012

O Atlético Sobrado está de cumpleanos

Pasaron xa 15 anos desde que un grupo de rapaces de Sobrado tiveramos a ilusión de montar un equipo de fútbol sala federado. A hazaña era difícil pois tan só 3 de nos apenas acadabamos a maioría de idade, coa axuda de Gerardo de Cafetería Plaza conseguimos que ese soño se fixese realidade. Pasadas 3 tempadas e coa disolución do Sobrado F.S. que tamén estaba federado en liga provincial nese momento fusionamos ambos planteis e foi cando naceu o Club Atlético Sobrado Xuventude. Na tempada 2003/2004 decidimos medrar a facer así tamén sección de fútbol afecioado, na tempada 2005/2006 incluimos un equipo feminino de fútbol sala tamén en liga provincial e desde o ano 2010 tamén temos a Fernando García como piloto federado na modalidade de Enduro pertencente ó noso clube. Ademáis dispoñemos de Escolas Deportivas de fútbol sala que dirixe desde os seus inicios José Antonio Vázquez "Hassan".
Foron moitas e bonitas historias nestes 15 anos, coñecendo a moita xente e facendo moitos amigos polos lugares por onde pasamos. Agora queremos celebrar este cumpleanos con tod@s vos e por iso vos convidamos a festa que imos facer este VENRES 10 de AGOSTO na PRAZA DE SOBRADO a partires das 22H, con unha GRAN CHURRASCADA e a ACTUACIÓN DO DÚO LA HORA BRUJA que seguro que fará as delicias de todos os asistentes.
VIDE A FESTA, MERECERÁ A PENA!!!


FELICIDADES A GRAN FAMILIA MARELA DO ATL. SOBRADO

venres, 3 de agosto de 2012

O verán debería durar sempre

Gústame moito o verán e todo o que o rodea: calor, praia, a xente está de moito mellor humor, máis movemento, festas, música a todas horas..., son dos que opina que o verán xamáis debería acabar, debería durar todo o ano. Estou seguro que sendo así moita xente gozaría de mellor saude. Un dos puntos "guapos" para o meu gusto do verán é que sempre nos trae temas dance fresquiños e "este" é un deles. Non merece nin presentación..., disfrutade da fin de semana e xa sabedes: SEDE MAL@S!!!

xoves, 2 de agosto de 2012

Trío LOS REPUBLICANOS (Aberta Contratación)

Onte presentouse en sociedade o Trío LOS REPUBLICANOS en Sobrado dos Monxes. Este trío que promete dar moito que falar fórmano os artistas: Kevinhazo, O Negro e Señor Freeman. Anuncian que amenizarán Bautizos, Comunións, Bodas, Despedidas de SOLTEIRA, Confirmacións e calqueira tipo de evento erótico-festivo. Tamén informan que se deben abster Cabos de Ano e outros malos rollos. Para solicitar contratación poñerse en contacto no correo electrónico de este blog. Sorte para os artistas.

martes, 31 de xullo de 2012

Un paseo moi peculiar pola Vía Sacra

Esta estructura metálica que vedes no video é o sustento da Troita Mecánica que construeu INDUSTRIAS FREEMAN para a XIII Feira da Troita de Sobrado e que en poucos días veredes rematada. O piloto do vehículo é Mao, unha simpático e amable marroquí que traballa na farmacia de aquí do pobo e que disfrutou do lindo pilotando a 3 metros de altura pola magnífica Vía Sacra. O encargado de grabar este video foi quen vos escribe. Merece a pena escoitar os comentarios dos peregrinos, incluso nun momento chegaron a pensar que era unha atracción turística que tiñamos no pobo, foi un momento inolvidable. Quédame pena de non ter recollido tamén en video unha media hora antes a visitantes que accionaron os seus móviles e cámaras de fotos desde as terrazas dos bares e cafeterías o ver a diversos "artistas" da nosa vila probando o VTR (Vehículo de Tres Rodas). Disfrutade da panorámica do Mosteiro co son das campás incluidas. Saudos

venres, 27 de xullo de 2012

Cabeza de Cartel da Feira da Troita 2012

Como todos os venres hoxe toca videoclip musical. Desta volta ímonos quedar co Rock and Roll xenuino dos BURNING que serán cabeza de cartel da Feira da Troita de Sobrado 2012. De mañá en dúas semanas terémolos enriba do esceario xunto a La Banda del Camión. Queda con vos quizais a canción símbolo de este grupo. Pasade boa fin de semana, a min tocarame Rías Baixas e disfrutar da praia. Sede mal@s Bicos e abrazos

xoves, 26 de xullo de 2012

BURNING estará na Feira da Troita de Sobrado

O concello de Sobrado mediante a súa páxina web http://www.sobrado.es/ acaba de anunciar que o grupo madrileño BURNING será o cabeza de cartel da XIII Edición da Feira da Troita.
A formación acadou o seu momento de gloria na época coñecida como "Movida Madrileña" con cancións como "¿Qué hace una chica como tú en un sitio como este?" ou "Mueve tus caderas". Tras a morte do seu líder Pepe Risi o grupo refíxose deste duro golpe e de novo volven a estar dando guerra nos escearios.
Como grupo teloneiro veremos en Sobrado a outra formación de luxo "La Banda del Camión" que lidera GANDI autor do himno "Rock del Deportivo".
Ademáis desde o Concello sinalan que en vindeiras datas estará exposto todo o programa de actividades para os dous días que durará esta XIII Edición que terá lugar os días 11 e 12 de agosto.

martes, 24 de xullo de 2012

Feliz Día de Galicia

Mañá coma cada 25 de xullo é un día moi especial para todos os galegos e galegas pois celebramos o Día do Apóstolo ou o que é o mesmo, o Día de Galicia.
Deséxovos que disfrutedes do festivo, quen vos escribe gozará de unha longa xornada de praia tirando máis ben ó Sur da nosa Comunidade Autónoma. Unha forte aperta, lémonos o xoves.

luns, 23 de xullo de 2012

Luns irónico

O polifacético Paco Lodeiro, presentador da TVG déixanos esta "perla". Unha irónica canción coa música de Pedro Navaja pero desta volta poñéndolle unha letra moi particular: a historia do roubo do Códice Calixtino. A disfrutar!

venres, 20 de xullo de 2012

Supersubmarina

Hoxe variamos un pouco a relación venres= tema dance. Ímonos quedar co indie rock de Supersubmarina que serán cabeza de cartel mañá no Teixeiro Rock. Sen lugar a dúbidas que esta finde vai ser un non parar. Hoxe festón en Teixeiro con París e Ciclón, mañá bautizo de Pablo, o fillo de meu padriño de confirmación Miguel e domingo festón de novo en Teixeiro con Panorama e Embajadores..., e por riba con un tempazo. A disfrutar! Bicos e abrazos