luns, 14 de xaneiro de 2013

A Porra: Josito presiona

Josito saiu coma gran triunfador na xornada de onte na Porra. O adestrados do Atlético Sobrado sumou un total de 14 puntos logo de acertar o partido da xornada, o do Deportivo e o do propio Sobrado. Outro participante que tivo unha gran puntuación foi Chany que sumou 11 puntos grazas o partido da xornada e o R. Sociedad - Deportivo.
Pazitos foi o 3º participante que máis puntos sumou logo de acertar tamén o partido da xornada da Rosaleda o que lle supuxo un total de 8 puntos.
O líder Esteban  e Villa sumaron 6 puntos cada un logo de acertar ambos os partidos de Deportivo e Atl. Sobrado. Tamén Isak sumou 6 puntos o acertar o Atlético - Zaragoza e o Vizoño B - Atl. Sobrado.
Ademáis sumaron 3 puntos nesta xornada José Antonio (Atlético - Zaragoza), Suso (Atlético - Zaragoza), Pitus (Atlético Zaragoza), e Finito (R. Sociedad - Deportivo).

RESULTADOS:

MÁLAGA 1 - BARCELONA 3 *Partido da Xornada
ATLÉTICO 2 - ZARAGOZA 0
OSASUNA 0 - R. MADRID 0
R. SOCIEDAD 1 - DEPORTIVO 1
VIZOÑO B 1 - ATL. SOBRADO 2

CLASIFICACIÓN:

1. ESTEBAN 37
2. FINITO 34
3. JOSITO 33
4. CHANY 28
5. SUSO 23
6. MAITE 22
7. PETETE / VILLA 20
8. ISAK 18
9. VILLALOVE 14
10. FERREIRO5 12
11. EMILIO / PAZITOS 11
12. CHINO / JOSÉ ANTONIO / PITUS / LATO 9
13. ALBERTO / RUBIO 6
14. PIRULO 3


venres, 11 de xaneiro de 2013

Suede retorna á escea musical



Gran noticia para o mundo da música. Unha das mellores bandas británicas de todos os tempos, Suede, volve con novo disco logo de 10 anos sen editar.

 O grupo que comanda Brett Anderson terá á luz no mes de febreiro o seu primeiro single do novo disco.

 Así pois,como cada venres, toca espazo adicado a música e síntome na obriga de que sexa Suede quen lle dé cor e son ó día de hoxe.

 Esto é "Animal Nitrate", un dos temas máis recoñecibles de estes fenómenos. Boa fin de semana e a disfrutar. Bicos e abrazos

xoves, 10 de xaneiro de 2013

Casa do Queixo cumple 10 anos

Para @s pouc@s que non o coñezades, Casa do Queixo é un Centro de Actividades (Zoo de Animais Domésticos, Restaurante, Museo, Albergue...) que se atopa na parroquia de Grixalba, aquí en Sobrado dos Monxes.

Neste mes de xaneiro o Centro cumple 10 anos e para celebrar unha data tan especial organiza dous domingos do presente mes de xaneiro pensado para os seus clientes (nen@s e maiores).

Casa do Queixo é obra de un gran emprededor como é Ángel e a súa familia. O seu incombustible traballo foi dando pouco a pouco os seus froitos sabéndose rodear de un equipo de traballo fantástico.

Casa do Queixo é hoxe en día lugar de visita obrigada para tod@s aquel@s que pasan a coñecer as terras de Sobrado e arredores.

Desde aquí quero felicitar a todo o "staff" de Casa do Queixo e en especial a Ángel, co cal me une unha boa amizade, polo décimo aniversario do Centro. Un Centro que medra día a día e que ampliou territorio hai algún tempo con unha tenda de venda e degustación en pleno casco antigo de Betanzos.

Casa do Queixo leva con orgullo o nome de Sobrado por rincóns de Galicia, de España e do mundo enteiro.

Tedes máis información en www.casadoqueixo.tk  www.casadoqueixo/blog e www.casadoqueixo.com

mércores, 9 de xaneiro de 2013

E vos, canto ides gastar nas rebaixas?

Como ben sabedes, o luns comezaron "oficialmente" as rebaixas de inverno. Aínda que por mor da acuciante crise que nos rodea moitas tendas decidiron comezar a rebaixar os prezos dos seus productos con antelación a data do 7 de xaneiro.

Chámame a atención que tirando de hemeroteca leo unha nova de El Correo Gallego do 3 de xaneiro de 2008 onde o títular é o seguinte: "cada gallego se gastará en las Rebajas en torno a 200€".

Xa máis cerca de estes días, e ollando o mesmo xornal con data 1 de xaneiro de este mesmo ano o titulo da noticia é o seguinte: "cada gallego gastará unos 75€ en las Rebajas".

Non sei canto de certo hai en todo esto, sinceramente pareceme moi alto o promedio de 2008 (aínda que eran tempos mellores) e pareceme moi baixo o promedio de este 2013.

Eu particularmente estableceríao nuns 150 ou 160€...

Os que vaiades, canto pensades gastar?

martes, 8 de xaneiro de 2013

O uso das novas tecnoloxías do Club Atlético Sobrado Xuventude protagonista hoxe en Depor Sport

O xornal deportivo Depor Sport adica integramente a páxina 23 na súa tirada de hoxe ó uso das novas tecnoloxías que o Club Atlético Sobrado Xuventude ven facendo desde hai anos.

O Club Atlético Sobrado Xuventude comezou hai 9 anos tendo unha web gratuita con dominio "tk". Posteriormente no ano 2007 creouse o blog http://atleticosobrado.blogspot.com que facía máis sinxelo poder subir crónicas, fotos, novas e datos relevantes do Clube. No ano 2011 crease en Facebook o grupo do Club Atlético Sobrado Xuventude. Finalmente este verán tamén se creou o Twitter Oficial do Clube @AtleticoSobrado.

A publicación de hoxe de Depor Sport faime sentir moi ledo por ter implicación directa no funcionamento de estes medios e polas palabras que nos adican desde a redacción do xornal explicando que fumos pioneiros nestas modalidades no fútbol modesto e que estamos a utilizar ferramentas que incluso algúns equipos de 3ª División Nacional de Fútbol non poseen.

Desde aquí agradecerlle a Depor Sport a publicación e en especial a súa xornalista Laura Queijeiro que onte  me entrevistou e se preocupou de saber todos os entresixos do funcionamento que temos na rede.

Se aínda non nos coñecedes pasade a visitarnos a agregarnos e a seguirnos, podedes atoparnos na rede en:

BLOG: http://atleticosobrado.blogspot.com

FACEBOOK (Grupo): Club Atlético Sobrado Xuventude

TWITTER: @AtleticoSobrado

luns, 7 de xaneiro de 2013

A Porra: Xornada 14

Partidazo o que se nos presenta a vindeira xornada na Rosaleda: Málaga CF - FC Barcelona, este será o partido que valerá 8 puntos para quen o acerte.
Toca agardar a ver se a xornada é tan fructifera como foi esta primeira do ano 2013. HAGAN SUS APUESTAS!!!

PARTIDOS:

MÁLAGA - BARCELONA * Partido da Xornada
ATLÉTICO - ZARAGOZA
OSASUNA - R. MADRID
R. SOCIEDAD - DEPORTIVO
VIZOÑO B - ATL. SOBRADO

A Porra: o 2013 comeza con forza

Comezou o ano 2013 na porra con moita forza debido a gran e importante cantidade de acertos que houbo. Comezamos pola cabeza: o líder Esteban sumou 3 importantes puntos logo de acertar o Mallorca - Atlético. O que ata a pasada xornada pasada era segundo: Finito igualou a puntos na cabeza da táboa ó sumar 6 puntos froito do Mallorca - Atlético e Barcelona - Espanyol. Maite ubicouse na segunda posición da táboa logo de acertar o partido da xornada Deportivo - Málaga. Suso tamén acertou este partido así que suma tamén 8 puntos que o poñen na terceira posición da táboa empatado con Petete a 20 puntos.
Rubio sumou 3 puntos o acertar o Barcelona - Espanyol e por último Pazitos inaugurou o seu casilleiro ó acertar o mesmo partido.

PARTIDOS:

DEPORTIVO 1 - MÁLAGA O * Partido da Xornada
BARCELONA 4 - ESPANYOL 0
R. MADRID 4 - R. SOCIEDAD 3
MALLORCA 1 - ATLÉTICO 1
VILAMAIOR 1 - ATL. SOBRADO 1

CLASIFICACIÓN:


1. ESTEBAN / FINITO 31
2. MAITE 22
3. PETETE / SUSO 20
4. JOSITO 19
5. CHANY 17
6. VILLALOVE / VILLA 14
7. ISAK / FERREIRO5 12
8. EMILIO 11
9. CHINO / LATO 9
10. PITUS / ALBERTO / JOSÉ ANTONIO / RUBIO 6
11. PIRULO / PAZITOS 3

venres, 4 de xaneiro de 2013

Unha suxerencia para o regalo de Reis



 Se aínda non tedes decidido o que lle ides pedir ós Reis Magos e vos gusta a música, concretamente o pop-rock con toques surfeiros e que recorde as bandas británicas dos 80 estades de noraboa.

 Desde o blog de Víctor Lato queremos facervos unha recomendación: pedirlle as súas Maxestades de Oriente o disco "Sights and Sounds" dos australianos Made In Japan.

 O disco do que vos falo é o máis recente (2012) de un grupo formado aló polo 2008 en Sydney. Esto que sona é "Definitive Pulse", un auténtico temazo.

 Todo o disco é moi recomendable, así que xa sabedes, a pedirlle o último de Made In Japan ós Reis a ver se fustes bos e se portan. Eso sí, non olvidedes poñerlle comida e bebida os camellos...

FELICES REIS E QUE O CARBÓN SE É QUE VOLO TRAEN QUE SEXA DE CALIDADE, O DE VERDADE E NON ESA TRAPALLADA DOCE QUE DEIXAN ULTIMAMENTE...

xoves, 3 de xaneiro de 2013

Figuras non, o seguinte

Espectacular o especial que Mucha e Nucha ou o que é o mesmo "As Cantareiras de Ardebullo" nos obsequiaron a noite de Noiteboa na Televisión de Galicia. Está na conversa de todo o mundo dúas cancións: a que deixo aquí arriba "Raios de Sol" e a que vedes abaixo "Non temos pai". Vaia dous elementos, vaia interpretación, vaia letra e vaia todo... CRACKS!!!

mércores, 2 de xaneiro de 2013

A Porra: xornada 13

Moi boas, qué tal? como rematou ó 2012? agardo que ben. Como decíamos hai uns días hoxe quedaba posta a xornada 13 da Porra que terá lugar esta fin de semana. O primeiro partido estrela do ano será o Deportivo - Málaga do vindeiro sábado a partires das 20.00 horas no Estadio Municipal de Riazor e onde haberá máxima expectación polo debut do novo técnico do Depor, o portugués Domingos Paciència. Veremos que novidades presenta o cadro herculino tanto a nivel de formación no seu esquema inicial coma de plantexamento sobre o rectángulo de xogo. Moita sorte a tod@s!!!

PARTIDOS:

DEPORTIVO - MÁLAGA * Partido da Xornada
Barcelona - Espanyol
Mallorca - Atlético
R. Madrid - R. Sociedad
Vilamaior - Atl. Sobrado