venres, 12 de abril de 2013
A encerar!!!
Un venres máis retomamos a escena Dance con un dos artistas do momento, Will.i.am acompañado desta volta pola sempre polémica Britney Spears.
Comeza unha fin de semana no que as expectativas parecen boas polo menos ó que climatoloxía se refire. Hoxe por fin puidemos albiscar o Rei Sol e parece que mañá Lorenzo fará presencia desde primeira hora do día subindo así a temperatura. Non foi sen tempo...
Espero que disfrutedes tanto destes días como o vou facer eu pois preséntanse grandes, numerosos e importantes eventos nestes días.
Unha aperta, lémonos o luns!!!
xoves, 11 de abril de 2013
2º Aniversario de "A Boa Viña A Boa Vida"
É imposible visitar a zona dos viños no Casco Antigo de Melide e non deixarse caer por "A Boa Viña A Boa Vida", un renovado local decorado con todo luxo de detalles que vai cumplir 2 anos de vida da man do xove e emprendedor Alberto Buján.
Non lle falta nin o máis mínimo detalle a este innovador establecemento no que ademáis de ser posuidor de grandes e variadas referencias vinícolas tamén dispón de Cervexa de Bodega así coma de unha gran especialización en Gin Tonics "Premium" e Mojitos.
Como vedes, déixovos o cartel anunciador do 2º aniversario do local onde segundo palabras do xerente do local, o gran Alberto Buján, "non podedes faltar a esta importante cita" anotade a data no calendario.
VENRES 26 DE ABRIL
QUEDADES CONVIDADOS!!!
martes, 9 de abril de 2013
Borregos!!!
O ser humano é borrego por natureza. Temos a dudosa honorabilidade de repetir o que fai a "manada" tal cual ovellas. Se hai uns anos, se puxo de moda que o Día dos Namorados había que regalarlle algo á parella, ala vai unha inmensa maioría a mercar un agasallo para o 14 de febreiro (non pode ser noutra data).
Se os culebróns televisivos se puxeron de moda hai uns anos con uns índices de audiencia impensables, esa mesma fórmula é a opción a repetir ata cansarnos e aburrirnos, incluso asquearnos. Despois chegou o "efecto Gran Hermano" coa súa "vida en directo", éxito total e repetición de fórmula en diversas cadeas televisivas ata entrar en debacle. Xa non quero falar dos programas de cotilleos e dos "piscinazos" actuais que me poño malo...
Se sae un cantante, que de golpe e porrazo, a base de que "x" discográfica pague o "ouro e o mouro" para que nas cadeas de radio e television lle den bola con tal de aupar ata o máis alto ó "artista" en cuestión, non hai dúbida, ó final ese será o músico do ano e do momento, e da igual que non lle gustase a ninguén os seus traballos, ó final a xente traga e escoitao sí ou sí.
Todo esto que relato é para poñervos en antecedentes do que quero falar hoxe, que non é nin máis nin menos que do "Día Internacional de...".
Os "Días Internacionais de..." apareceron coma unha boa causa, para recordar e axudar a cura e prevención de determinadas desgrazas ou enfermidades máis ou menos graves. Ata ahí todo perfecto, pareceme un tema máis que xustificado. Todo o que sexa intentar previr e curar de "efectos nocivos" sexan do tipo que sexan está claro que é un acto solidario e incluso bonito. O que xa non é de recibo é a prostitución que se lle ven dando ó "Día Internacional de..." pois de un tempo a esta parte calqueira cousa serve para ter en conta. Entérome que hoxe é o "Día Internacional do Gin Tonic"..., estamos de coña ou é que estamos de coña???
Onde vai dar isto, realmente estase a comparar o Día Internacional de algún tipo de Cancro, ou da Pobreza... con unha bebida? Pareceme detestable e incluso repugnante.
O peor é que seguro que aínda haberá xente que coa excusa do Día Internacional do Gin Tonic hoxe tomará un ou dous ou os que sexan... coma se os demáis días non o bebesen.
En definitiva: somos uns borregos!!!
Boa tarde
luns, 8 de abril de 2013
A Porra: Xornada 27
Un partido dos denominados "Clásicos" será o protagonista do partido estrela da Xornada 27 da porra. Falamos do Athletic Club - R. Madrid que se disputará o vindeiro domingo 14 a partires das 21.00 horas. Xa podedes ir facendo os vosos pronósticos.
PARTIDOS:
Athletic Club - R. Madrid * Partido da Xornada
Zaragoza - Barcelona
Levante - Deportivo
Atlético - Granada
Rayo Vallecano - R. Sociedad
A Porra: Chany novo líder
Chany é o novo e flamante líder da clasificación da Porra 2012/2013 logo de ser ó único participante desta xornada que foi quen de acertar algún resultado. O seu único acerto non puido ser mellor elexido, pois curiosamente foi o partido da xornada, o Deportivo 3 - Zaragoza 2 que lle proporcionou 8 puntos e chegar así os 56 puntos superando así en 2 ó agora segundo clasificado Esteban.
Estes foron os RESULTADOS:
DEPORTIVO 3 - ZARAGOZA 2 * Partido da Xornada
BARCELONA 5 - MALLORCA 0
R. MADRID 5 - LEVANTE 1
GETAFE 0 - ATLÉTICO 0
R. SOCIEDAD 4 - MÁLAGA 2
CLASIFICACIÓN:
1. CHANY 56
2. ESTEBAN 54
3. JOSITO 47
4. FINITO 42
5. MAITE 40
6. ISAK 38
7. SUSO 37
8. VILLA / JOSÉ ANTONIO 29
9. PAZITOS 25
10. PITUS / PETETE / LATO 23
11. EMILIO 22
12. VILLALOVE 20
13. FERREIRO5 / RUBIO 15
14. CHINO / PIRU 9
15. ALBERTO 6
16. IVÁN COMBO 3
venres, 5 de abril de 2013
Os máis Jrandes!!!
Unha das mellores novas que nos trouxo o ano 2012 no que a música se refire foi a volta ós escearios "dos máis Jrandes", os HEREDEIROS DA CRUS.
Logo de uns anos separados e elexindo camiños diferentes, os seus compoñentes decidiron volver a actividade para gran ledicia dos miles de seguidores que idolatramos este grupo do Barbanza.
Letras disparatadas, divertidas, cheas de controversia..., son uns auténticos showmans tanto enriba dos escearios coma en persoa. Teño a fortuna de coñecer a Tonhito de Poi e podo asegurar que é tal como se ve na televisión, non actúa, é a súa forma de ser, un verdadeiro espectáculo de tío. Pero os seus compañeiros non lle andan a zaga, se vedes entrevistas deles queda claro que se toman todo con humor e que xeran "bo rollo" aló por onde pasan.
Como dixen volveron a actividade e o seu concerto de presentación foi na Sala LP45 de Ordes, de aquí proven o videoclip que inserto hoxe coma remate a esta semana. A canción "R7 (O Jran Batacaso)" é un dos clásicos do seu primeiro disco "A Cuadrilla de Pepa a Loba", unha historia real que lle aconteceu ó citado Tonhito de Poi e que non deixaron escapar a oportunidade de darlle música e letra a anécdota co seu particular estilo.
Que teñades unha boa fin de semana, eu ando atacado dos nervos co partido de mañá.
FORZA DEPOR!!!
xoves, 4 de abril de 2013
O Camiño de Santiago ó detalle
Veño de descubrir unha web que pode ser de moita utilidade para peregrinos e xente que esté interesada de algún xeito no CAMIÑO DE SANTIAGO.
A web en cuestión é www.gronze.com e se tedes un anaquiño do voso prezado tempo invítovos a que lle votedes unha ollada xa que merece a pena.
Con unha información abondosa e completa, gronze.com informa sobre todos e cada un dos Camiños que leva a Compostela. Inclúe mapas e croquis, información básica, todos os albergues, galería de fotos, comparte experiencias de peregrinos, ten un foro onde expoñer opinións e dúbidas, detalla etapa por etapa os entresixos de cada ruta...
Pero ademáis explica o antes, o durante e o despois de iniciar a Ruta Xacobea explicando a Credencial, o material a usar, se hai problemas físicos, como funcionan os albergues, servizos ó peregrino...
Seguramente a web máis completa relativa ó CAMIÑO DE SANTIAGO no que levo visto na rede.
Moi recomendable!!!
martes, 2 de abril de 2013
EXPODRINKS: o maior salón de destilados e mixers de Galicia en Vigo
Todos aquel@s amantes dos destilados e mixers (como se lles denomina agora) tedes unha importante cita o xoves 6 de xuño no Pazo de Congresos Mar de Vigo onde terá lugar o maior salón de esta modalidade que se celebra en Galicia chamado Expodrinks.
Será un lugar de encontro onde os profesionais do sector se darán cita e poderán descubrir unha ampla variedade de destilados e mixers, ademáis será un novo punto de referencia para que as diversas marcas den a coñecer os seus productos.
A Campiona de España de Gintonic Innovación e Campiona Panamericana de Coctelería, Ana María Martínez, representará e promocionará Expodrinks en diferentes actos.
O salón contará con un encontro entre bloggers e marcas, onde se farán catas e degustacións a cargo de Brand Ambassadors.
Ademáis, paralelamente desenrolaranse obradoiros e conferencias.
Anotade ben a data, seguro que a moit@s de vos lles pode interesar esto.
Un saúdo
luns, 1 de abril de 2013
A Porra: Xornada 26
O partido máis interesante da xornada 26 da porra non se xogará na parte alta da clasificación la Liga BBVA senón na parte baixa. Será o sábado a partires das 20.00 horas no Estadio de Riazor, alí un Deportivo en clara racha ascendente xógase aferrarse a Primeira División contra un rival directo como é o Real Zaragoza. Unha victoria local deixaría os de Fernando Vázquez a tan so 1 punto de distancia para sair da "queima" cando hai dúas xornadas estaba a 9 puntos da salvación.
PARTIDOS:
DEPORTIVO - ZARAGOZA * Partido da Xornada
BARCELONA - MALLORCA
R. MADRID - LEVANTE
GETAFE - ATLÉTICO
R. SOCIEDAD - MÁLAGA
Moita sorte!!!
A Porra: Chany sube a 2ª praza e Maite a 5ª
Chany, Maite e Rubio foron os únicos participantes que sumaron nesta xornada da Porra.Chany acertou o Espanyol 2 - R. Sociedad 2 e con estos 3 novos puntos aúpase a 2ª praza da táboa clasificatoria con 48 a so 6 puntos do líder Esteban. Maite tamén puntuo o acertar o mesmo partido, os 3 puntos sérvenlle a Maite para sobrepasar a Isak e con 40 puntos está xa na 5ª praza. Ademáis Rubio adiantou unha posición na táboa logo de acertar o Atlético 1 - Valencia 1. Empata na 13ª posición con Ferreiro5 a 15 puntos.
PARTIDOS:
CELTA 2 - BARCELONA 2 * Partido da Xornada
ZARAGOZA 1 - R. MADRID 1
MALLORCA 2 - DEPORTIVO 3
ATLÉTICO 1 - VALENCIA 1
ESPANYOL 2 - R. SOCIEDAD 2
CLASIFICACIÓN:
1. ESTEBAN 54
2. CHANY 48
3. JOSITO 47
4. FINITO 42
5. MAITE 40
6. ISAK 38
7. SUSO 37
8. VILLA / JOSÉ ANTONIO 29
9. PAZITOS 25
10. PITUS / PETETE / LATO 23
11. EMILIO 22
12. VILLALOVE 20
13. FERREIRO5 / RUBIO 15
14. CHINO / PIRU 9
15. ALBERTO 6
16. IVÁN COMBO 3
PARTIDOS:
CELTA 2 - BARCELONA 2 * Partido da Xornada
ZARAGOZA 1 - R. MADRID 1
MALLORCA 2 - DEPORTIVO 3
ATLÉTICO 1 - VALENCIA 1
ESPANYOL 2 - R. SOCIEDAD 2
CLASIFICACIÓN:
1. ESTEBAN 54
2. CHANY 48
3. JOSITO 47
4. FINITO 42
5. MAITE 40
6. ISAK 38
7. SUSO 37
8. VILLA / JOSÉ ANTONIO 29
9. PAZITOS 25
10. PITUS / PETETE / LATO 23
11. EMILIO 22
12. VILLALOVE 20
13. FERREIRO5 / RUBIO 15
14. CHINO / PIRU 9
15. ALBERTO 6
16. IVÁN COMBO 3
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)