venres, 14 de febreiro de 2014

Remataron as Cicloxéneses? Si?... FESTA!!!



Parece ser que a Cicloxénese Explosiva que arrasou Galicia a pasada madrugada e esta mañá é a última de un ciclo 8 que nos ten a tod@s ata os mismísimos...

En teoría, e so en teoría, o luns mellora por fin o tempo..., agardemos e non cantemos victoria!!!

Como é venres e coa suma desta gran nova (se finalmente se produce) toca darlle caña a música para comezar a fin de semana.

Tócalle o turno a Lily Allen co seu "Hard Out Here".

DISFRUTADE!

mércores, 12 de febreiro de 2014

Parabens MÍSTER


A historia de Fernando Vázquez e o R.C. Deportivo é coma a de aquela parella que por moitos reveses que lles dé a vida están destinados a atoparse e quererse para sempre.

Desde que Fernando Vázquez se fixo un persoeiro público, aló nos anos 90 cando adestraba ó Compos xamáis negou o seu Deportivismo, incluso cando foi adestrador do R.C. Celta máis de unha vez deixou entrever que o seu corazón era branco e azul.

A gran maioría de deportivistas hai anos atrás que imaxinabamos a F.V. como xefe do banquiño do Depor mais os anos pasaron, Fernando caeu no ostracismo e cando ninguén (ou case ninguén se acordaba del) chegou Augusto César Lendoiro para sacalo do anonimato coa famosa chamada a 1AM co agallo de que viñera a suplir a Domingos Paciencia.

O resto da historia xa a sabedes..., hoxe cúmplese un ano de que Fernando Vázquez se fixo cargo do Deportivo. Un Fernando Vázquez que dou unha carga increible de positivismo e alegría a un equipo que estaba deprimido e desganado. Un Fernando Vázquez que case consegue a proeza de salvar do descenso a un equipo totalmente á deriva e un Fernando Vázquez que renovou para levar ó Depor o máis alto por moitos anos...

A ninguén se lle escapa que será o noso "Sir Alex Ferguson" por moitos anos.

martes, 11 de febreiro de 2014

Hai que traballar cas mas!



O humorista coruñés David Perdomo, que xa fixo traballos para a TVG e Cuatro ten desde fai algún tempo un espazo no Programa "Vaya V" de Voz TV.

O seu espazo chámase "Ecceperdomo" e nel caracteriza a diversoas personaxes con vidas entrelazadas. Perdomo deu o gran salto á fama coa súa personaxe "O Koruño".

Nesta ocasión fai de "Amancio Ortiga" un antigo propietario  de "unhas 5 ou 6 empresas de Costrución na Coruña... Coruña Capetal"que deixou a vida na cidade para trasladarse ó campo e ter así as súas fincas e as súas galiñas.

Amancio critica que moita xente non sabe "traballar cas mas" e so sabe traballar con ordenadores, o longo do video vainos quedar máis que claro...

A personaxe non é que esté lograda, é que é REAL 100% e o ver o video unha e outra vez vouno asimilando a personas parecidas que levo visto por eses mundos de Deus.

Non me canso de velo.

DISFRUTADEO!

luns, 10 de febreiro de 2014

A Porra: Xornada 17


O partido estrela da Xornada 17 da Porra será o encontro máis sobranceiro da Liga Adelante que enfrontará o domingo a partires das 12,00 horas (Canal +) no Estadio Municipal de Riazor a R.C. Deportivo e Real Sporting de Gijón. Partidazo entre 2º e 3º clasificado no que pode estar tamén en xogo o golaverage entre dous equipos que por plantel están chamados a ascender esta tempada.

PARTIDOS:

DEPORTIVO - SPORTING *
BARCELONA - RAYO VALLECANO
ATLÉTICO - VALLADOLID
GETAFE - R. MADRID
ATL. SOBRADO - QUEIXAS

A Porra: 0 patatero



Xornada ruinosa para todos os que participamos na Porra. Esta xornada ninguén foi quen de sumar así que as cousas seguen igual que estaban a semana anterior na Clasificación. Agardemos que a vindeira xornada sexa máis rica en acertos (difícil non vai ser).

PARTIDOS:

R. MADRID 4 - VILLARREAL 2 *
ALMERÍA 2 - ATLÉTICO 0
SEVILLA 1 - BARCELONA4
MURCIA 1 - DEPORTIVO 0
VISANTOÑA 2 - ATL. SOBRADO 1

CLASIFICACIÓN:

1. Pitus 30
2. Rubencillo 28
3. Esteban / José Antonio / Villalove 23
4. Isak / Iván Combo 22
5. Josito 20
6. Finito / Villa 17
7. Chany / Lato 15
8. Vigo 11
9. Rubio 8
10. Maite / Petete 6
11. Emilio Tato / Suso 3

xoves, 6 de febreiro de 2014

A falta de venres, XOVES MÚSICA



Mañá por motivos persoais non poderei estar con vos así que adiantamos o venres de música a este caudaloso (no que a auga se refire) xoves.

Tócalle o turno a un dos temas estrela en música electrónica de este inverno, o "Animals" de Martin Garrix.

Debo confesar que a primeira vez que o escoitei, incluso a segunda, non me gustou, mais conforme a fun escoitando acabouseme pegando a musiquiña e agora é unha das miñas favoritas.

Tede boa fin de semana e precaución amig@s!

mércores, 5 de febreiro de 2014

4gotas.com servirá a Predición do Tempo neste Blog a partires de hoxe


A web de predición meteorolóxica galega 4gotas.com que comandan Bea Hervella e Carlos F. Balseiro será a encargada de amosarnos o Tempo en Sobrado a partires de hoxe neste blog.

Elexín esta web por dous motivos: 1º por tratarse de un produto galego e 2º polo novidosa, entretida e interactiva que me resulta esta páxina.

Agardo que sexa do voso agrado.

Un saúdo

martes, 4 de febreiro de 2014

Á Comisión de Festas de Sobrado 2014 INFORMA



Como ben sabedes este sábado 8 de febreiro a Comisión de Festas SOBRADO 2014 celebra un Cocido - Baile - Drinking no Pavillón Polideportivo de Sobrado .Un pedazo de evento do cal aínda estades a tempo de mercar as bonos para poder asistir a esta explosiva festa. A velada estará amenizada polo Grupo NEBRASKA, unha formación que promete dar moita caña.

Desde a Comisión infórmanme que HABERÁ CAÑÓNS DE CALOR PARA CLIMATIZAR O PAVILLÓN POLIDEPORTIVO e así non ter que sufrir os rigores do inverno que tanto nos está a machacar. Xa sabedes, se queredes vide en manga corta, frío para a casa seguro que non habedes de levar.

Recordade: 

SÁBADO 8 DE FEBREIRO
21,30 HORAS
SOPA DE COCIDO / COCIDO / POSTRE / CAFÉ / CHUPITO E VAIXELA DE REGALO
FESTÓN CO GRUPO NEBRASKA
SERVIZO DE COCKTELERÍA, CAFETERÍA, CHUPITERÍA... ¿¿¿WHISKERÍA???

VÉMONOS O SÁBADO A NOITE NO PAVILLÓN!!!

Un saúdo


luns, 3 de febreiro de 2014

A Porra: Xornada 16


Coa clasificación da Porra nun puño deixamos xa habilitada a xornada 16 para que vaiades facendo os vosos pronósticos. O partido da xornada será o R. Madrid - Villarreal, partidazo sen lugar a dúbidas. Pero ademáis a xornada traenos un tamén atractivo Sevilla - Barcelona onde calqueira resultado pode ser factible. O Atlético parece que sumará os 3 puntos en Almería pero, con que resultado? máis incógnita son os encontros Murcia - Deportivo e Visantoña - Atl. Sobrado.

FAGAN XOGO SEÑOR@S!

PARTIDOS:

R. MADRID - VILLARREAL *
ALMERÍA - ATLÉTICO
SEVILLA - BARCELONA
MURCIA - DEPORTIVO
VISANTOÑA - ATL. SOBRADO

A Porra: Josito súmase á festa


Josito dou un paso de xigante na Clasificación da V edición da Porra logo de sumar nin máis nin menos que 14 puntazos nesta xornada. Ademáis de acertar o partido da xornada sumou no partido do Deportivo e no do Atlético Sobrado. Polo tanto pasa dos 6 puntos que tiña a 20 ubicándose en solitario na 5º praza da xeral.

Moitos dos participantes que ocupan as primeiras prazas non perderon comba e tamén sumaron. O líder Pitus sumou co Deportivo 2 - Sabadell 1 igual que o 2º clasificado Rubencillo que tamén sumou neste encontro. Ademáis Isak e Iván Combo os dous empatado na 4º praza tamén sumaron co partido de Riazor.

O partido do Atlético Sobrado fixo que o único participante que ata o de agora non sumara, Suso, por fin o fixera. Neste mesmo encontro tamén sumou Finito.

PARTIDOS:

ATHLETIC CLUB 1 - R. MADRID 1*
BARCELONA 2 - VALENCIA 3
ATLÉTICO 4 - R. SOCIEDAD 0
DEPORTIVO 2 - SABADELL 1
ATL. SOBRADO 2 - MESÍA 1

CLASIFICACIÓN:

1. Pitus 30
2. Rubencillo 28
3. Esteban / José Antonio / Villalove 23
4. Isak / Iván Combo 22
5. Josito 20
6. Finito / Villa 17
7. Chany / Lato 15
8. Vigo 11
9. Rubio 8
10. Maite / Petete 6
11. Emilio Tato / Suso 3