luns, 9 de marzo de 2015

A Porra: os dous primeiros clasificados abren brecha


Finito e Isak, dous primeiros clasificados abriron distancia nesta xornada da Porra logo de acertar o partido da xornada e que os terceiros, cuartos e quintos clasificados non sumasen.

Tamén acertou o partido da xornada Esteban que se sitúa terceiro con 39 puntos. O Atlético 1 - Valencia 1 ademáis dounos 8 puntos a Iván Combo e a min.

So houbo 1 participante que sumou 3 puntos, foi Pitus no Athletic 1 - R. Madrid 0

O resto de xogadores non sumaron nesta xornada.


RESULTADOS:

Atlético 1 - Valencia 1 *
Deportivo 3 - Sevilla 4
CASX 0 - Bribes 2
Athletic 1 - R. Madrid 0
Barcelona 6 - Rayo Vallecano 1

CLASIFICACIÓN:

1. Finito 56
2. Isak 49
3. Esteban 39
4. Emilio 37
5. Iván Combo 34
6. Rubencillo 33
7. Don G. y el pto / Villa 32
8. Chany / Lato 31
9. Vigo 29
10. Pitus 24
11. Combo "Rubio" 23
12. Villalove 21
13. Marcos Combo 20
14. José Antonio 18
15. Piuco / Suso 17
16. Jose da Vilanova 15
17 Petete 9

luns, 2 de marzo de 2015

A Porra: Xornada 20



O partidazo da Xornada 20 da Porra será sen dúbida o Atlético de Madrid - Valencia que se disputará o vindeiro domingo 8 de marzo as 21,00 horas no Estadio Vicente Calderón de Madrid. 3º contra 4º clasificado con tan so 1 punto de distancia entre ámbolos conxuntos. Baixas importantes no Atlético de Madrid como Griezzmann ou Miranda e dúbidas como Otamendi no Valencia. Influirán estas baixas no resultado? Xa podedes facer os vosos pronósticos.

PARTIDOS:

ATLÉTICO - VALENCIA *
DEPORTIVO - SEVILLA
C.A.S.X. - BRIBES
ATHLETIC - R. MADRID
BARCELONA - RAYO VALLECANO



A Porra: Dura loita na cabeza da táboa


O título de Campión da Porra 2014/2015 está máis aberto que en tempadas anteriores. Visto como transcorren as xornadas ninguén está descartado para o alzarse co Campionato pois cada semana vanse alternando os participantes que suman puntos na xeral.

Desta volta tocoulle sumar puntos os primeiros clasificados. Dos 9 primeiros clasificados 7 sumaron 3 puntos nesta xornada.

Finito, Isak, Rubencillo e Esteban acertaron o Mesón do Bento 1 - C.A.S.X. 1. Emilio, Don G. y el pto e Chany acertaron o Granada 1 - Barcelona 3. En metade de taboa foi Combo "Rubio" o que incrementou 3 puntos a súa conta o acertar o R. Madrid 1 - Villarreal 1. Xa pola parte baixa sumou 3 puntos José Antonio co Almería 0 - Deportivo 0.


RESULTADOS:

Sevilla 0 - Atlético 0
Almería 0 - Deportivo 0
Mesón do Bento 1 - C.A.S.X. 1
R. Madrid 1 - Villarreal 1
Granada 1 - Barcelona 3

CLASIFICACIÓN:

1. Finito 48
2. Isak 41
3. Emilio 37
4. Rubencillo 33
5. Don G. y el pto / Villa 32
6. Chany / Esteban 31
7. Vigo 29
8. Iván Combo 26
9. Combo "Rubio" / Lato 23
10. Pitus / Villalove 21
11. Marcos Combo 20
12. José Antonio 18
13. Piuco / Suso 17
14. Jose da Vilanova 15
15. Petete 9


luns, 23 de febreiro de 2015

A Porra: Xornada 19



A xornada 19 da Porra regálanos un apaixoante Sevilla - Atlético. Un partido igualado sen lugar a dúbidas no que seguro e como ben sendo habitual nos últimos anos saltarán chispas, tanto no Campo coma na grada.


PARTIDOS:

SEVILLA - ATLÉTICO *
ALMERÍA - DEPORTIVO
MESÓN DO BENTO - C.A.S.X.
R. MADRID - VILLARREAL
GRANADA - BARCELONA


A Porra: sen cambios na cabeza da táboa


Ningún dos 5 primeiros clasificados foron quen de sumar nesta xornada da Porra. Sacaron tallada da xornada Don G. y el pto (Elche 0 - R. Madrid 2), Chany (Atlético 3 - Almería 0), Esteban (Atlético 3 - Almería 0) e Iván Combo (Atlético 3 - Almería 0).

Pola parte baixa Jose da Vilanova (Atlético 3 - Almería 0) e José Antonio (Elche 0 - R. Madrid 2) sumaron e achéganse os postos medios da táboa.


RESULTADOS:

Deportivo 0 - Celta 2 *
Atl. Sobrado 3 - Vizoño B 2
Elche 0 - R. Madrid 2
Barcelona 0 - Málaga 1
Atlético 3 - Almería 0

CLASIFICACIÓN:

1. Finito 45
2. Isak 38
3. Emilio 34
4. Villa 32
5. Rubencillo 30
6. Don G. y el pto / Vigo 29
7. Chany / Esteban 28
8. Iván Combo 26
9. Lato 23
10. Pitus / Villalove 21
11. Combo "Rubio" / Marcos Combo 20
12. Piuco / Suso 17
13. José Antonio / Jose da Vilanova 15
14. Petete 9



luns, 16 de febreiro de 2015

A Porra: Xornada 18



A Xornada 18 da Porra déixanos como partido estrela un apaixoante derbi galego que se disputará o vindeiro sábado 21 de febreiro as 22,00 horas no Estadio de Riazor.

O único equipo galego que dispón de títulos oficiais, 6 concretamente, recibe os veciños do sur con gañas de revancha logo do partido de ida onde o Real Club Deportivo perdeu un partido oficial contra os olívicos moitos anos despois...

Xa podedes facer os vosos pronósticos!!!


PARTIDOS:

DEPORTIVO - CELTA *
ATL. SOBRADO - VIZOÑO B
ELCHE - R. MADRID
BARCELONA - MÁLAGA
ATLÉTICO - ALMERÍA


A Porra: Finito amplía vantaxe



O líder Finito ampliou vantaxe con respecto os primeiros clasificados logo de sumar 3 puntos no Pontecarreira 1 - Atl. Sobrado 1.

O gañador da xornada foi Rubencillo que sumou 6 puntos no partido do Atl. Sobrado e no Valencia 1 - Getafe 0.

Villa sumou 3 puntos tamén no partido xogado na Pontecarreira, ese mesmo encontro acertouno Iván Combo. Esteban sumou no Barcelona 5 - Levante 0, neste partido tamén sumaron José Antonio e Jose da Vilanova.

Non houbo acertantes do partido da xornada.

RESULTADOS:

R. Madrid 2 - Deportivo 0
Pontecarreira 1 - Atl. Sobrado 1
Barcelona 5 - Levante 0
Celta 2 - Atlético 0
Valencia 1 - Getafe 0

CLASIFICACIÓN:

1. Finito 45
2. Isak 38
3. Emilio 34
4. Villa 32
5. Rubencillo 30
6. Vigo 29
7. Don G. y el pto 26
8. Chany / Esteban 25
9. Iván Combo / Lato 23
10. Pitus / Villalove 21
11. Combo "Rubio" / Marcos Combo 20
12. Piuco / Suso 17
13. José Antonio / Jose da Vilanova 12
14. Petete 9

venres, 13 de febreiro de 2015

Entroido 2015 en Sobrado


Como ven sendo habitual nos últimos anos o día grande de Entroido en Sobrado celebrarase pasado mañá domingo día 15.

Desta volta a Festa comeza cedo, concretamente as 12,30 horas nos bares e na Praza do pobo. Será a Charanga QUÉ PASA!!! a encargada de animar este festivo día onde Don Carnal seguro que se encontrará na súa salsa.

Desde o mediodía ata a noite poderedes degustar productos típicos de entroido en todos os locais de hostelería de Sobrado. 
Os larpeiros e larpeiras non podemos fallar. Hai que ir a probar de todo e a todos os bares e cafeterías.

Xa a tardiña, logo de un bo xantar de Entroido, dará inicio as 17,00 horas o Concurso de Disfraces onde este ano se repartirán 800 € en metálico nas categorías de Comparsas e Individuais. No citado Concurso haberá Animación, Xogos e Diversión para nenos e maiores. Os que desexedes participar poderédesvos anotar a partires das 16,30 horas na Carpa que estará habilitada na Praza para protexerse do frío e a choiva.

Unha vez rematado o Concurso na Praza a Festa trasladarase os locais Hostaleiros de Sobrado. Todos os disfraces que así o desexen poden pasarse polos bares onde recibirán unha puntuación anónima. Haberá agasallos para os gañadores.


* Nota Importante: TODOS OS ACTOS CELEBRARANSE NA PRAZA DO CONCELLO NO LUGAR DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO.

Pasade un bo Entroido 2015!!!

luns, 9 de febreiro de 2015

A Porra: Xornada 17


Nova xornada da Porra onde o partido estrela será o desprazamento do Deportivo ó Santiago Bernabeu. O encontro disputarase o sábado as 16,00 horas.


PARTIDOS:

R. MADRID - DEPORTIVO *
PONTECARREIRA - ATL. SOBRADO
BARCELONA - LEVANTE
CELTA - ATLÉTICO
VALENCIA - GETAFE

A Porra: Villa e Villalove favorecidos da xornada


Villa e Villalove foron os grandes favorecidos da Xornada na Porra. Ámbolos dous sumaron 6 puntos logo de acertar os partidos Deportivo 2 - Eibar 0 e Espanyol 1 - Valencia 2. Na parte alta sumaron 3 puntos Emilio e Vigo no Espanyol 1 - Valencia 2. Rubencillo tamén sumou no partido de Cornellá El Prat. Pola súa banda Jose da Vilanova sumou 3 puntos no Deportivo 2 - Eibar 0.


RESULTADOS:

Atlético 4 - R. Madrid 0 *
Deportivo 2 - Eibar 0
Athletic Club 2 - Barcelona 5
Espanyol 1 - Valencia 2
Getafe 2 - Sevilla 1

CLASIFICACIÓN:

1. Finito 42
2. Isak 38
3. Emilio 34
4. Vigo / Villa 29
5. Don G. y el pto 26
6. Chany 25
7. Rubencillo 24
8. Lato 23
9. Esteban 22
10. Pitus / Villalove 21
11. Combo "Rubio" / Iván Combo / Marcos Combo 20
12. Piuco / Suso 17
13. José Antonio / Jose da Vilanova / Petete 9