
Onte foi un día moi feliz para min. Mellor dito, unha tarde-noite. O Manchester United, o meu 2º equipo logo de Deportivo voltou a gañar a Champions League (e xa van 3) logo de unha final de infarto na que quizáis o trofeo o levou o que tivo máis sorte pero o fútbol é moi caprichoso e unhas veces dache e outras quítache. Debo admitir que pasei momentos de nervos e cando Cristiano errou o penalti vin todo perdido pese a que no interior de cada un sempre queda un anhelo de esperanza en que o equipo rival erre un penalti e así volver a ter opcións.
Co título de onte unha os "Fergie Boys"( unha saga de enormes futbolistas liderados no seu momento por David Beckham e na que se incluen ademáis de os irmáns Neville, Gary e Phil (este último agora no Manchester City), Paul Scholes, Nicky Butt (no Newcastle) e Ryan Giggs ademáis de o nomeado Beckham) acadan o 2º título particular para unha canteira, a do Manchester na que o PROFESOR Sir Alex Ferguson creeu dende o principio e na que apoiou a base para consolidar o equipo coma un dos máis grandes de Europa. A esta canteira uniulle homes de calidade para facer un proxecto sólido.
O PROFESOR Sir Alex Ferguson leva 22 anos ininterrumpidos dirixindo o Manchester United cuns resultados dificilmente mellorables: 2 Champions League, 10 Premiership, 1 Copa Intercontinental ademáis de diferentes Copas de Inglaterra.
Ademáis onte o levantar a Champions Rio Ferdinand penso que a todos os afeccioados do Manchester do mundo se nos viñeron a cabeza excelentes xogadores que non puideron gañar a Champions pese a ser os donos indiscutibles durante moitos anos en Inglaterra: caso do gran Eric Cantona, Andreij Kanchelskys, Lee Sharpe, Paul Ince ou o mesmo Ruud Van Nistelrooy.
Un cachiño de esa copa tamén é parte de eles.

O Manchester foi mellor na primeira metade que o equipo de Avant Grant, e liderados por un Cristiano Ronaldo que apareceu máis que en semifinais (madridistas e barcelonistas, xa vos podedes olvidar de él, Ronaldo é Red, e quedarase en Manchester moito tempo) puxo en apuros a Peter Cech. A foto que vedes arriba é o momento no que Cristiano marca o gol de cabeza que supuña o 1-0 (apreciade o salto que pega), un gol marca da casa. Pero esto non quedou aquí e nunha excelente xogada do portugués por banda esquerda, serviu coa perna menos boa (a esquerda) para que o Apache Tévez rematase en plancha facendo o gardamallas do Chelsea unha espectacular intervención, o rexeite do esférico quedou no borde da área a Michael Carrick que engatillou un excelente tiro pero de novo Cech rexeitou o lanzamento de xeito soberbio e o balón foise a córner.
O Chelsea ía empatar por medio de Frank Lampard logo de unha xogada de carambola na que o esférico pega na espalda de Nemanja Vidic e queda morto na área para que o mediocentro inglés remache o fondo da rede. O gol tivo adicatoria especial para a nai de "Frankie" falecida recentemente.
Na segunda metade o Chelsea saiu máis enchufado e o Manchester votouse atrás quizáis buscando algunha contra para matar o partido. Drogba e Lampard tiveron o título nas botas pero os seus lanzamentos foron o pao e o longueiro respectivamente da meta defendida polo holandés Van der Sar.
Antes da prórroga os Red Devils voltaron a ter outra ocasión de ouro para levarse a Champions a Old Trafford nunha excelente xogada do lateral zurdo francés Patrice Evra, que dou o pase da morte o arxentino Tévez e cando todo o mundo xa cantaba o gol apareceu un xiro de cuello espectacular do defensa "Blue" John Terry para desviar a córner.
A prórroga non tivo moita historia e de seguido pasouse os lanzamentos de pena máxima.
O desenlace xa todos o sabedes:
Polo Manchester errou o que menos se esperaba (Cristiano Ronaldo) e cando o Chelsea estaba a 1 só gol de lograr o título, o seu capitán Terry asumiu o feito de que podía entrar na historia do clube londinense pero ocorreu esto:

resbalón no momento de tirar o penalti que podía supor a victoria blue, o balón pega no pao e vaise fora, eu que estaba en Ramiro con Esteban, Yoly, Oito e César e ataviado coa camiseta do Manchester da tempada 1993/1994 (a sudadera da tempada pasada xa a quitara polos nervos na primeira metade) berrei un TOMAAAAAAAA! que me saiu da alma. As esperanzas voltaron a aparecer, algo bo agardaba...

E foi no 7º lanzamento de penalti a prol do Chelsea, Ryan Giggs acababa de marcar o seu e se o "bilipendiado" Nicolas Anelka erraba o Manchester era campeón de Europa. Edwin Van der Sar andivo moi listo e acertoulle o lugar polo que tirou o francés parando así o balón e dándolle o Manchester o seu 3º cetro europeo. De seguido imaxes de euforia nuns de desolación nos outros, de Terry chorando desconsoladamente e de Cristiano chorando pero debido a presión que soportou logo de erra o seu penalti. Puido ser carbón para o portugués pero tocou Gloria.
Fíxome especialmente gracia unha mensaxe que me mandou Pitus instantes despois do final do encontro; a sma poñía: Terry...ble Anelka. COLOSAL PITUS, je je je.
Agora só agardo que o meu equipo de basket favorito da NBA, os Boston Celtics gañe o anel e xa sería a repanocha se ademáis ascende o Breogán a ACB e o Depor B a liga BBVA. Sería o que se di, un ano deportivo de cine.
A coidarse.