venres, 26 de xuño de 2009

Ata sempre



Non vou decir nada bo nin malo do Michael Jackson persoa, tan só vou comentar que a nivel musical foi, é e será un dos grandes da historia da música. Alguén que derribou moitos muros, e que fixo dos videoclips un arte. A música pop non se entende sen "Jacko", dende eiquí quero rendirlle esta despedida coa canción que máis me gusta del: "Dirty Diana".

DEP

xoves, 25 de xuño de 2009

San Pedro 2009 de Sobrado


Aquí tedes o cartel anunciador das festas do Patrón de Sobrado (para ir abrindo boca para os Dolores no mes de setembro) e onde a Comisión fixo un importante esforzo para deleitarnos con 3 días de festa.
Comezará o domingo 28 de xuño ó mediodía coa actuación do Grupo de Baile A Maristela de Sobrado, para acto seguido darlle paso a sesión vermouth que correra a cargo da Orquestra Troco.
Xa pola noite ademáis de TROCO actuará o dúo Capicornio (que tripite de xeito consecutivo no San Pedro).
O Luns 29 de xuño (festividade local en Sobrado), comezará coa actuación da Banda de Música de Arzúa o mediodía e na que lle seguirá a actuación do Grupo Triunfo.
Á noite, a festa correrá a cargo de TRIUNFO e o dúo Deseño.
Martes 30 de xuño haberá fin de festa ó mediodía co Dúo Camelia.
VIDE A DISFRUTAR DO SAN PEDRO A SOBRADO, COMEZA O VERÁN, COMEZAN AS FESTAS!

martes, 23 de xuño de 2009

A pregunta da semana

Quen foi "cazado" o pasado venres "orinando" cara o CEIP Virxe do Portal mentres se celebraba unha entrega de diplomas dentro do centro, para sorpresa de profesores, pais e alumnos e él nin se enterou de que había xente dentro?

luns, 22 de xuño de 2009

Volve a festa máis tola

Mañá como todos os 23 de xuño celebrase a noite de San Xoán, unha festa que en Galicia é seguida por milleiros de persoas.
En Sobrado esta festa sempre tivo moito raigame e é coñecida polos excesos que nesta noite se cometen. Ano a ano foi medrando grazas a Asociación Cultural Bocelo e o Club Atlético Sobrado Xuventude, desta volta será a impresionantemente activa Comisión de Festas Sobrado 2009 a que toma as rendas da organización do evento e que nos ten preparada para mañá unha festa onde non faltará nin a lumeira típica de esta noite meiga, nin o churrasco, nin as troitas, nin o alcohol, nin a música. Seguro que a festa será por todo o alto e animo a todo o mundo a que suba a Área Recrativa do Campo Francés a partires das 21.00 horas para facer da noite de mañá unha noite inesquecible.A troula ata altas horas está garantida, e se o tempo acompaña coma hoxe prevese que será unha noite calurosa... a Comisión conta con vos, non lle falledes!!!!

xoves, 18 de xuño de 2009

"Baraja" en Sobrado

O "Camiño Norte" mistura razas, culturas e tradicións que se ven reflectidas en Sobrado cando chegada esta época comeza unha afluencia masiva de peregrinos para pernoctar no albergue do Mosteiro facendo parada obligada para continuar o traxecto do Camiño.
Por este pobo pasou, pasa e pasará xente do máis variopinto, xente extravagante, xente que pasa desapercibida e tamén famosos en maior ou menor escala.
Hoxe tocoulle o turno o "famoseo" xa que anda por estes lares o actor malagueño Canco Rodríguez, coñecido por interpretar o papel de "Baraja" (o amigo de Luisma) na exitosa serie televisiva Aída.
Hai uns intres pasouse pola oficina de turismo e pola aula de informática para mirar uns correos e imprimir uns documentos (quen sabe se as condicicións de un novo contrato para un novo filme...)
A verdade é que parece moi simpático e resultoume moi amable. Xente como Emilio Tato incluso se fotografiou con él. Supoño que a noite deixarase ver polos tabernáculos sobradeses para mañá encarar outra etapa cara a Compostela. A verdade é que non viste moi diferente a como aparece na serie, con camiseta de tirantes e pantalons hippiolos, un estilo moi "mestizo" e as olleiras asegúrovos que non son efectos do maquillaxe da serie, son naturais 100%.

Bo camiño!

martes, 16 de xuño de 2009

Un equipo de Lenda



Os meus parabéns para o novo spot de Estrella Galicia de River Sen 0,0º pola súa orixinalidade.
A cervexeira galega conseguiu xuntar un elenco dos principais xogadores da historia recente de R.C.Deportivo e Celta de Vigo nun aeródromo de Braga para que capitaneados polo "Zorro de Arteixo", Don Arsenio Iglesias fagan un auténtico equipo de lenda. Xurxo Otero, Fran, Mirolav Ratkovic, Nando, Vlado Gudelj, José Ramón, Mosquera, Emerson, Javier Maté, Fabiano Soares e como non podía ser de outro xeito: Djalminha en plan estelar danlle a este spot un toque singular e especial que significa a unión do fútbol galego.

Noraboa!

luns, 15 de xuño de 2009

A pregunta da semana

Qué vividor sobradés (que non adoita a beber coñac nin a fumar) foi visto na noite do domingo con copa de Cardenal Mendoza nunha man e con purito na boca por algún bar de Sobrado?

RECORDAMOS: ESTAS PREGUNTAS NON TERÁN RESPOSTA!!!! TAN SÓ AS SABERÁN OS QUE VIRON O "ARTISTA" IN SITU.

venres, 12 de xuño de 2009

Panorama en Cabrui


Hoxe hai un gran cita na terra de Foucellas, en Cabrui-Mesía. Comezan as festas na honra a San Antonio e nos que somos un pouco bandidos xa temos decidido ir ata alí para ver a Orquestra Panorama. Comeza a tomar corpo o Sobrado On Tour 2009 e hoxe é cita de obrigado cumprimento pois a mellor orquestra de Galicia estará non moi lonxe de aquí. Ademáis aproveitaremos para facerlle unha visita o local de Vanessa, A Taberna que está situado xusto o lado do campo da festa.
Se non tedes plans para hoxe e queredes aproveitar unha noite que se prevee calurosa ide hoxe a Cabrui, é altamente recomendable!.
Saudos, bo fin de semana.

xoves, 11 de xuño de 2009

A Casa do Churrasco


É coñecida pola nosa zona a afección que temos un bo grupo de amigos de celebrar churrascadas entre semana para facer máis levadeira a mesma.
Durante moito tempo a casa de Pedino foi o centro de reunións onde temos rido, vacilado e compartido miles de aventuras e historias pero agora está a piques de nacer outro punto de encontro. Trátase da Casa do Churrasco, non pensedes mal, non é un novo negocio de hostelería en Sobrado nin nada polo estilo, é unha iniciativa que xa está a levar Nando a cabo. Eu bautizoa desa forma, como A Casa do Churrasco, Esteban onte bautizouna como ChapaChurrasco..., veremos agora como a bautiza o dono en cuestión de esta historia.
Explicareivos brevemente: Nando está a reformar a antiga panadería de Roberto interiormente que está situada no centro do pobo, enfronte o Bar Tato para facer alí un centro de reunións...
Non cabe dúbida que o local préstase moito pois dispón de unha lareira de unhas boas dimensións, e un patio maravilloso para poder disfrutar do fresco cando azoten as noites calurosas do verán (que por desgracia en Galicia hai poucas). Ademáis xa ten un croquis feito na súa cabeza de como vai a estar integrado este proxecto no seu interior: levara unha pequena barra onde poucar os "vidros postcomida", duos pipos de viño que tamén servirán de apoio, unha mesa central onde cear ou comer, un home cinema, un pantalla plana, a playstation..., onte mesmo José Luis xa anunciou que él se encargaba de facer a parrilla, en definitiva que pode que o local cando esté rematado (agora mesmo está en obras) vai dar moito xogo, no verán portas para afora e no inverno co calor da lareira. Non quero nin pensar as festas que nos imos pegar..., as mesmas que ata o de agora... con ese licor de herbas miragreiro que Pedino ten na casa e que fai revivir os ollos de un morto.
Neste momento seguro que Nando se atopa picando algunha das paredes con todo o afán de "abrir o negocio" o antes posible.
QUE VIVA A CASA DO CHURRASCO!

mércores, 10 de xuño de 2009

A pregunta da semana

A que importante figura lle preguntou unha camareira en Cartaxena se era italiano?