venres, 30 de outubro de 2009

Sobran as palabras

Estaba claro que o ridículo máis grande da historia do fútbol actual non ía ser pasado por alto para os bromistas e xa está a circular pola internet todo tipo de bromas e mofas para os seguidores madridistas.
Das que vin esta é a que se leva a palma..., que mala uva...

mércores, 28 de outubro de 2009

A humillación futbolística máis grande

Crea tus propias portadas en soyportada.comCrea tus propias portadas en soyportada.com

O que onte puidemos ollar no partido de Copa do Rei Alcorcón 4 - Real Madrid 0 parece o guión quitado de unha película americana onde o pequeno e torpe se come o grande e habilidoso.
O partido de onte quedará nos anais da historia como a humillación futbolística máis grande que se recorda xamáis. Un equipo pequeno de 2ªDivisión B, onde os seus xogadores son semiprofesionais e non viven so do fútbol merendouse (e non digo gañar, que eso xa o fixeran outros) literalmente o Real Madrid "dos 250 millons de euros invertidos en fichaxes" con unha goleada de escándalo que puido ser aínda máis grande se o equipo marelo chega a estar máis atinado. Certo é que os merengues tamén tiberon opcións de marcar pero o porteiro Juanma encargouse de evitalo.
De verdade que o xogo de onte do Alcorcón foi de auténtico luxo, xamáis se votou atrás e foi co coitelo entre os dentes a por máis goles. Un baño en toda regla.
Tachar, borrar e denunciar unha vez máis e xa van non sei cantas a actitude de un Guti impotente, que cada vez que as cousas van mal emprendea e empurros e a insultos cos seus rivais e con un prepotencia que deixa ben as claras a impotencia de este "energúmeno". Sen lugar a dúbidas leva moitos anos sendo o futbolista máis maleducado a nivel mundial e con 32 anos non ten moitas pintas de cambiar.
Agora faime gracia que todas as culpas son de Pellegrini, o Marca e a prensa madrileña en xeral xa se está encargado de querer votar ó chileno. Unha prensa que non aprende e leva nos fuciños unha e outra vez. A semana pasada daban o Barcelona por morto cando empatou con todo un Valencia que non é manco e perdeu co Rubin Kazan en Champions League (nin que os xogadores blaugranas non fosen humans e puidesen ter días mellores a peores), a contestación dende o Camp Nou fíxose da mellor maneira posible: con un 6-1 ó Zaragoza en Liga. En xullo ían ser campións de todas as competicións queréndose comparar coa campaña anterior que fixera o F.C. Barcelona e non se dan conta que os cataláns xa teñen o equipo feito, que non teñen xogadores do montón coma Marcelo, Drenthe, Albiol, Metzelder, Guti ou Diarra e que en Concha Espina xamáis hai estabilidade, nin social, nin deportiva. A prensa segue a ter moito que dicir na dirección do equipo e así as cousas van como van..., que sigan vendendo glamour, que sigan sendo o mellor equipo económicamente falando pero a final de tempada o que lles importa os afeccioados e socios é o bo xogo e sobre todo (non nos imos enganar) os resultados.

Toca reflexionar...

martes, 27 de outubro de 2009

Porra de fútbol


Para que os lectores interactuen un pouco máis neste blog ocurriuseme a idea de facer unha porra de fútbol semanal acertando 4 resultados (non vai estar doado xa que o premio non mo regalan..., jajaja). Tedes que poñer os resultados, o voso nome e un correo electrónico para estar en contacto. Os acertantes que houbese terán un premio sorpresa.

* Se non acertades todos os resultados non vos preocupedes, pois sumaranse os resultados acertados cada fin de semana facendo unha clasificación, e o que gañe a clasificación final terá un "gran regalo de fin de tempada". Animádevos a participar.

Estes son os encontros da primeira porra:

Real Club Deportivo - Real Sporting

C.C.D. Curtis - Atl. Sobrado Xuventude

R. Madrid - Getafe C.F.

Atl. Osasuna - F.C. Barcelona

QUE HAXA SORTE!!!




Primicia



O Rei de España xa grabou a habitual mensaxe de Noiteboa para o ano 2012, votadelle unha ollada a ver que vos parece...

luns, 26 de outubro de 2009

A pregunta da semana


Está moi claro que cando se colle a boa racha en calqueira faceta da vida, aparece unha alegría tras outra: Óscar e Mary foron pais a semana pasada, Pirulo e María serano tamén dentro de uns meses..., que outra parella de Sobrado será tamén papás dentro de uns 5 meses?

Noraboa a tod@s

venres, 23 de outubro de 2009

Findeeeeeeeeeeeeeeeeeee




Música cañeira de Master Blaster e o seu tema "Come Clean" para animar este comezo de fin de semana. Que o disfrutedes!

xoves, 22 de outubro de 2009

Eugenio, "o xenio" dos chistes



Xa hai algúns anos que deixou de estar entre nos pero o humorista catalán Eugenio, para min o mellor humorista que dou o pais deixounos algúns chistes imborrables dándolle o seu toque persoal. Inconfundible o seu estilo: sentado nun taburete, fumando e co zumo de laranxa a súa dereita (ou era un combinado?). Deixovos eiquí un dos seus chistes máis coñecidos "O da Estepa", un chiste no que a min non me fai rir solo o final, senón toda a interpretación que sen lugar a dúbidas é sublime.

Que grande era Eugenio!!!

mércores, 21 de outubro de 2009

Parabéns a Óscar e Mary

Na tarde de onte saltaba unha gran nova no entorno de Sobrado. Óscar e Mary por fin foron pais. Dende eiquí quérolle dar a miña máis sincera noraboa. Rapaces, agora xa sabedes..., chega a época dos pañales..., jajaja.

Bicos e abrazos.

Buraka som Sistema, temazo!



Hai apenas unhas horas que descubrín esta canción e pareceme un temazo impresionante. De estas cancións que a primeira vez que as escoitas daste conta que vai triunfar. Penso que non me vou equivocar. Ten moita forza... disfrutadea.

martes, 20 de outubro de 2009

O artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón,de cumpre

Crea tus propias portadas en soyportada.comCrea tus propias portadas en soyportada.com

34 aniños o contemplan dende hoxe, aquí o tedes nunha foto de arquivo. Segundo palabras textuais di que "cumpre máis anos que Cristo"..., duras declaracións de O Múxico. Seguro que hoxe o cumpleanos celebrarase por todo o alto.

A disfrutar figura!