venres, 28 de febreiro de 2014

Venres Música: HABÍA UN COMENDO



As veces, a pronunciación de frases en distintos idiomas na que o significado nada teñen que ver fainos sorrir coma neste caso...

Trátase do famosísimo Commander de Kelly Rowland, a min decide o que queirades, pero no estribillo di: "HABÍA UN COMENDO"...

Non sei se a canción vai adicada a algún restaurante...


Pasade bo ENTROIDO

Bicos e apertas

xoves, 27 de febreiro de 2014

800€ en Premios no Entroido de Sobrado 2014



Como ven sendo habitual cada Domingo de Entroido celébrase o Día Grande das citadas festas en Sobrado. Será dentro de 3 días, o Domingo 2 cando se repartan os 800 € en premios (sumando comparsas e Individual Infantil). Estades aínda a tempo de participar, tanto se sodes de Sobrado coma de outras localidades non dubidedes en apuntarvos e acudir á cita. Haberá Xogos para Nenos, Concurso de Disfraces, Sorpresas, máis Sorpresas, Sorpresas..., xogos  e máis xogos.

Para ver ampliada a INFO picade no cartel e veredes detallados os pormenores da Festa. 

* MOI IMPORTANTE: as COMPARSAS non poden ter menos de 4 INTEGRANTES (poden ser de calqueira idade) e a NIVEL INDIVIDUAL so poderán participar @s nen@s ata 14 anos.


mércores, 26 de febreiro de 2014

Viaxa a Euskadi coa C.F. Sobrado 2014


A polifacética Comisión de Festas Sobrado 2014 organiza unha Viaxe a Euskadi para a derradeira fin de semana de marzo.

Esta innovadora actividade terá como punto álxido o Xantar de Confraternidade cos emigrantes no Centro Galego de Barakaldo o sábado 29 de marzo.

Tod@s aquel@s que desexedes viaxar a Euskadi podedes poñervos en contacto coa Comisión de Festas nos teléfonos que vedes no cartel, alí explicaranvos as diferentes modalidades que conten a viaxe así coma os seus prezos. Quenes vivades en Euskal Herria e desexedes compartir mesa e mantel coa xente chegada de Sobrado podedes poñervos en contacto coa Comisión ou ben co Restaurante "Ribeira Sacra" que é onde se celebrara esta comida tan especial.

Un saúdo e GORA EUSKADI

luns, 24 de febreiro de 2014

A Porra: Xornada 19


A Xornada 19 da porra regálanos como partido estrela un apaixoante derbi da Capital como é o Atlético - R. Madrid. Será a 4ª vez que se enfronten nesta tempada contando Liga e Copa ámbolos conxuntos. No partido de ida de Liga o Atlético fora capaz de mollarlle a orella no Bernabeu ó equipo merengue con un solitario gol de Diego Costa. Pola contra nos recentes partidos de Copa do Rei foi o R.Madrid quen lle pasou por enriba ós colchoeiros. O Madrid estrea liderato esta fin de semana e parece que o equipo de Ancelotti chega en mellor momento ó derbi que o de Simeone pero amig@s, xa sabedes como son os derbis, que non entenden nin de estados de forma nin de puntuacións..., imperará o estado de forma do Real Madrid ou o Atlético ten algo que dicir? Xa podedes deixar os vosos pronósticos.

PARTIDOS:

ATLÉTICO - R. MADRID *
BARCELONA - ALMERÍA
ATHLETIC CLUB - GRANADA
DEPORTIVO - HÉRCULES
ATL. SOBRADO - SIGRÁS

A Porra: pugna trepidante



Segue a emoción e a pugna intensa na Porra 2013/2014. Esta xornada o líder Rubencillo volveu sumar 3 puntos logo de acertar o Deportivo 1 - Alcorcón 2 chegando así os 39 puntos na clasificación. Iván Combo sitúase agora en solitaria na segunda praza con 33 logo de sumar 3 puntos no R. Madrid 3 - Elche 0. Un dos triunfadores da xornada volveu a ser Villa que logra de novo 6 puntos tras acertar os partidos do R. Madrid e o Deportivo, estes mesmos partidos acertounos Finito. Tamén Chany e Isak sumaron nesta xornada, Chany acertou o partido do Bernabeu e Isak o partido de Alcorcón. Ninguén acertou o partido estrela: R. Sociedad 3 - Barcelona 1.

PARTIDOS:

R. SOCIEDAD 3 - BARCELONA 1 *
OSASUNA 3 - ATLÉTICO 0
R. MADRID 3 - ELCHE 0
ALCORCÓN 1 - DEPORTIVO 2
CIRE MELIDE 2 - ATL. SOBRADO 1

CLASIFICACIÓN:

1. Rubencillo 39
2. Iván Combo 33
3. Pitus 30
4. Villa 29
5. Chany 26
6. Isak 25
7. Esteban / Finito / José Antonio / Villalove 23
8. Josito 20
9. Lato 18
10. Vigo 14
11. Rubio 11
12. Emilio Tato 9
13. Maite / Petete 6
14. Suso 3




venres, 21 de febreiro de 2014

Venres Música - "Safe and Sound" - CAPITAL CITIES



Non é a primeira vez que se deixa ver este video polo blog pero é que o "Safe and Sound" de Capital Cities é demasiado bo como para colgalo solo unha vez. É un de estes temas que seguirá gustando aínda que pase o tempo.

Temazo para rematar a semana. Mañá cita MOI IMPORTANTE no D-Factory Room de Melide a partires das 00,00 horas co Monólogo do gran DAVID PERDOMO. Cita ineludible.

FELIZ FIN DE SEMANA

xoves, 20 de febreiro de 2014

Agochar a idade


Por máis que intento poñerme en situación sigo sen entender o porqué algunhas persoas amosan un pánico rotundo a decir a súa idade. Esa "paranoia" moitas veces fundamentada en "querer aparentar máis xoven" que non lle encontro sentido. Non sei se é defecto de nacemento do animal ou a cousa vai "increscendo" co paso do tempo. o caso é que o tema dos anos algunha xente levao realmente mal, con un sixilo e intriga parecido o de un capítulo de "Se ha escrito un crimen".

Quizais esas persoas que te queren enganar coa idade e que coñeces de primeira man ou ben por terceiros non se dan conta que moit@s do seu igual compartiron algún tipo de acción, actividade, formación, etc cos "susodit@s" e saben de sobra que "tasa de idade" lles marca o D.N.I.

Cada un/unha ten os que ten... e non hai máis! por moito que un desexe non telos. A idade é unha das cousas de que por desgraza para algun/has non se merca nin se vende aínda que dispoñas de todo o ouro do mundo.

O meu entender a idade é o de menos, hai xente que se sinte xoven tendo uns cantos (digamos moitos) anos e vicerversa. E xa non vou tocar o binomio FÍSICO/IDADE por que ahí poderíamos entrar nun debate do que non sairíamos en semanas.

Feliz xoves

luns, 17 de febreiro de 2014

A Porra: Xornada 18


A 18ª xornada da Porra tráenos un apaixoante Real Sociedad vs F.C. Barcelona como partido máis destacado. Un encontro entre dous dos conxuntos que mellor fútbol practican na Liga BBVA e que visto o potencial ofensivo dos dous equipos é máis que probable que o empate a 0 goles non sexa o resultado que campee no marcador unha vez rematados os 90 minutos regulamentarios. O partido terá lugar o sábado 22 de febreiro as 20,00 horas e será televisado por Canal +1.

PARTIDOS:

R. SOCIEDAD - BARCELONA *
OSASUNA - ATLÉTICO
R. MADRID - ELCHE
ALCORCÓN - DEPORTIVO
CIRE MELIDE - ATL. SOBRADO

A Porra: Rubencillo novo líder


Cambio de líder na Porra logo de que Rubencillo sumase 8 puntos ó acertar o partido da xornada. De esta forma sobrepasa a Pitus, o que ata onte era o líder. Rubencillo suma agora mesmo 36 puntos mentres Pitus, que non sumou nesta xornada segue con 30. Iván Combo, que tamén acertou o partido da xornada iguala no segundo posto a Pitus cos mesmos puntos.
Chany, que acertou o citado partido chega a terceira praza na que hai ata un total de 5 participantes con 23 puntos. Un de estes participantes é Villa que sumou 6 puntos nos partidos do Atlético - Valladolid e Getafe - R. Madrid.
Emilio Tato abandona a última praza da xeral logo de sumar 6 puntos nos partidos do Camp Nou e do Coliseum Alfonso Pérez.
Vigo tamén foi quen de sumar 3 puntos coa victoria do R. Madrid en Getafe mentres Rubio sumou 3 puntos no Barcelona 6 - Rayo Vallecano 0.
Xa por último eu puiden sumar tamén 3 puntos logo de acertar o Atlético 3 - Valladolid 0.

RESULTADOS:

DEPORTIVO 1 - SPORTING 1 *
BARCELONA 6 - RAYO V. 0
ATLÉTICO 3 - VALLADOLID 0
GETAFE 0 - R. MADRID 3
ATL. SOBRADO 1 - QUEIXAS 5

CLASIFICACIÓN:

1. Rubencillo 36
2. Iván Combo / Pitus 30
3. Chany / Esteban / José Antonio / Villa / Villalove 23
4. Isak 22
5. Josito 20
6. Lato 18
7. Finito 17
8. Vigo 14
9. Rubio 11
10. Emilio Tato 9
11. Maite / Petete 6
12. Suso 3

venres, 14 de febreiro de 2014

Remataron as Cicloxéneses? Si?... FESTA!!!



Parece ser que a Cicloxénese Explosiva que arrasou Galicia a pasada madrugada e esta mañá é a última de un ciclo 8 que nos ten a tod@s ata os mismísimos...

En teoría, e so en teoría, o luns mellora por fin o tempo..., agardemos e non cantemos victoria!!!

Como é venres e coa suma desta gran nova (se finalmente se produce) toca darlle caña a música para comezar a fin de semana.

Tócalle o turno a Lily Allen co seu "Hard Out Here".

DISFRUTADE!