martes, 15 de xullo de 2014

Los Deltonos, The Cornelius, Bestlife (underyourseat) e McKuin compartirán esceario en Sobrado

 Los Deltonos
 The Cornelius
 Bestlife (underyourseat)
McKuin

Desde hai unhas horas xa temos de xeito oficial a confirmación dos grupos que conformarán o cartel da X Edición do Festival Musical e Intercultural da Xuventude de Sobrado que se celebrará o sábado 9 de agosto na Praza do Concello.

Os míticos cántabros Los Deltonos, compartirán esceario con The Cornelius (banda pola que teño especial predilección), os ourensáns Bestlife (underyourseat) e McKuin, grupo tributo á Queen.

Así pois o Festival estará composto por 4 grupos no lugar de 2 como viña sendo habitual nos últimos anos. Nunha xornada que dará o inicio a XV Edición da Feira da Troita que se celebrará ó día seguinte.

O Festival coma nas outras edicións anteriores será GRATUITO.


Festa do Emigrante en Sobrado o 27 de xullo


Unha vez máis unha gran iniciativa da Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais de Sobrado fai que xurda en Sobrado unha nova data a ter en conta. Trátase do 27 de xullo onde está organizada a FESTA DO EMIGRANTE. Unha festa con temática nos Anos 60 que comeza as 12,00 horas onde os locais estarán ambientados, haberá tapas gratis, xogos infantís e coches Antigos. Ademáis se ves vestido da época terás PREMIO.
Haberá música dos anos 60 en Sesión vermú e logo na romaría que abarcará desde as 19,00 as 22,00 horas.

Parabens  a Organización por esta magnífica idea!!!

xoves, 3 de xullo de 2014

Que o ritmo non pare...



Xa o decía a canción: "que o ritmo non pare...", unha canción que tranquilamente podería estar relacionada con Sobrado nos meses do verán.

Hai 3 días remataba a Festa do San Pedro e xa estamos pretiño de outra, a do Día da Familia que este ano celebra xa a súa VIII Edición. Isto é un non pararrrrrrrr!!!

Será o Sábado 12 de Xullo e como ven sendo tónica xeral celebrarase na Área Recreativa de Pontepedra. A festa xa comeza ó mediodía onde centos de persoas, familias e amigos celebran un xantar conxunto. A música estará amenizada a partires das 14,00 horas pola Charanga A REGIONALISTA. Case o 100% da xente quédase tamén a cear así que como non podía ser de outro xeito tamén haberá "liada parda pola noite" co excelente Dúo LA HORA BRUJA que nos obserquiará con 3 horas de interpretación máis outra hora adiccional pinchando música. Vai ser a caña!!!

Haberá servizo de PULPEIRA, CHURRASCO e BAR. Agora pedir para que un ano máis respecte a climatoloxía.

xoves, 19 de xuño de 2014

Festas de San Pedro, Sobrado 2014


Coma cada ano por esta época, este blog vense facendo eco de todas festas que se celebran no noso querido pobo de Sobrado.

De esta volta abro novo post para referirme as Festas do San Pedro, o noso patrón que se celebrarán os  vindeiros días 28. 29 e 30 de xuño.

A Comisión 2014 na súa ansía por que non nos aburramos este ano suma un día máis de festa os dous que habitualmente tiñamos por estas datas. Así pois as festas comezarán o sábado 28 ó mediodía coa actuación de Escaparate. Á noite festa con  ESCAPARATE e un DÚO MUSICAL.

Domingo 29 (Día grande da Festa) sesión vermouth coa Banda Municipal de Padrón e a Orquestra Suavecito. Á noite foliada con SUAVECITO.

E para luns 30 ó mediodía Sesión Vermouth con un Grupo Musical.

Comentarvos tamén que haberá Misa Solemne os 3 días a partires das 13,00 horas na Igrexa Parroquial de San Pedro de Porta.

* Volver a incidir en que como gran preámbulo do San Pedro este vindeiro luns 23 de xuño celebrarase o San Xoán ó grande, coa actuación do Grupo AMÉRICA, con churrasco, con viño, con lume, moito lume...

VIDE A SALTAR O LUME A SOBRADO!!!

luns, 16 de xuño de 2014

II Campus de Fútbol Alex Bergantiños


O vindeiro 30 de xuño comeza o II Campus de Fútbol que leva o nome do xogador canteiran do Real Club Deportivo da Coruña "Alex Bergantiños". O citado campus é gratuito para os nenos e nenas censados nos Concellos de Sobrado e Vilasantar.

Se queredes ver toda a info premede dentro da foto do cartel publicitario.

Hai ata o 25 de xuño para escribirse, non vos despistedes!!!

venres, 13 de xuño de 2014

Venres Música


Rematamos a semana con un auténtico temazo, o "Shot Me Down" de David Guetta. Disfrutade do sol, da calor, da praia e do bo tempo en definitiva que xa lle ía tocando...

Mañá toca cea por todo o alto cos compañeiros de equipo e o Presi do Pub Q+? Fútbol Sala. Haberá que visitar a noite melidense logo...

Boa finde!!!

mércores, 11 de xuño de 2014

Festas da Xuventude de Teixero 2014: CAR - TE - LA - ZO



Sobran as palabras: animalada de cartel o que presenta a Comisión de Festas de Teixeiro 2014.

Non cabe dúbidas que vai a ser unha das mellores festas no que a orquestras se refire de Galicia neste verán que se aproxima: Panorama, París de Noia, Marbella, Cinema, Fania Blanco Show e Triunfo serán as encargadas de facernos bailar e vibrar a tod@s @s que asistamos os vindeiros días 18, 19 e 20 de xullo a Teixeiro.

Recordar tamén que o xoves 17 haberá a gran antesala ás festas que non é outra que a popular mexillonada que se celebra ano tras ano.

Felicitar á Comisión por tan ardúo traballo, sei de primeira man que traballaron e están a traballar moito para levar isto a bo porto.

Seguro que será un exitazo!!!

martes, 10 de xuño de 2014

A Porra: 1 punto de diferencia dalle o título de Campión a Rubencillo



RUBENCILLO é o novo Campión da Porra logo de impoñerse por so 1 punto ó 2º clasificado Isak. nunha última xornada de infarto. Antes de comezar a xornada Rubencillo distanciaba a Isak en 9 puntos. Na xornada do sábado Isak sumaba 8 puntos logo de acertar o partido da xornada. Para o domingo solo quedaba o Numancia - Eibar que ambos acertaron o poñer o mesmo resultado. 

Así pois a clasificación queda como sigue nos seus 3 primeiros postos: 1º Rubencillo, 2º Isak e 3º José Antonio.

Nesta última xornada Isak sumou 11 puntos (Lugo - Mirandés / Numancia - Eibar), José Antonio tamén sumou 11 puntos (Lugo - Mirandés / Córdoba - Mallorca), Rubencillo 3 (Numancia - Eibar) e Finito 3 (Numancia - Eibar).

Desde aquí darlle a Noraboa a RUBENCILLO e solicitarlle que se poña en contacto conmigo no correo victor_lato@hotmail.com para recibir o seu merecido premio coma gañador. En outubro volveremos coa 6ª Edición da Porra.

Darvos as grazas a tod@s por participar!!!

RESULTADOS:

LUGO 1 - MIRANDÉS 0*
GIRONA 3 - DEPORTIVO 1
NUMANCIA 1 - EIBAR 1
LAS PALMAS 3 - PONFERRADINA 2
CÓRDOBA 0 - MALLORCA 0

CLASIFICACIÓN FINAL:

1. RUBENCILLO 73
2. Isak 72
3. José Antonio 62
4. Iván Combo 59
5. Villa 54
6. Pitus 47
7. Emilio 45
8. Finito / Villalove 43
9. Lato 39
10. Esteban 37
11. Chany / Vigo 35
12. Josito 32
13. Petete 31
14. Rubio 14
15. Suso 12
16. Maite 9

xoves, 5 de xuño de 2014

Grupo América no San Xoán de Sobrado



O listón do San Xoán de este ano en Sobrado acada unha altura difícilmente superable. A Comisión de Festas, ademáis da mítica fogueira e churrasco obsequianos nin máis nin menos que coa actuación do Grupo AMÉRICA.

Cando vin o cartel quedeime sen palabras pois AMÉRICA desde sempre foi unha das miñas formacións favoritas pola súa música completamente diferente ó resto de grupos e orquestras que circulan polo verbena galega: Pink Floyd, Queen, Tino Casal, Survivor..., son unhos pedazo de músicos.

A festa terá lugar o Luns 23 de xuño na explanada do Pavillón Polideportivo a partires das 21,30 horas. Xa sabedes, churrasco a fartar, viño (en abundancia), postre, café (con gotas), servizo de bar, e sobretodo LUME, MOITO LUME.

Parabens a Comisión de Festas 2014

luns, 2 de xuño de 2014

A Porra: Xornada 33 (Última)


Chega a derradeira xornada desta V Edición da Porra co título de Campión aínda por decidir e con varios participantes con serias aspiracións de acadalo (recordemos que cada xornada pódese sumar ata un total de 30 puntos no caso de acertar os 5 encontros).

O partido da Xornada será o CD Lugo - Mirandés onde ambos equipos se xogan a permanencia na Liga Adelante (quen llo diría ó Lugo hai unhas xornadas). En todos os partidos haberá emoción ata os instantes finais por todo o que se xogan. 

Xa podedes subir os vosos pronósticos:

PARTIDOS:

LUGO - MIRANDÉS *
GIRONA - DEPORTIVO
NUMANCIA - EIBAR
LAS PALMAS - PONFERRADINA
CÓRDOBA - MALLORCA