martes, 25 de agosto de 2009

Bingo!

Por fin, este ano sí. A décima Edición da Feira da Troita resultou ser un éxito en todos os aspectos: en afluencia de público, en climatoloxía, en actividades, en publicidade e incluso no que máis se resistía: nos concertos.


Ith e Celtas Cortos encargáronse de que a V edición do Festival Musical e Intercultural da Xuventude tivese unha afluencia masiva de espectadores que vibraron co espectáculo destes dous grupazos. Daba gusto ver a praza de Sobrado chea de xente que estaba a disfrutar co festival.

Sen lugar a dúbidas que os concertos do sábado son ata o de agora os de máis éxito e mellores recordos que se celebraron na historia da Feira da Troita, o ímportante número de espectadores así o confirma.


Celtas Cortos amosaron ser moi profesionais tanto enriba do esceario coma fora de él, algo que explica o porqué dos seus 23 anos de existencia. Cifu e os seus raiaron en Sobrado a un gran nivel.
Pero tras este éxito nocturno agochase unha xornada que comezou as 09.30 horas AM que comezou de maneira negativa pois o esceario chegou hora e media tarde para a montaxe e os nervos a estaban a flor de pel... o tema xa ía con retraso. Pola media tarde a historia complicouse moito máis cando un xerador eléctrico emperrouse en non querer encender e o outro xeradorestábase utilizando para as luces polo que o risco de quedarse sen concertos pululaba polo aire. Nese momento encontrábame atacado dos nervos e rezando como xamáis o fixen. Grazas a colaboración de Pazitos, de Esteban e do pai de este último o xerador arrancou logo de media hora de intenso traballo que fixo que todos respirásemos de alivio.
A noite foise achegando e con ela os espectadores para o festival. Media hora para ducharse (sen cear) e de novo para a praza (coñezome todas as lousas de memoria) a abrir os camerinos para Celtas Cortos.
Comezou ITH con un rock potente e coa maravillosa voz de Thais (que talento ten esta rapaza), os Folgueira, Toxo, Miguel, etc, entregaronse o público sobradés e o respetable soubo agradecelo con aplausos e ovación para estes fenómenos.
As 00.30 horas chegou o prato forte: Celtas Cortos. Non se fixeron agardar moito e tras comezar o concerto con 3 cancións do seu novo disco "40 de abril" arrancáronse co "Haz Turismo" que fixo a xente botar. 2 horas estiveron os pucelanos sobre o esceario aínda que lles fixo falta pouco tempo para meterse o público no bolsillo logo de interpretar varios temas dos máis coñecidos do seu repertorio. Cifu e a súa banda amosaron o seu bo facer e a súa profesionalidade na praza sobradesa lonxe de outros grupos e orquestras que prefiren "o circo" antes que a música. O público soubo recoñecer a gran actuación coa que nos deleitaron e logo de interpretar como última canción "No nos podrán parar" soaron aplausos para dar e tomar. Logo de 26 temas o concerto acababa de ser un éxito. Debo confesar que cando acabou o espectáculo eu encontrabame exultante pois logo de que en edicións anteriores por un motivo ou outro o Festival non arrincase pódese decir que este ano si foi o bo e confiemos que esto vaia en progresión.
Tras o concerto tocou estar pendentes do desmonte do esceario así como de que todo estivese a gusto dos artistas que hora e media despois abandoaron os camerinos, algúns para irse o hotel e outros para tomar algo polos bares do pobo. As 6 AM o esceario quedou libre completamente e cheguei a cama as 6.30 AM con bastante cansancio... e o peor era que me quedaban pouco máis de 3 horas para durmir.

A mañá do domingo amaneceu con sol, as 10.30 horas xa facía bastante calor que auguraba un día expléndido. Nada máis chegar a praza puiden observar que a Radio Galega estaba a instalar a unidade móvil para facer un programa de tarde en directo que durou dende as 17 ate as 21 horas e onde tanto os periodistas coma os técnicos de son encabezados polos sobradés Suso Santos amosaron a súa amabilidade e atención con nos.
Pola mañán últimos retoques con respecto a feira da troita: preparar os premios en metálico para a baixada de carrilanas, buscarlles algunhas solucións para arranxar minúsculos problemas dos artesanos, preparar os agasallos para o pregoeiro, etc.
Precisamente cando se estaba a producir o pregón de Valentín Tato comezou a soprar o vento e a nubrarse, parecía coma se quixese chegar a tormenta pero esto tan só foi un amago e axiña se despexou. O número de xente que estaba na praza a degustar "troita á montañesa" a esas horas era moi elevado. Logo do pregón actuou o grupo local "A Maristela" de Sobrado e de seguido a Charanga Vendaval que animou a comida así coma tamén a baixada de Carrilanas.

Os meus compañeiros do Club Atlético Sobrado Xuventude foron os encargados de elaborar as troitas con moito éxito. Tamén houbo varios colaboradores e colaboradores que votaron unha man (graciñas a tod@s).
Xa chegada a tarde e co estómago cheo a xente seguiu disfrutando das actividades pola tardiña, tanto nas carrilanas, coma presenciando o programa en directo da Radio Galega. Un dos puntos fortes da tarde foi cando Carnabrasil Show interpretou en directo para a Radio Galega un par de temas que fixo que se concentrase un número importante de espectadores que fixo colapsar a estrada que atravesa o casco urbano. Logo a comitiva brasileira dirixouse facendo un pasarúas pola estrada para despois actuar na praza do Concello por un tempo de unha hora. Estes brasileiros e brasileiras ademáis de ofrecer un espectáculo alucinante de capoeira, son de batucada e baile fixeron participe o público que tamén tivo a oportunidade de bailar no gran circulo que se formou na parte superior da praza.
Como broche de outro o concerto de Brath pechou unha xornada festiva que a nivel xeral deixou un bo sabor de boca. A nivel persoal a satisfacción é completa pero sempre coa idea na cabeza de que na vindeira edición se mellore o de este ano.
Grazas a todos polos apoios recibidos.
Saudos
P.D: déixovos a crónica de "La Voz de Galicia" de onte luns relativa a X Feira da Troita de Sobrado.
Mención especial para Juan González "Karnotxo" polas súas fotografías (estas que vedes nesta entrada) e pola súa atención.





3 comentarios:

SILVIA (BCN) dixo...

Y yo sin poder estar ahi, vaya tela.
Un beso

Raquel dixo...

Hola!

Ya de vuelta en tierras vascas y con algo de morriña, bastante...Quería dar la enhorabuena a todos/as los/as que habéis participado en la organización de esta última Feira da Troita. Un exitazo sin lugar a dudas. Seguro que mucho trabajo, pero mereció la pena. Ponía los pelos de punta ver Sobrado el sábado noche con ese 'pedazo de ambiente'. Felicidades! nos vemos prontito, un beso.

Unknown dixo...

Silvia: en serio que estuvo muy bien. Ith lo hicieron genial, Celtas Cortos ofreció 2 horas de una intensa actuación por fin hubo espectadores como Dios manda en el festival. El domingo hubo mogollón de gente, la Radio Galega en directo le dió un toque especial y los brasileños gustaron mucho pero mucho mucho. De hecho mucha gente ya ha pedido que vuelvan para la próxima edición.

Raquel: Gracias de verdad, hemos puesto toda nuestra ilusión, la climatología acompañó y la gente se animó a venir a Sobrado a disfrutar de la Feira da Troita, para mi es todo un orgullo ver la cantidad de gente que se aglutinó en ambos días. Fue algo muy especial. Ojalá el año próximo haya más y mejor de todo.

Besos.

P.D: vete preparando para los Dolores que se prevee que van a ser duros e intensos, ja ja ja.