luns, 19 de outubro de 2009

00659, insistimos


Dende que formamos parte da Comisión de Festas Sobrado 2007: Lisardo, Pazitos, Calvete, Manolo, Javier e un servidor xogamos cada ano na Lotería de Nadal o número que tivemos a venda nese inolvidable ano: 00659; un número doado de lembrar e que nos 2 últimos sorteos tivémolo que importar de fora de Galicia pois non estaba a venda na nosa comunidade. Hoxe chegaron a miña casa 8 décimos procendentes de unha das Administracións de Lotería máis coñecidas de España: Doña Manolita, ubicada na Gran Vía madrileña.
Constame que aínda hai décimos de este número a venda así que se o desexades buscadeo na web da Organización Nacional de Loterías www.onlae.es e pedideo. Non vaia ser que o día 22 de decembro en canto saia premiado co "Gordo" o 00659 vos acordedes que caeron 2.400.000 € en Sobrado a uns rapaces que foron da Comisión hai un par de anos.

Saudos.

4 comentarios:

vero86 dixo...

Xa nos jodería moito, que o anuncies aquí, vos toque e ninguén dos que lemos esto o buscáramos cando ainda estamos a tempo!! É pa darse cabezazos contra a parede jejeje

Unknown dixo...

Pois por se alguén aínda non o leu volvo a repetilo: 00659, "3 millóns de euros" 00659 "3 millóns de euros" 00659 "3 milloooooooooooooooonssss de euuuuuuurooooooooosssss", jajaja.

Que malo son.

Anónimo dixo...

O muxico di:
Lato este ano fijo que toca,din que á terceira vai a vencida, non?
jajaja

vero86 dixo...

Bueno, faille caso a eso de que á terceira vai a vencida... o noso cura párroco fai participacións todos os anos para a parroquia e non lle toca nunca, nin á terceira nin nada, e iso que soña q lle toca... e nin con esas!! jajaja

A ver se este ano hai sorte...