venres, 30 de setembro de 2011
Hai onte 15 anos...
Moi boas, logo de un mes sen case actividade por mor das vacacións volvemos a andar por este espazo aínda recén chegado de Portugal. Como o luns comeza a miña vida normal, tamén é xusto que o blog volva o seu día a día.
Para hoxe temos un recordatorio moi especial e simpático. Onte fixo nin máis nin menos que 15 anos (como pasa o tempo) do famoso "Rafa no me jodas". Aquel partido do ano 96 Zaragoza - Barcelona onde tivo como protagonistas principais o linier leonés (agora mediático, moito grazas en parte a esta "fazaña", Rafa Guerrero, e o colexiado de ese encontro, o asturiano con raices en Sobrado Mejuto González. Non fai falta que vos conte a película, que xa todos máis ou menos a sabedes mais deixo un video para refrescar a memoria e de paso votar unhas risas con unha frase que se fixo famoso no mundo futboleiro e que sen lugar a dúbidas se segue a usar.
Saudos e que teñades unha boa fin de semana.
martes, 20 de setembro de 2011
Remataron os Dolores 2011
A climatoloxía respetou bastante e agás unhas pequenas gotas de auga na noite do sábado que se quedaron en mera anécdota podemos decir que o balance xeral do tempo foi de notable.
Unha vez máis quero agradecerlles a Chino, Esteban e Nando a súa valentía para facer fronte a unhas festas que quedaban sen facer e que foron espectaculares.
Tamén desde aquí aproveito para darlle moito ánimo a Comisión 2012: Borja, David e Mingos que seguro que o seu bo facer se verá recompensado do mellor xeito posible que é ateigar de xente o pobo en datas tan sinaladas. Desde xa póñome a vosa enteira disposición para colaborar no que queirades e teñamos unhas felices festas.
Que haxa sorte!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)