martes, 20 de setembro de 2011

Remataron os Dolores 2011

Xa estamos plenamente recuperados da gran festa dos Dolores 2011 que tivemos esta fin de semana aquí, en Sobrado dos Monxes.
A climatoloxía respetou bastante e agás unhas pequenas gotas de auga na noite do sábado que se quedaron en mera anécdota podemos decir que o balance xeral do tempo foi de notable.
Unha vez máis quero agradecerlles a Chino, Esteban e Nando a súa valentía para facer fronte a unhas festas que quedaban sen facer e que foron espectaculares.
Tamén desde aquí aproveito para darlle moito ánimo a Comisión 2012: Borja, David e Mingos que seguro que o seu bo facer se verá recompensado do mellor xeito posible que é ateigar de xente o pobo en datas tan sinaladas. Desde xa póñome a vosa enteira disposición para colaborar no que queirades e teñamos unhas felices festas.

Que haxa sorte!!!

2 comentarios:

ToquesCF dixo...

Boas tarde victor, informate que o noxo blog volve a estar operativo coa novidade de q podedes consultar todas as noticias do blogue atraves dos terminais mobiles, gracias a creación dun novo diseño para que a lectura sexa mais facil. Un ha apertaaa

Unknown dixo...

Boa tarde amigo, alégrome moito da nova, é interesante para o fútbol da nosa comarca que as bitácoras estén máis ou menos o día. Xa me pasei a facervos unha visita e deixeivos unha mensaxe.

Unha aperta