venres, 18 de novembro de 2011

"Titanium" David Guetta feat. Sia



Viernes importante no que a deporte se refire o día de hoxe. A partires das 21.45 horas no Pavillón de Salesianos (A Coruña) xogámonos unha parte importante da tempada para engancharnos á Liga. Estamos pagando a novatada da División de Honra e debemos comezar a sumar de 3 en 3 puntos se queremos manter a categoría. O equipo leva un par de partidos mellorando a súa imaxe e quizais a sorte que tivemos nalgúns encontros a tempada pasada está a faltar nesta. Está claro que cando tes a rutina de gañar todo sae de cara e o esférico entra (disculpádeme pola frase) ata co cu. Sen embargo cando estás en racha perdedora todo se che volve na túa contra e precisamente é sobre iso no que debemos incidir e loitar a partires de hoxe. A sorte as veces, se pos algo da túa parte, tamén pode cambiar. Polo tanto estou seguro que os meus compañeiros de equipo o igual ca min sairemos enchufados desde que o colexiado pite o inicio do encontro en prol de unha victoria que se presenta coma fundamental contra outro recén ascendido como é T. Dicarpe F.S. que quedou empatado a puntos con nós, o Pub Q+? a tempada pasada.

Déixovos un tema que está a causar furor nestas últimas semanas a nivel mundial, é o "Titanium" da máquina francesa Guetta, acompañado para a ocasión do vozarrón de Sia.

Disfrutadeo e que teñades unha boa fin de semana.

Sede mal@s

Bicos.

Ningún comentario: