mércores, 9 de maio de 2012

Gora Athletic

Hoxe a partires das 20.45 horas celébrase a Final de UEFA Europa League en Bucarest entre dous equipos da Liga BBVA. O Atlético de Madrid (local) e o Athletic Club de Bilbao (visitante). Como podedes observar no título o meu apoio vai a estar a morte co equipo de Bielsa, sen lugar a dúbidas, a escadra que máis e mellor fútbol amosou en toda a Competición. Increible as fazañas dos "leóns" este ano por Europa adiante tumbando a colosos con moito máis presuposto como Manchester United, Schalke 04, Paris Saint Germain ou Sporting Clube de Portugal. Pero é que non so derrotou a estos equipos a nivel de marcador senón que futbolísticamente deron leccións de como se xoga o fútbol algo máis que meritorio se pensamos que estes xogadores comezaron este ano outra filosofía futbolística, Bielsa e Caparrós difiren bastante un do outro en ideas sobre o céspede. Todas as formas son válidas para gañar, Marcelo básese no xogo de toque e combinativo, Joaquín na practicidade e xogo máis directo pero se me dan a elexir quédome coas ideas do "Loco". Penso que vai ser un encontro bonito de ver para o espectador pois o Atlético é unha gran escadra e posee xogadores desequilibrantes que poden decidir un partido: Falcao, Adrián, Arda ou Diego son capaces de resolver un partido de esta índole máis estou ansioso por ver a Iraola levantar esa Copa e máis aínda ver a gabarra celebrando o título na Ría de Bilbao. A última vez que houbo celebración grande no "Botxo" eu era moi pequeno e apenas teño uns poucos recordos do festexo. Os meus ollos piden refrescar estas imaxes e ver a Llorente e Cía ofrecendo o seu título os milleiros de afecioados do Athletic Club que están espallados polo mundo adiante. GORA ATHLETIC!!!

2 comentarios:

vero86 dixo...

Eu tamén tiña a esperanza de que gañaran os bilbaínos, máis que nada por aquelo de que os trofeos queden máis rapartidos. Logo de tantos anos, xa lles tocaba traer un novo trofeo á súa terra. Peeero... os fútbol é así!
Polo menos gañou un equipo español.

Unknown dixo...

Pois sí, a min fastidioume un montón que non gañara o Athletic pero hai que recoñecer que o Atlético foi moi superior e é xusto campión. De todos modos, o Athletic será recordado coma o mataxigantes da competición e a escadra que mellor fútbol diseñou ó longo da competición. Como ti ben dis, polo menos gañou un equipo español, parabéns o Atlético e a tod@s @s atléticos que seguro que o celebraron ó grande.