xoves, 7 de xuño de 2012

Manolo Preciado, un grande entre os grandes

O día amaneceu coa fatal e sorpresiva nova da repentina morte do adestrador de fútbol Manolo Preciado que curiosamente mañá iba ser presentado como novo manager do Villarreal CF.
Manolo déixanos con tan só 54 anos e deixa orfo a todo o país de un personaxe peculiar, moi querido, natural, que sempre foi de fronte e o que a vida como él dícía "golpeuno varias veces".
Como seguramente a maioría de vos sabedes con 42 enviudou logo de que a súa muller non superase un cancro de pel, dous anos despois o seu fillo Raul falecía con tan so 15 anos nun fatal accidente de moto. O ano pasado Preciado sufriu outro revés como foi a morte do seu pai logo de ser atropelado polo coche que empurraba.
A pesares de todo, Manolo sempre foi un tío positivo que nos deixou frases que forman xa parte do fútbol e da vida cotidiana, un tío humilde, traballador, honrado e que se xa antes a xente o valoraba agora que xa non está entre nós valorarase moito máis. Hai 3 meses Canal + emitiu unha magnífica entrevista que Mónica Marchante lle fixo ó adestrado en Gijón, se tedes a oportunidade de poder vela non vola perdades, merece moito a pena e resume ben as claras o tipo de persoa que era Manolo, un tío auténtico (como se definía él).

Deixovos un enlace de El País de hoxe que me encantou para que os que o desexedes o poidades ler. Quédame pena non poder velo como adestrador do Depor (sonou no seu momento), quizais o corazón de Preciado sufriu demasiados golpes e esta madrugada xa non puido resistir máis... DEP

http://deportes.elpais.com/deportes/2012/06/07/actualidad/1339068459_989922.html

Ningún comentario: