mércores, 22 de agosto de 2012

Festas dos Dolores 2012

Xa temos oficialmente o cartel das Festas dos Dolores 2012 de Sobrado dos Monxes. Como vedes hai moitas e agradables sorpresas. A comisión organizadora quíxolle dar unha volta de rosca o habitual de "todo orquestras" e non rendirse os encantos repetidos e tripitidos de Panorama, París, Olympus, Panorama, París, Olympus..., visto en tantos e tantos carteis das festas galegas.
Sen lugar a dúbida a actuación estrela das festas terá lugar o domingo 16 co concerto de LA GUARDIA. Sábado tamén será un día importante para rememorar tempos pasados con LA DÉCADA PRODIGIOSA. Ademáis este día a festa prolongarase ata entrado o día como é tradición en Sobrado desde tempos dos nosos avos.
O venres reseñar que nos visitarán dous orquestróns, igual moit@s de vos non os coñecedes porque non son formacións galegas, eu teño o privilexio de coñecer a Hollywood de Santander e poño a man no lume a que vai deixar coa boca aberta ó persoal, un auténtico espectáculo. De Estrella del Norte teño moi boas referencias e polo visto vai na liña de Hollywood, así que a noite será espectacular.
Sinalar as dúas formacións que darán "caña", para pechar o sábado e domingo, algo que a xente de Sobrado lle encanta. O sábado será Kosmos, quen faga saltar e berrar e o domingo será Canadá. Recordade ben este cartel e estas formacións, de momento son novidades en Galicia en vindeiros veráns verédelas anunciadas en moitas festas da zona, ó tempo...

NORABOA A COMISIÓN DE FESTAS, FESTAZAS!!!

3 comentarios:

vero86 dixo...

Vasme perdoar, pero... os mesmos días son as nosas!! Sinto dicirvos que non ides ter moito público, eh... jijiji.

Unknown dixo...

Ti cresssss????? jajajajajajajaja. Pois a min dame que non é que vaia a estar a rebentar..., o seguinte! coma todos os anos vamos!

vero86 dixo...

Bah bah bah! Palabras... palabras... jejeje. É broma.
Que teñades unhas boas festas e se vos sobra xente mandádenola jajaja.