mércores, 17 de outubro de 2012

11 anos de unha xesta espectacular

O 17 de outubro de 2001 o Real Club Deportivo da Coruña escribiu con letras de ouro o seu nome na historia da máxima competición europea. A Uefa Champions League.
O equipo naquel momento dirixido por Javier Irureta conseguiu unha gloriosa victoria 2-3 en Old Trafford. O "Teatro dos sonos" de Manchester quedou coa boca aberta o ver a exhibición de fútbol que o equipo coruñés lle infrixiu ó Manchester United.
Con esta victoria os branquiazuis lograron ser o 6º equipos europeo que lograba gañar en Old Trafford en competición continental (algo o alcance de moi poucos).
Nese partido erixiuse a figura de Diego Tristán, autor de dous goles esa noite, o primeiro un golazo de cabeza gañándolle a partida a defensa dos Red Devils e o segundo logo de unha falta de entendemento entre o cancerbeiro francés Fabien Barthez e Wes Brown. O da Algaba andivo listo, recuperou o esférico no pico da área grande rival e logo de un sutil regate finalizou con un disparo que impactou na rede local.
O outro gol foi obra de Sergio González (curiosamente os dous mesmo goleadores que na final do Centenariazo en Madrid). Ruud Van Nistelrooy foi o autor dos dous goles red que de nada serviron pois os 3 valiosos puntos voaron a Coruña nunha tempada, a 2001-2002 que foi para enmarcar nas 3 competicións dando verdadeiras leccións de fútbol alá por onde iba.
Analizado esto un dase conta do rápido que pasa o tempo e dos bos e grandes momentos que nos ofreceu (e segue ofrecendo a outro nivel) o Real Club Deportivo, cada día que pasa estou máis orgulloso de ser Deportivista.

FORZA DEPOR

3 comentarios:

vero86 dixo...

E tanto que pasa rápido o tempo!
Parece que foi onte.
Canto me gustaba aquel Dépor, e canto me gustaría que volvese ser así!
Está claro que os mesmos homes non volverán, pero se o noso equipo conseguise volver competir como o facía daquela, vamos... dou chimpos de alegría como os que daba daquela! jejeje.
Que saudade daquel tempo, carai...

P.D.: Por certo, 2001. 17 de outubro do 2001. ;)

Víctor Cabanas dixo...

Como teño a cabeza..., fóiseme a 2011, case nada!!! uffff, rectifico agora mesmo. Grazas polo aviso Vero.

Saúdos

Anónimo dixo...

El título es magistral, "11 anos de unha xesta espectacular", once años es el período 1993-2004, un intervalo irrepetible de doce temporadas que ya quisieran muchos. Tres pichichis, tres zamoras, cuatro tercer puesto, otros cuatro segundo puesto y, ¡cómo no!, una liga más dos copas, la primera en euros, y sus tres consiguientes supercopas, porque, eso sí, ya que se juega, de paso se gana, y así, de veintinueve ediciones, los dos dioses se llevan diecinueve, siete equipos, una, y el tercer puesto para el más grande de los mortales.
Como anécdota, comentar que el equipo por el que siente sus colores (color apagado, todo hay que decirlo) el señor Michael Jesús falla cuando se cuela en las finales de la copa del Rey, 1994 y 2001 con el Zaragoza en ambas ocasiones, y al año siguiente tiene que ir el Deportivo y rematar la faena aunque se llamen Valencia o Real Madrid el contrario.
Ya va siendo hora de ver al equipo celeste en otra final de copa, y estar atento a la final del ejercicio siguiente.

Salinche rabudo. Rapaz, para la semana hablamos.