martes, 11 de decembro de 2012

Outro título para a vitrina

Comentaba a semana pasada nun post da celebración do Campionato de Tute que organizaba a Comisión de Festas 2013 en Sobrado o pasado venres. Esa mesma tarde anunciei no Facebook que Pazitos e eu xa estabamos prestos e dispostos para gañar o campionato e así foi.
Na rolda de grupos xogamos contra as parellas Quinto-Diego, Esteban-Pichi e Carlos-Moncho. Clasificámonos para cuartos de final gañándolle nesa rolda a Toñito e Jacobo. En semifinais derrotamos a un clásico dos campionatos de tute de toda a comarca como é Armando de Cesuras e o seu compañeiro Sergio. Para rematar, na Gran Final os derrotados foron Li e Simón. Esté título de Campións de Tute de Sobrado ven a sumar o que acadamos en Teixeiro en 2008 e nas Cruces en 2009. Ademáis nese mesmo ano, no 2009 tamén caeu o título de campións de Repesca de Sobrado.

BIEN PAZITOS BIEN, REVIÉNTALOS!!!

2 comentarios:

Suso dixo...

¿Para cando as olimpiadas???

Unknown dixo...

Como fagan o Tute Olímpico alá nos vamos a Rio para o 2016. Non sería mal lugar para comezar a competir a nivel internacional..., jajajajajajaja.