martes, 29 de xaneiro de 2013

O Camiño Norte en apenas 40 minutos



 4 peregrinos granadinos puxéronse en contacto via email conmigo para amosarme esta maravilla. Trátase do percorrido do Camiño Norte de Santiago que os protagonistas do documental fixeron no ano 2011 e no que evidentemente pasaron por Sobrado.

 Se tedes 39 minutos e 24 segundos das vosas vidas para adicarlle a ver esta obra estou seguro que non vos defraudará. No documental apreciase a maxia, o intento de superación diaria e tamén a diversión que supón facer o Camiño de Santiago.

 Os que teñades redes sociais se facedes o favor difundideo por que así é o desexo dos 4 peregrinos protagonistas de este documental. Un documental no que compre decir por outra parte que está a ter moi boa acollida incluso de algún crítico de cine. Un periódico local granadino "Ideal" fíxose eco de este video o día seguinte a ser subido á rede.

 A historia arranca en terras Asturianas e remata na Praza do Obradoiro, a min encantoume. Ogallá que a vos tamén.

Ningún comentario: