luns, 13 de xaneiro de 2014

Balón de Ouro 2013


Que os periodistas deportivos andaban máis perdidos que Tom Hanks en Náufrago era algo que xa todos tiñamos claro desde hai tempo. 

Penso que coma min, moitos de vos estades "ata o carallo" (con perdón da expresión) de tanta parafernalia, tanto debate gratuito e tanta babosada periodística sobre quen ía gañar o balón de ouro 2013. 

Que se Franck Ribery polos títulos logrados, que se Cristiano Ronaldo polos goles conseguidos ou se Lionel Messi polo seu xogo ó longo do pasado ano... 

Pois non, a sorpresa saltou e o Balón de Ouro non será para ningún dos tres senón que o gañador é: RODOLFO BODIPO. O exdeportivista con unha longa traxectoria no mundo do fútbol, logo de prestar os seus servizos a Recreativo de Huelva, Racing Club de Santander, R.C. Deportivo e agora no C.D. Xerez acada os seus 35 anos un premio que dignifica así unha vida de loita e sufrimento diario, con entrega constante, pelexando en cada adestramento por gañarse entrar no 11 inicial cada fin de semana. 

Finalmente o internacional por Guinea acudiu por sorpresa na mañá de hoxe a Suiza e nunhas horas será condecorado co máximo galardón mundial a nivel individual o que pode optar un futbolista.

Desde este blog queremos felicitar a "Bodi", estamos seguro que a celebración será a altura das circunstancias.

P.D: non se descarta que durante o festexo sone o "Follow the leader".

Ningún comentario: