xoves, 20 de febreiro de 2014

Agochar a idade


Por máis que intento poñerme en situación sigo sen entender o porqué algunhas persoas amosan un pánico rotundo a decir a súa idade. Esa "paranoia" moitas veces fundamentada en "querer aparentar máis xoven" que non lle encontro sentido. Non sei se é defecto de nacemento do animal ou a cousa vai "increscendo" co paso do tempo. o caso é que o tema dos anos algunha xente levao realmente mal, con un sixilo e intriga parecido o de un capítulo de "Se ha escrito un crimen".

Quizais esas persoas que te queren enganar coa idade e que coñeces de primeira man ou ben por terceiros non se dan conta que moit@s do seu igual compartiron algún tipo de acción, actividade, formación, etc cos "susodit@s" e saben de sobra que "tasa de idade" lles marca o D.N.I.

Cada un/unha ten os que ten... e non hai máis! por moito que un desexe non telos. A idade é unha das cousas de que por desgraza para algun/has non se merca nin se vende aínda que dispoñas de todo o ouro do mundo.

O meu entender a idade é o de menos, hai xente que se sinte xoven tendo uns cantos (digamos moitos) anos e vicerversa. E xa non vou tocar o binomio FÍSICO/IDADE por que ahí poderíamos entrar nun debate do que non sairíamos en semanas.

Feliz xoves

3 comentarios:

Vero86 dixo...

Despois dun tempo sen ler o blog, non sabes como me gusta volver e ler esta entrada.
Gústame como o escribes.

O tema da idade, os anos que supostamente aparenta un e todo iso a min cánsame bastante: levo media vida escoitando que non aparento os anos que teño, que supostamente parece que teño uns cantos menos. E non sabes a de teorías que desarrolla a xente para explicarche de onde sacan tal apreciación! Flipante ás veces.

Así que tes razón, é un debate do que non sairiamos en semanas.

Lato dixo...

Grazas polas túas palabras Vero. Sempre gusta que a xente comente os post pense ou non igual ca min. Neste caso é algo que lle levo dado moitas voltas e a pesares de que pasa o tempo vexo a moita xente non avanza nese senso. En fin... aló cada un/unha coa súa movida..., en fin,eu teño 35 e en maio caen 36, sintome ben orgulloso deles e nin pretendo nin quero que a xente pense que teño menos.

Un saúdo e grazas por comentar.

Anónimo dixo...

https://www.youtube.com/watch?v=fOlc1mku3Go

http://www.youtube.com/watch?v=KLvuoszMnOE

El caso es que la peña cumple los 65 y ya no quieren aparentar menos. Si presumen de 58 que trabajen siete años más. Tururú.

Vámonos a la porra