luns, 14 de decembro de 2009

A Porra: Finito pon terra de por medio

Impresionante puntuación a acadada por Finito na porra desta fin de semana logo de que acertase os resultados do Almería-Deportivo e o Valencia-R. Madrid, destacándose así sobremaneira na clasificación xeral e converténdose no primeiro participante en acertar dous resultados nunha soa xornada. Os demáis particapantes desta séptima xornada da porra non conseguimos acertar ningún dos 4 marcadores en litixio.
Estes foron os resultados:

Laracha B 1 - Atl. Sobrado 1

Almería 1 - Deportivo 1

Valencia 2 - R. Madrid 3

Barcelona 1 - Espanyol 0

CLASIFICACIÓN XERAL:

1. FINITO: 4 puntos
2. LATO: 2 puntos
3. PITUS, FERREIRO9, ESTEBAN: 1 punto
4. ALBERTO, PETETE, EMILIO, ANTÓN: 0 puntos

venres, 11 de decembro de 2009

Que teñades boa fin de semana



Hoxe deixovos a canción que fixo famoso a Craig David coma antesala da fin de semana. Agardo que a disfrutedes, aínda que de seguro que moitos de vos aínda están a recuperar da recente ponte.

Saudos, sede bos!

xoves, 10 de decembro de 2009

Con moitas "agallas"

Na noite de onte todos os que formamos parte do plantel do Pub Kemais que disputa a Liga de Salesianos da Coruña levamos a alegría máis grande no que levamos de competición; derrotamos ó ata onte líder invicto do Grupo II de 2ª División, o Vinoteca Confort. Un equipo o líder que foi moi superior a nós e que nos levou ó descanso derrotados física e anímicamente. No tempo de lecer perdiamos 3-0, e non dabamos visos de reacción. Dicir que a Vinoteca ten un bo plantel con un tal Alejandro (o seu número 14) que parece ser que xogou 8 anos en División Nacional de Plata (o que sería a segunda división de fútbol) e que nos troixo pola rúa da amargura, non so polo seu "hat trick" senón tamén polos seus amagos e regates que facían imposible quitarlle o esférico.
Na segunda parte reaccionamos, apelamos o orgullo, e o igual que as pocimas máxicas que tomaban Asterix e Obelix a auga que nos regalou amablemente o adestrador da Vinoteca Confort fixo en nós unha reacción moi positiva, e segundo ían pasando os minutos o marcador ía variando: 3-1, 3-2, 3-3, 3-4 e un 3-5 final que fixo que todos saltasemos de alegría cando soou o silbato que anunciaba o final do encontro..., eramos sabedores que acababamos de facer unha proeza e por riba sen dous dos nosos mellores xogadores, Esteban e Chino.
Hoxe o DXT Campeón pon como nova máis resaltable da xornada local na Coruña a nosa victoria sobre os líderes invictos da competición que nos aupan na segunda posición momentanea (en postos de ascenso) pero con un partido máis sobre o terceiro clasificado, a Cafetería Dino´s.

Noraboa o resto de compañeiros do Pub Kemais F.S.

mércores, 9 de decembro de 2009

Un hipopótamo, o protagonista da ponte

Máis aló das novas habituais de estas datas que se repiten ano sí e ano tamén (a operación saida e a operación retorno, a suba dos prezos de mariscos e pescados para o Nadal que xa está a volta da esquina, a promoción de grandes superficies para a venda de regalos para tan sinaladas datas ou a psicose compulsiva por mercar cantos máis décimos de lotería mellor co agallo de que todos sexamos premiados no sorteo do 22 de decembro), o protagonista desta ponte foi sen lugar a dúbidas o hipopótamo Pipo do Circo Roma Dola, que o pasado domingo abandoou a súa rutina de traballo para darse unha volta pola vila mariñeira de Sada e degustar nunha rotonda que estaba situada preto da ubicación do circo unha deliciosa e humida herba verde natural que sen lugar a dúbidas o seu estómago lle agradeceu; un estomágo acostumado a outro tipo de alimentos máis artificiais criados a base de procuctos químicos. O hipopótamo aproveitou a súa estancia en Sada para darse unha homenaxe e sairse da tónica habitual de comidas do circo. Segundo declaracións do propio Pipo a este blog "coma en Galicia non se come en ningún lado..."

A garda civil de Tráfico pola súa banda detivo a 12 conductores por dar mostras de conducir "baixo os efectos do alcohol ou algunha sustacia alucinóxena" logo de chamar por teléfono para avisar que un hipopótamo estaba a "pacer" nunha rotonda de Sada. A esta hora descoñecemos que foi desta ducia de "pilotos"...

Déixovos o enlace da nova de La Voz.

www.lavozdegalicia.com/coruna/2009/12/08/0003_8157731.htm

PORRA XORNADA 7

Estes son os partidos válidos para a séptima xornada da porra que pouco a pouco vai medrando en emoción e en adeptos. Grazas a tod@s por participar.

Laracha "B" - Atl. Sobrado

Almería - Deportivo

Valencia - R. Madrid

Barcelona - Espanyol

Finito empata no primeiro posto e Esteban suma por primeira vez

Finito empatoulle no liderato da porra a quen vos escribe logo de acertar o Athletic 1 - Valencia 2. Pola súa banda Esteban escala posicións na táboa logo de acertar (mal que nos pese a moitos) o Deportivo 1 - Barcelona 3.

Estes foron os resultados:

Atl. Sobrado 0 - Oza dos Ríos B 1

Deportivo 1 - Barcelona 3

R. Madrid 4 - Almería 2

Athletic 1 - Valencia 2

CLASIFICACIÓN XERAL:

1. FINITO, LATO: 2 puntos
2. PITUS, FERREIRO9, ESTEBAN: 1 punto
3. ALBERTO, PETETE, EMILIO, ANTÓN: 0 puntos

De seguido a porra da xornada 7

venres, 4 de decembro de 2009

Paramos uns días...

Debido a ponte, reunión de festivos ou como lle queirades chamar este blog descansará uns días (ata mércores) para voltar coa actividade normal. Seguro que algúns de vos aproveitaredes para viaxar a outros lugares, ter diversas ceas con amigos ou familia, sair de festa... incluso algúns estudiar para os exames futuros. Eu pola miña banda estos días ultimarei o diseño da camiseta da porra que agardo vos guste cando saia a luz. Que disfrutedes moito de estes días e leemonos o mércores.

Un abrazo.

xoves, 3 de decembro de 2009

Na defensa dos dereitos fundamentais de Internet


Fronte a inclusión no Anteproxecto de Ley de Economía sostible de modificacións lexislativas que afectan ó libre exercicio das liberdades de expresión, información e o dereito do acceso á cultura a través de internet, os periodistas, bloggers, usuarios, profesionais e creadores de internet manifestamos a nosa firme oposición ó proxecto.

* Copio e pego esta información en castelán para que lle deades a máxima difusión posible para que este Anteproxecto non vaia para adiante e corte de raiz as liberdades informativas e de expresión de todos os usuarios de internet.

1.- Los derechos de autor no pueden situarse por encima de los derechos fundamentales de los ciudadanos, como el derecho a la privacidad, a la seguridad, a la presunción de inocencia, a la tutela judicial efectiva y a la libertad de expresión.

2.- La suspensión de derechos fundamentales es y debe seguir siendo competencia exclusiva del poder judicial. Ni un cierre sin sentencia. Este anteproyecto, en contra de lo establecido en el artículo 20.5 de la Constitución, pone en manos de un órgano no judicial – un organismo dependiente del ministerio de Cultura -, la potestad de impedir a los ciudadanos españoles el acceso a cualquier página web.

3.- La nueva legislación creará inseguridad jurídica en todo el sector tecnológico español, perjudicando uno de los pocos campos de desarrollo y futuro de nuestra economía, entorpeciendo la creación de empresas, introduciendo trabas a la libre competencia y ralentizando su proyección internacional.

4.- La nueva legislación propuesta amenaza a los nuevos creadores y entorpece la creación cultural. Con Internet y los sucesivos avances tecnológicos se ha democratizado extraordinariamente la creación y emisión de contenidos de todo tipo, que ya no provienen prevalentemente de las industrias culturales tradicionales, sino de multitud de fuentes diferentes.

5.- Los autores, como todos los trabajadores, tienen derecho a vivir de su trabajo con nuevas ideas creativas, modelos de negocio y actividades asociadas a sus creaciones. Intentar sostener con cambios legislativos a una industria obsoleta que no sabe adaptarse a este nuevo entorno no es ni justo ni realista. Si su modelo de negocio se basaba en el control de las copias de las obras y en Internet no es posible sin vulnerar derechos fundamentales, deberían buscar otro modelo.

6.- Consideramos que las industrias culturales necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, creíbles y asequibles y que se adecuen a los nuevos usos sociales, en lugar de limitaciones tan desproporcionadas como ineficaces para el fin que dicen perseguir.

7.- Internet debe funcionar de forma libre y sin interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que el saber humano siga siendo libre.

8.- Exigimos que el Gobierno garantice por ley la neutralidad de la Red en España, ante cualquier presión que pueda producirse, como marco para el desarrollo de una economía sostenible y realista de cara al futuro.

9.- Proponemos una verdadera reforma del derecho de propiedad intelectual orientada a su fin: devolver a la sociedad el conocimiento, promover el dominio público y limitar los abusos de las entidades gestoras.

10.- En democracia las leyes y sus modificaciones deben aprobarse tras el oportuno debate público y habiendo consultado previamente a todas las partes implicadas. No es de recibo que se realicen cambios legislativos que afectan a derechos fundamentales en una ley no orgánica y que versa sobre otra materia.

Este manifiesto, elaborado de forma conjunta por varios autores, es de todos y de ninguno. Si quieres sumarte a él, difúndelo por Internet.


GRAZAS POLA VOSA COMPRENSIÓN


Víctor Cabanas

mércores, 2 de decembro de 2009

Música tranquila para unha tarde de choiva



O tema que vos deixo hoxe, é un gran tema de primeiros dos anos 80, unha música pola que sinto especial debilidade pois recordame a miña infancia. Trátase do "All Night Long" de Lionel Richie, un regalo para os oidos. Unha canción que parece que vai acorde coa choiva que está a caer na tarde de hoxe, polo menos aquí en Sobrado.

Saudos

martes, 1 de decembro de 2009

O Gran Premio Final da Porra será...

Un vale para 2 persoas en Circuitos Termais no Balneario Hesperia Guitiriz. O pobo foi soberano e gañou esta opción con 8 votos, un 33% dos votos totais, en segundo lugar quedou a opción de 2 entradas para poder ver un partido do Dépor en Riazor na tempada 2010/2011 con 5 votos, un 20% dos votos totais. A terceira opción con máis puntuación foi a de "cartos para unha cea", 3 votos, supoñendo un 12% do total.

Grazas a tod@s por participar na enquisa e agora xa sabedes, a loitar pola camiseta exclusiva latosobrado.blogspot.com e polo gran premio dos Circuitos Termais.