mércores, 9 de decembro de 2009

Un hipopótamo, o protagonista da ponte

Máis aló das novas habituais de estas datas que se repiten ano sí e ano tamén (a operación saida e a operación retorno, a suba dos prezos de mariscos e pescados para o Nadal que xa está a volta da esquina, a promoción de grandes superficies para a venda de regalos para tan sinaladas datas ou a psicose compulsiva por mercar cantos máis décimos de lotería mellor co agallo de que todos sexamos premiados no sorteo do 22 de decembro), o protagonista desta ponte foi sen lugar a dúbidas o hipopótamo Pipo do Circo Roma Dola, que o pasado domingo abandoou a súa rutina de traballo para darse unha volta pola vila mariñeira de Sada e degustar nunha rotonda que estaba situada preto da ubicación do circo unha deliciosa e humida herba verde natural que sen lugar a dúbidas o seu estómago lle agradeceu; un estomágo acostumado a outro tipo de alimentos máis artificiais criados a base de procuctos químicos. O hipopótamo aproveitou a súa estancia en Sada para darse unha homenaxe e sairse da tónica habitual de comidas do circo. Segundo declaracións do propio Pipo a este blog "coma en Galicia non se come en ningún lado..."

A garda civil de Tráfico pola súa banda detivo a 12 conductores por dar mostras de conducir "baixo os efectos do alcohol ou algunha sustacia alucinóxena" logo de chamar por teléfono para avisar que un hipopótamo estaba a "pacer" nunha rotonda de Sada. A esta hora descoñecemos que foi desta ducia de "pilotos"...

Déixovos o enlace da nova de La Voz.

www.lavozdegalicia.com/coruna/2009/12/08/0003_8157731.htm

Ningún comentario: