mércores, 30 de decembro de 2009

Feliz 2010, o ano de Galicia

Este é case seguro o derradeiro post do ano 2009. Dende eiquí quérovos desexar a tod@s que teñades un bo remate de ano e que teñades un feliz e venturoso 2010; un 2010 que por outro lado xa se está a denominar coma o ano de Galicia pois recordemos que este ano é ano santo (o 25 de xullo coincide en domingo) e isto non volverá a suceder ata o 2021 polo que se prevee que millóns de peregrinos e visitantes poblen Galicia ó longo de todo o ano para disfrutar das excelencias do "Camiño" e da cidade do Apóstolo Santiago.
Polo que respecta a Sobrado dende hai 3 meses xa están confirmados dous numerosos grupos para os días 30 e 31 de xullo: serán 1000 peregrinos cada día que encherán de xente o casco urbano rozando case o caos pero que serán moi benvidos pois os ingresos que se preveen satisfacen notoriamente todo o desorde que se puidese montar. De seguro que máis grupos como estes (aínda que non sexan tan numerosos) han de chegar ó longo do ano, por non falar de pequenos grupiños de 4 e 5 persoas que habitualmente pasan polo Camiño Norte ó longo de todo o ano e que no 2010 será máis acentuado. Parece ser que dende o Xacobeo están a ultimar todos os preparativos tanto a nivel cultural, como de loxística para que Galicia sexa unha festa os 365 días do ano..., a ver o que nos depara.

Feliz Aninovo e disfrutade que ben o merecedes.

Unha aperta, vémonos no 2010

3 comentarios:

Raquel dixo...

Feliz año a todos/as! 1000 personas en Sobrado??????????guau!!!!!!!!!!!!!eso está genial para el pueblo, qué bien! Ei! pero que dejen algo para los/as que vamos en agosto! que no acaben con todo! Feliz 2010! Os deseo lo mejor.

Por cierto, yo tb me creí la inocentada. Jajajajaj...tuve suerte de que no se lo dije a nadie llena de indignación, jajajaj........cuánto mejor estar callada a veces.....Un besito!

vero86 dixo...

FELIZ 2010 A TODOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Unknown dixo...

Raquel: feliz año... y sí, confiemos en que no agoten todas las existencias, más que nada porque también va a haber muchos visitantes en agosto y septiembre, jajaja.

Así que coló la inocentada, vaya, vaya, entonces si que me salió bien, jajaja.

Besos

Vero: feliz ano para ti tamén, a disfrutar.