luns, 28 de decembro de 2009

Este blog podería desaparecer o día 1 de xaneiro

Unha mala nova surxiu hoxe para todos os blogueiros que temos dominio "blogspot" xa que parece que o dominio "falsespot" vai comprar o dominio que rixe agora estes blogs gratuitos e entraría en funcionamento o 1 de xaneiro de 2010 ou o que é o mesmo, xa este venres. A idea inicial de falsespot sería cobrar 80€ mensuais polo dominio co que seguro que moitos dos blogueiros entre os que me incluo nos negaríamos a ter que pagar un prezo que o meu entender é abusivo. Polo tanto a día de hoxe o futuro de milleiros de blogs co dominio blogspot é incerto a espera de novas esperanzadoras.
De todos os xeitos ata o 31 de decembro este blog seguirá en funcionamento polo que irei ampliando post e rezando por que falsespot non se faga co dominio e arruine a blogosfera gratuita.

En espera de novas...

Víctor Cabanas

mércores, 23 de decembro de 2009

Felices Festas

Quérovos desexar de todo corazón a tod@s os que vos pasades por eiquí habitualmente ou de cando en vez que teñades unhas felices festas nas datas tan sinaladas que se aproximan. Ogalla poidades disfrutar de estes días coa vosa xente máis querida: familiares, amigos, parella..., etc, etc e de paso pedirlle a Papa Noel que se porte ben con todos vos que ben o merecedes (seguro que así ha de ser, non teño a menor dúbida).

Mañá é Noiteboa, un día dos máis festeiros en Sobrado xa que dende metade da tarde a xente xa comeza a facer as habituais rondas polos bares e cafeterías do pobo antes de ir cear. A tarde sempre está moi animada..., pero máis tarde de cear coas familias e de atiborrarse a comer, moita xente se anima a baixar a celebrar esta noite máxica tamén cos amigos (como non, pois son tamén parte importante da familia) de ahí que moitos locais abran as súas portas unha vez pasadas as 12 da noite para poder tomar uns xeos en vaso ancho (ou estreito dependendo do gusto).

A nivel particular debo dicir que é un día dos máis bonitos e especiais do ano para min porque o pobo vístese de un ambiente festivo unicamente equiparable a festa dos Dolores e iso é algo que me irradia felicidade. Ver Sobrado de festa rachada é unha sensación indescriptible e que só os que nacemos eiquí o pode entender(sería para facer un estudio pormenorizado da relación Sobrado: festa, eu penso que hai centos de anos algun rei pasou por Galicia e foi elixindo os mais marchosos e marchosas de cada lugar mandando crear un novo pobo que se chamou Sobrado, non sei se quizais porque de festa iban "sobrados").

O caso é que mañá e día grande, día de festa, de carallada, risas e añoranzas; dádelle leña ó marisco e o champán (a quen lle guste claro está), cuidado co turrón e as noces que igual os dentes e moas sufren algún que outro accidente, e o que lle toque conducir, moito coidadiño na estrada, ide amodo que os regalos van chegar igual.

O dito, felices festas, e vémonos o luns 28, Día dos Santos Inocentes e cumpleanos de Pitus para máis señas.

Sede bos!

P.D: mañá os non fumadores encenderemos o puro da paz, tamén chamado "lamparilla".

Unha aperta

martes, 22 de decembro de 2009

Para endulzar a desilusión



Galicia volveuse a ver desfavorecida polo sorteo de lotería de Nadal e tan só picamos algo dos quintos premios (e por riba poucas series...), como se soe decir nestes casos "haberá que seguir traballando" e "o que val é ter saúde". A nivel persoal decir que tan só teño a devolución nun décimo e o 22692 no que tiña depositada a miña confianza (e moitos dos meus amigos tamén) fíxonos un feo e non quixo sair nin na pedrea, outra vez será...

Para endulzar un pouco esta "semi-amargura" que nos produce non vernos favorecidos cos 300.000€ ó décimo nin facer a "festa jolgorrio" que os días anteriores o sorteo do día 22 se planea en todos os recunchos do país déixovos o "Babacar" de Kate Ryan agora que comeza o Nadal seguro que o escoitaremos sen parar nos pubs, discotecas, locales de copas variados e incluso furancho que se preste.

Saúdos e que teñades bo comezo de Nadal.

luns, 21 de decembro de 2009

A pregunta da semana

Qué dono de un local hostaleiro de Sobrado nos obsequiou na noite do venres con varias cancións a "capela" do seu amplio repertorio?

A Porra: a cousa segue como estaba

Nas 8 semanas que levamos de Porra quizais esta xornada foi a máis dificil de acertar no que a resultados se refire polo que ningún dos participantes nesta semana conseguimos acertar ningún resultado.

Estes foron os partidos en cuestión:

Atl. Sobrado 0 - SD Pontecarreira 5

Deportivo 0 - Valencia 0

R. Madrid 6- Zaragoza 0

Athletic 2 - Osasuna 0

Polo tanto a clasificación segue igual que a semana anterior con Finito comandandoa con 4 puntos totais:

1. FINITO: 4
2. LATO: 2
3. PITUS, FERREIRO9, ESTEBAN: 1
4. ALBERTO, PETETE, EMILIO, ANTÓN: 0

O luns da vindeira semana postearei os partidos da seguinte xornada debido a que esta semana non hai Liga e sí vacacións de Nadal.

Saudos

xoves, 17 de decembro de 2009

A época do "comida tras comida"

Achégase ó Nadal e con el comidas e cenas a "go go". Raro é a persoa que nesta época pre-noiteboa non acumule comidas cos amigos, ceas de empresa, etc, etc, etc. Parece ser que a cousa é así, non nos chega con darnos tremendos atracóns en Noiteboa, o día de Nadal, Noitevella, etc que tamén recurrimos a estas "comidas jolgorrio" como unha parte cada vez máis importante do Nadal. A frase xa é coñecida: "esta fin de semana, para o seguinte e para o seguinte non podo quedar, que teño cea...", soavos? a min tamén...

Polo que a min respecta comeza hoxe o tema: con unha "cuchipanda" onde se degustará churrasco, productos típicos de Italia e para regar todo isto, sidra, cervexa, viño italiano e viño da Ribera do Douro. Seguiremos mañá coa comida de Nadal de empresa (mañán non acudirei a cita dos venres con este blog, MIL DISCULPAS), e o sábado a cea de Nadal do equipo de fútbol..., ufff, en fin que so de pensalo xa me poño malo, e eso antes de que chegue o martes cando nos toque o Gordo de Nadal que xa será o non vai máis. A partires de ahí un día tras outro "leña ó mono que é de goma": o colesterol contento, os triglicéridos bailando samba, a tensión coma un montacargas, o azúcar, o ácido úrico..., e os médicos temblando pensando no 7 de xaneiro e a masificación de enfermos empachados que lles agarda...

Como dirían os vellos... "ai meu corpiño!"

mércores, 16 de decembro de 2009

Máis frío que neve


Ó final o temporal de neve que ameazaba para hoxe con cubrir de branco toda a comarca interior da provincia da Coruña quedouse so en unhas folerpiñas que foron desaparecendo conforme pasou a mañá. Onte as 20.00 horas había 0ºC en Sobrado capital e curiosamente a 1.15 horas os termometros marcaban 2ºC. Algo raro se temos en conta que estaba previsto que a partires das 00.00 horas comezaba o temporal pero calqueira que mirara para o ceo e vira o estrelada que estaba a noite podería pensar que sería unha xornada máis de duras xeadas, tan habitual nesta época.
Hoxe amenceu coas cunetas cubertas de neve (moi pouquiña) pero eso si con un frío intenso. Parece ser que desta volta tocoulle máis a zona de Lalín e Santiago no lugar de Sobrado, Curtis, Montesalgueiro..., de feito hoxe pola mañá circulabase de xeito normal de Sobrado a A Coruña sen que houbese ningún atranco na estrada, nin na autovía. Agora pola tarde segue o intenso frío a pesares de que parece ser que suben as temperaturas (falta fai). O frío que nos visitou de esta vez é un tanto extrano pois outras veces ten nevando facendo menos frío (que non menos grados), pero o certo é que a xente que nos gusta a neve quedámonos coa mel nos beizos pois hoxe o levantar a persiana sentín unha gran desilusión de non ver toda a fermosa paisaxe do Bocelo cuberta..., en fin, outra vez será, agardemos que para ó Nadal que xa estamos rozando coa punta dos dedos sexa a definitiva, non habería mellor estampa!

martes, 15 de decembro de 2009

Neve?????

Pois asi parece ser, os Centros Meteoroloxicos informan que hoxe a partires das 0.00 horas da noite entra un frente frio que deixara neve en Galicia. Dende a Xunta de Galicia xa se apresuraron a suspender as clases e tan so habera actividade nas Universidades. O Centro meteoroloxico estatal preve neve por riba dos 300 metros polo que nos tocaria ter manto branco maña seguro. Pola sua parte meteogalicia establece a cuota entre os 600 e 800 metros..., quen acertara?

Polo tanto pode que maña toque desenpolvar a camara que ultimamente teño moi abandoada para inmortalizar as fermosas paisaxes que Sobrado nos ofrece cando a señora neve nos ven a visitar. O ano pasado tivemos 6 veces a neve no chan; facemos unha porra (agora que se puxo de moda) a ver cantas veces neva antes de que chegue o veran? eu digo 3...

Saudos xelidos

luns, 14 de decembro de 2009

A pregunta da semana

Quen dixo que "seis se lle facían moito para ela sola"?

A PORRA: Xornada 8

Encontros valedeiros para a 8ª xornada da PORRA de latosobrado.blogspot.com, e última deste ano 2009:

Atl. Sobrado - SD Pontecarreira

Deportivo - Valencia

R. Madrid - Zaragoza

Athletic - Osasuna