luns, 4 de outubro de 2010

A pregunta da semana



Martes 28 de setembro, Esteban e eu quedamos en Ramiro para tomar algo mentres vemos o partido de Champions League entre o Auxerre e o R. Madrid, o pouco de comenzar o encontro chega un crack con barba, séntase nun taburete preto de nos, pide un "refrixerio" de laranxa, préndelle lume ó seu cigarro e comeza a contar chistes, igualiño, igualiño que Eugenio. Mentres tanto nos esmendrellabámonos pois esta actuación durou todo o partido..., quen era o personaxe en cuestión.

Asasino con tacos



Nigel de Jong, "futbolista" holandés do Manchester City volveu a facer das súas co consentimiento do xuíz da contenda.

Este "carniceiro", pois non se pode catalogar de outro xeito, logo de que entre outras andanzas lle metese literalmente a rodilla no peito a Xabi Alonso na final do pasado mundial de Sudáfrica 2010 e non ser castigada esta agresión debidamente polo controvertido Howard Webb. Esta fin de semana rompeulle a rodilla e Hatem Ben Arfa, ex-futbolista do Olympique de Marsella que actualmente milita no Newcastle United ingles, o equipo de Xisco, Coloccini e José Enrique entre outros. O curioso do caso é que de novo a arbitraxe volveu a estar do seu lado e non se sancionou nin con falta a acción.

No caso de De Jong chove sobre mollado, non son dous casos aislados senón que desde que se deu a coñecer no fútbol profesional destacou sempre pola súa agresividade rozando case a violencia que polo seu toque de balón. Creo firmemente que todo aquel que lesiona a outro xogador a proposito debería ter a mesma sanción que o futbolista perxudicado esté de baixa, así protexeríase máis a todo aquel que intenta agradar co seu fútbol e que fai que millóns de afeccioados de todo o mundo sintamos verdadeira paixón por este deporte.

Aproveito dende aquí para darlle a noraboa a Bert Van Malwijk por deixar fora da convocatoria da selección holandesa a este energúmeno logo de cortarlle de raiz a progresión a un rapaz, Ben Arfa, que promete ser nun periodo curto de tempo, unha das estrelas do fútbol europeo.

Deixovos o video coas entradas a Xabi Alonso e Ben Arfa, os dous "hits" máis importantes na carreira do leñador De Jong.

O coche segue sendo o medio favorito para viaxar

Con un 29% dos votos totais (24) o coche segue sendo o medio favorito para viaxar. Segueo moi de preto a motocicleta con un 25% (algo que me sorprendeu), en terceira posición quedan empatados o avión e "outros" con un 20%. O tren tan so o elexiu un 4% dos enquisados mentres que ninguén elixiu o barco como medio favorito.

Unha vez máis grazas a tod@s por participar

venres, 1 de outubro de 2010

Volta á normalidade

1 de outubro e polo tanto comezo de traballo para quen vos escribe logo de un mes "sabático". A verdade é que xa parecía que o corpo pedía volver á normalidade habitual.
De todos modos será un día atípico pois retorno a finais de semana e ata o luns non me sentirei aínda integrado de novo no traballo. Pouco a pouco como diría o outro.
E polo de agora pouco máis que contar, ando poñéndome o día co traballo atrasado.

Bicos, abrazos e boa fin de semana.

mércores, 29 de setembro de 2010

San Froilán de auténtico luxo


Sen lugar a dúbidas que o Concello de Lugo non se andivo polas ramas a hora de confeccionar o programa de actividades das festas de San Froilán 2010.
Artistas de importante relevancia tanto nacional coma internacional agruparanse na cidade de Lucus Augusti a partires do vindeiro luns 4 de outubro. Como antesala haberá concertos previos os días 1,2 e 3 para ir quentando motores.
PLACEBO, JOAQUÍN SABINA e PIGNOISE encabezan un cartel que terá diferentes estilos musicais para complacer a todos os gustos, desde a ORQUESTRA PLATERÍA a FORMULA V pasando por MASTRETTA ou JUAN PERRO.
Ademáis (aínda que fora do cartel das festas) o xoves 7 de outubro Lugo prepárase para disfrutar do concerto de uns dos reis do pop español: MIGUEL BOSÉ que estará no Pazo Feiral e de Exposicións a partires das 22.00 horas.

Como curiosidade reseñar que a gañadora do cartel de San Froilán 2010 foi Rebeca Novo Castro da veciña vila de Arzúa. NORABOA!

Aquí vos deixo o máis reseñable das actuacións nestes días máxicos nos que poderemos disfrutar milleiros de persoas. Máis información en www.sanfroilan.info




Concertos previos San Froilán 2010
01/10/2010 20.00 Concerto de IVÁN Y JOSITO, IAN e DORIAN La diferencia na praza de Santa María
» IVÁN Y JOSITO más información
» DORIAN más información
02/10/2010 20.00 Concerto de KIKE GANSO, KIMURU e JOSELE SANTIAGO na Plaza de Santa Maria
» JOSELE SANTIAGO más información
03/10/2010 20.00 Concerto de BATITAL e KIBITKA na praza de Santa María
» KIBITKA máis información
» KIBITKA Descargar audio

Concertos San Froilán 2010



04/10/2010 21.30 Concerto de ORQUESTA PLATERÍA na praza de Santa María
» ORQUESTA PLATERÍA más información
05/10/2010 20.30 Concerto de CONCHA BUIKA na praza de Santa María
» CONCHA BUIKA más información
06/10/2010 19.00 Concerto de O BAILE DE ARDEBULLO na praza de Santa María
07/10/2010 19.45 Concerto de ZINC SO! e PIGNOISE na praza Horta do Seminario
» PIGNOISE más información
07/10/2010 21.30 Concerto de LOS GOFIONES na praza de Santa María
» LOS GOFIONES más información
08/10/2010 20.30 Concerto de JUAN PERRO na praza de Santa María
» JUAN PERRO más información
08/10/2010 22.00 Concerto de PLACEBO + grupo invitado na praza Horta do Seminario
» PLACEBO más información
09/10/2010 13.00 Concerto de VÍCTOR PRIETO TRÍO na praza de Santa María
» VÍCTOR PRIETO TRÍO más información
09/10/2010 13.00 VIII FESTIVAL DE FOLCLORE TRADICIONAL na praza de Santa María
09/10/2010 21.00

Concerto de ON FUCKING AIR, IDEALIPSTICKS e ILEGALES - Xira ¡Adiós amiguitos! na praza Horta do Seminario
» IDEALIPSTICKS más información
» ILEGALES más información
10/10/2010 13.00 Concerto da Banda Municipal de Lugo no templete da praza Maior
10/10/2010 19.30 Concerto de DAVID TABOADA GRUPO e MASTRETTA -Xira Vivan los músicos na praza de Santa María
» MASTRETTA más información
10/10/2010 22.00 Concerto de FÓRMULA V na praza Horta do Seminario
11/10/2010 20.00 Concerto de BRATH na praza de Santa María
» BRATH más información
11/10/2010 22.00 Concerto de TELÉMACO, CATS & MONKEYS, THE CHERRY BOPPERS e Mr. Fishman a.k.a. Dr. Think vs Sr. Topo na praza Horta do Seminario
» SANFROIDANCE máis información
11/10/2010 22.00 Concerto de JOAQUÍN SABINA - Xira Vinagre y Rosas no Pazo Universitario
» SABINA más información
12/10/2010 13.00 Concerto da Banda Municipal de Lugo no templete da praza Maior
12/10/2010 21.15 Espectáculo de NOVA GALEGA DE DANZA - Tradicción na praza Horta so Seminario
» NOVA GALEGA DE DANZA máis información

VÉMONOS EN LUGO!!!

martes, 28 de setembro de 2010

Musicota para animar o cotarro



Se me teño que quedar con unha canción do ano 2000 no que a música electrónica se refire esta sería o "Sweet Release" de Trouser Enthusiasts, unha das miñas favoritas de todos os tempos. O Dj Juanjo Martin fixo para este 2010 unha versión espectacular que quero compartir con vos. Non ven mal escoitar algo de música animada a golpe de martes.

Saudos cracks!!!

Operación Retorno 2010

Moi boas compañeir@s, xa volvemos a andar por estes lares. Onte regresamos de uns días de ocio nas provincias de Huelva, Sevilla e Salamanca.
Os primeiros días de estancia en terras andaluzas tiveron lugar na provincia de Huelva onde se me teño que quedar con algo son as súas belas praias, Ayamonte (que ten un casco antigo fermosísimo) e o museo onde está a réplica dos barcos que levaron a Cristóbal Colón a América, chamado "Muelle de las Carabelas" en La Rábida, pegadiño a cidade de Huelva. O sábado foi o turno de Sevilla onde houbo a oportunidade de visitar os seus principais recursos turísticos a cabalo, ver a impresionante catedral sevillana, subir á Giralda, pasear ó borde do Guadalquivir coa Torre de Oro coma gardiana do paseo e adestrarme no máxico parque de María Luisa, xa de tarde tiven a oportunidade de coñecer a Alameda de Hércules que está poboada de terraciñas onde saciar a sede e o apetito de aquel que se acerque por alí. Por suposto de noite tocaba visita obligada a famosa Calle Betis, un dos referentes de marcha na cidade e como da outra vez que estivera en Sevilla quedei maravillado da terraza Puerto de Cuba ubicado nunha paraxe auténticamente espectacular decidín repetir experiencia e sen lugar a dúbidas que non me defraudou.
O domingo foi o turno de Salamanca (unha vez máis), e onte pola mañá puiden disfrutar das maravillosas obras de arquitectónicas que ofrece a cidade castelá. Foron 6 días bastante ben aproveitados onde a praia, as visitas culturais e o tempo para "tomar algo" estivo repartido equitativamente no tempo.

En breves poñerei fotos tanto eiquí coma no Facebook.

Saudos.

martes, 21 de setembro de 2010

Próxima parada: Andalucía

Unha vez rematadas unhas auténticas e espectaculares Festas dos Dolores 2010 (no meu caso hoxe as 9.15 horas AM logo de varios intentos de escapada) toca repoñerse. Mañá emprendemos rumbo a Andalucía concretamente a Isla Cristina e Sevilla. Hai 5 anos xa tiven a oportunidade de pisar Andalucía, concretamente Benalmádena e a sempre apetecible Sevilla, e por suposto xa apetece voltar a cidade do Guadalquivir.

Serán 6 días de descanso e visitas culturais que xa apetecen logo de un verán intenso, o día 1 de outubro haberá que voltar "ó tallo", polo tanto hai que aproveitar as vacacións ó máximo.
Á volta de todo isto poñerei fotos do que deron de sí os Dolores (ou Lola) 2010 e tamén imaxes de Andalucía.
Unha aperta moi forte.

luns, 13 de setembro de 2010

Emilio Tato será pai de unha nena

Boa tarde, interrumpo este pequeno parón das vacacións no blog para anunciar unha magnífica nova. Confirmado por él mesmo hai uns intres vía Facebook e vía sms podo anunciar que Emilio Tato e a súa dona Ana serán pais de unha nena, a cal terá o nome de VERA.
Parabéns os futuros papás, na foto vemos como podería ser unha das celebracións do pai o día que aconteza o nacemento (nas vacacións de agosto xa estivo ensaiando como vedes no "txoko" de Nando).

Saudos a toda a people.

P.D: EN 3 DÍAS COMEZAN AS VÉSPERAS DOS DOLORES..., UFFFFFFFFF!!!

venres, 3 de setembro de 2010

Vamos a la playa versión 2010



Pasaron 11 anos desde que o "Vamos a la playa" de Miranda fora un dos temas do verán e soaba en calqueira local nocturno, chiringuito ou kiosko que se arrimase neses meses. En Sobrado foi un tema "estrela" por decilo de algunha maneira e moitos de nós temos lembranzas de abondo sobre este tema e a súa forma de festexalo. Pois agora Loona fixo unha versión actualizada que vos deixo aquí coincidindo co meu comezo das vacacións (onte xa disfrutei da praia e en breves repito).

Ollo porque de novo este tema pode ser unha das estrelas das festas dos Dolores 2010 que tan só faltan 14 días para que comecen... seguirei informando xa que pode haber novidades importantes e moi positivas.

Bicos!