luns, 4 de outubro de 2010

Asasino con tacos



Nigel de Jong, "futbolista" holandés do Manchester City volveu a facer das súas co consentimiento do xuíz da contenda.

Este "carniceiro", pois non se pode catalogar de outro xeito, logo de que entre outras andanzas lle metese literalmente a rodilla no peito a Xabi Alonso na final do pasado mundial de Sudáfrica 2010 e non ser castigada esta agresión debidamente polo controvertido Howard Webb. Esta fin de semana rompeulle a rodilla e Hatem Ben Arfa, ex-futbolista do Olympique de Marsella que actualmente milita no Newcastle United ingles, o equipo de Xisco, Coloccini e José Enrique entre outros. O curioso do caso é que de novo a arbitraxe volveu a estar do seu lado e non se sancionou nin con falta a acción.

No caso de De Jong chove sobre mollado, non son dous casos aislados senón que desde que se deu a coñecer no fútbol profesional destacou sempre pola súa agresividade rozando case a violencia que polo seu toque de balón. Creo firmemente que todo aquel que lesiona a outro xogador a proposito debería ter a mesma sanción que o futbolista perxudicado esté de baixa, así protexeríase máis a todo aquel que intenta agradar co seu fútbol e que fai que millóns de afeccioados de todo o mundo sintamos verdadeira paixón por este deporte.

Aproveito dende aquí para darlle a noraboa a Bert Van Malwijk por deixar fora da convocatoria da selección holandesa a este energúmeno logo de cortarlle de raiz a progresión a un rapaz, Ben Arfa, que promete ser nun periodo curto de tempo, unha das estrelas do fútbol europeo.

Deixovos o video coas entradas a Xabi Alonso e Ben Arfa, os dous "hits" máis importantes na carreira do leñador De Jong.

Ningún comentario: