luns, 25 de outubro de 2010

Xa non sei se me chamo Víctor ou Javier...

De hai un tempo a esta parte recibo unha chamada cada dous ou tres días preguntando por un tal Javier de diferentes números telefónicos.., pola forma de falar parecen comerciais as persoas que me chaman. Algún incluso non me deixa nin falar e comeza con un rollo que "pá qué" antes de poder decirlles que eu non son o tal "Javier", o caso é que cando vexo un número raro xa me fai gracia e nese intre identifícome máis con "Javier" que con "Víctor". Supoño que o tal Javier ten un negocio non me digades de qué, e pasoulles o número a determinados proveedores que polo acento parecen valencianos ou cataláns pero este número ten un erro en algunha cifra.
En fin, que haberá que ter paciencia a ver se o tema se vai solucionando mentres tanto na vida real serei Víctor e por momentos Javier...

Unha aperta.

3 comentarios:

vero86 dixo...

Mentres non che pase coma a min, que me chamou ó fixo unha tipa un día preguntando con voz suxerente por un tal Carlos... Na miña casa non vive ningún Carlos. Pero a súa sorpresa cando lle contestei eu o teléfono foi maiúscula, a tipa debeu flipar preguntando por un Carlos que segundo ela, vivía só, e ver que lle contesta unha muller!! Non se daba convencido de que aquí non hai ningún Carlos! Costoume facela entrar en razón, pero a conversa foi chistosa. Ela erre que erre con que Carlos lle dixera que estaría a esa hora na casa e eu dicíndolle: estará na casa del, porque aquí non! Cada vez que me acordo ainda me da a risa jeje.
Paciencia mentres non atopen ó tal Javier...

Raquel dixo...

A una amiga le pasó que sin saber porqué su teléfono aparecía en esos anuncios de 'contactos' que aparecen el las teles locales a altas horas de la madrugada...Recibía un montón de llamadas, eh? qué exitazo! (a lo mejor hay que pensar en ponerlo, jajajjaja). Su novio no estaba muy contento...la verdad. Y ella menos! El tema es que tuvo que denunciar la movida para parar las llamadas y hacer desaparecer el tel de la tv. Un marrón! Por qué no te haces pasar alguna vez por Javier??? tiene que ser interesante!

Unknown dixo...

Vero: pois vaia marrón..., jajaja. Aínda por riba ter que dar explicacións...
Raquel: buff, no me veo yo de Javier, no creo que tenga paciencia para aguantar el rollazo que sueltan..., jajaja.