venres, 10 de decembro de 2010

Aquí tamén ten espazo a música latina



Como cada venres deixo por eiquí un videoclip musical. Desta volta tócalle a música latina e concretamente a Enrique Iglesias, o fillo de Julio "weah" e parella da ex-tenista Anna Kounikova. Elexín este tema "Escape" do ano 2001 porque cando en algún lugar escoitamos música de "Enriquito" soen poñer outras cancións pero esta en concreto soe quedar máis no olvido e para min é unha das mellores que ten (para gustos cores). Por certo, anda que non se "puxo as botas nin nada" Kike Churches no videoclip coa Kourni...

Que disfrutedes deste soleado día, (como subiu a temperatura con respecto a onte) e que teñades unha boa fin de semana. Coma sempre vémonos luns e xa imos quentando motores para todo o "pifostio" que nos agarda no Nadal.

Vainos cundir...



Unha aperta

xoves, 9 de decembro de 2010

Diñeiro chama á diñeiro


Con un ollo "á virulé", o seu rostro prácticamente desfigurado e cara de poucos amigos. Así aparece Bernie Ecclestone, o presidente e director executivo da Formula One Management, no novo anuncio de Hublot, para o que rentabilizou a paliza que recibiu de mans de uns cacos que entraron a roubar (non carteiras pero casi) hai uns días no seu luxoso ático situado no londinense barrio de Chelsea. ‘Mira o que fai a xente por un Hublot’, reza o slogan do anuncio que saiu a luz pública fai uns días. Coa sua visión para os negocios, está claro que Bernie soubo quitar un "piquiño" da impresionante agresión que sufriu por parte de un grupo de ladrons ante a impotencia de sua xoven e guapa noiva, a brasileira Fabiana Flosi, de 31 anos. O que non se sabe é se a firma reloxeira chegaría a pagar os 280.000 euros que se levaron los ladrones entre diñeiro en metálico, xoias e outros obxetos de valor.

martes, 7 de decembro de 2010

A festa do ascenso

Como as veces somos demasiado tranquilos, aínda tiñamos pendente a celebración do ascenso de categoría en fútbol sala que xa acadamos hai uns cantos meses. Que mellor data que hoxe, véspera de festivo, na metade da ponte da Constitución para celebrar tan magno evento...
A cea e posterior festa será na Coruña e por suposto non faltarán as visitas obligadas os locais máis carismáticos da cidade. Baixaremos uns cantos desde "a montaña" para unirnos ó "clan coruñés" e alí xuntar as nosas forzas para facer desta noite algo inesquecible.
Por se a alguén do equipo aínda non lle quedara claro: XA SOMOS DE PRIMEIRA!!! ah, e por certo, que ninguén descarte de novo o ascenso este ano...

P.D: HOY BAJAN LOS MONTAÑESES CHORVO!

A PORRA: xornada 7

Logo de unha xornada rica en acertos deixo por eiquí os partidos que serán válidos para a disputa da séptima semana da porra.

Atlético - Deportivo * PARTIDO DA XORNADA
Barcelona - R. Sociedad
Zaragoza - R. Madrid
Poulo - Atl. Sobrado

SORTE!!!

A Porra: Alberto da un golpe de efecto co partido da xornada

Alberto púxose colíder da porra de latosobrado.blogspot.com logo de acertar o resultado do partido da xornada, o R. Madrid - Valencia, un acerto que lle outorga 6 puntos.
Andivo máis atinado Pitus, que atinou o Osasuna - Barcelona e o Deportivo - Hércules pero o non atinar o partido da xornada e a pesares de ter un acerto máis sumará 5 puntos.

Os resultados foron os seguintes:

R. Madrid 2 - Valencia 0 * Partido da xornada
Osasuna 0 - Barcelona 3
Deportivo 1 - Hércules 0
Curtis 4 - Atl. Sobrado 2

CLASIFICACIÓN:

1. Esteban, Alberto= 6 puntos
2. Pitus= 5 puntos
3. Emilio, Finito, Lato= 3 puntos
4. Ferreiro9= 0 puntos

Grazas a tod@s por participar

venres, 3 de decembro de 2010

Feliz acueducto



Desde latosobrado.blogspot.com querémosvos desexar que teñades un feliz acueducto a tod@s @s lector@s. Disfrutade o máximo posible e coidadiño co frío e a choiva. Hoxe deixo por aquí un dos mellores temas de The Cure (para min o máis guapo), "Just Like Heaven" en HD.

Bicos e apertas

O prometido é débeda, as fotos da nevarada

Estas son algunhas das fotos tiradas en Sobrado entre o día de onte e o de hoxe co aliciente da nevarada caida nas últimas 48 horas. Grazas a Nieves Lamas e Juan González por permitir que comparta con vos estas instantaneas. Decir tamén que o "personaxe" que posa nesta primeira foto está a disfrutar coma un verdadeiro anano, habería que lembrar unha vez máis a archiconocida frase que pulula por Sobrado: "I can´t never stop" (O meu can nunca para...)

















































































































































































































xoves, 2 de decembro de 2010



Para os que nos gusta a neve e vivimos en Sobrado hoxe non é un día máis. O mencer deste xoves 2 de decembro foi máis fermoso do habitual no noso querido pobo. O Mosteiro de Santa María amosaba toda a súa grandeza entre a noite e o día sumando a ilúminación da súa fachada co resplandor do branco manto que cubre Sobrado. Unha neve con un espesor de uns 10 centímetros pintou a capital sobradense dende primeira hora da mañá e neste preciso momento está a nevar copiosamente co cal se prevee que o "manto" siga medrando. Case non teño ningunha foto do día de hoxe pero constame que Juan Karnotxo sí que puido ir a facer un pequeno recoñecemento da "zona" polo que se gardou as instantaneas seguro que gustosamente mas pasará e poderei compartilas con vos desde este blog.

A verdade é que a postal que temos agora mesmo merece moito a pena, está todo precioso.

Con un día de neve coma o de hoxe penso que a canción de Anggun "Snow on the Sahara", un clásico, vaille o pelo. A concordancia entre a música e a velocidade que cae a neve é perfecta.

Saudos nevados

mércores, 1 de decembro de 2010

A ola de frío azota con forza

Xa hai uns días que chegou e ameaza con quedarse polo menos ata o sábado. A ola de frío que invade a gran maioría das comunidades españolas faise sentir con forza tamén en Galicia e moi concretamente no corazón do Fogar de Breogán onde nos ubicamos. Na noite do luns xa puidemos ver como unha intensa nevada deixaba un manto branco por unhas horas na nosa zona. Lonxe do perigo que podería producir a xeada por riba desa neve comezou a chover logo de cubrirse o ceo e borrou case todos os efectos da intensa nevarada. Onte a pesares do intenso frío a neve que cubría aínda algunhas cunetas non presentaba atrancos para circular calqueira clase de vehículos pero parece que hoxe a cousa vai cambiar (ou xa está cambiando) e pola capital sobradesa hai cuestión de unha hora puidose ver unha forte granizada..., é o aviso previo a nevarada que segundo os partes meteorolóxicos nos visitará en unhas horas e que previsiblemente mañán tamén nos acompañará. A partires do venres parece que remite o temporal de frío e neve e recuperamos algo as temperaturas que aínda serán con precipitacíons de neve. Sábado e domingo teremos choiva no lugar de neve e subirán algo as temperaturas máximas e mínimas.
Toca abrigarse e se pode ser posible quitar as cámaras para inmortalizar as espectaculares postais que nos outorga a señora neve cada vez que nos visita. Di o refrán que "ano de nevaradas ano de bens", ogallá así sexa e tod@s e cada un dos que nos citamos por eiquí habitualmente teñamos un remate de ano sinxelamente espectacular.

Deixovos a información da edición dixital de La Voz de Galicia:

O tempo

Previsión xeral Hoxe: Mércores, 01 de diciembre

Comentario

Un día máis continuaremos baixo a influencia dunha masa de aire moi frío e certo grao de inestabilidade aportado polas baixas presións que se sitúan ao norte da península Ibérica. Deste xeito, teremos chuvascos intermitentes,que serán de neve en cotas relativamente baixas, entre os 400 metros durante a mañá e os 300 metros pola tarde; estes chuvascos serán máis probables e xeneralizados pola tarde. As temperaturas mínimas terán un lixeiro ascenso, as máximas non sufrirán cambios, pero o frío será a nota predominante durante a xornada. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos no interior e moderados no litoral.

Estado do Ceo
Chuvascos intermitentes, que serán de neve en cotas relativamente baixas, entre os 400 metros durante a mañá e os 300 metros pola tarde; estes chuvascos serán máis probables e xeneralizados pola tarde.

Temperatura
Temperaturas mínimas en lixeiro ascenso e máximas sen cambios.

Vento
Ventos de compoñente norte, frouxos no interior e moderados no litoral.

Temperaturas previstas Localidade Temperatura Máxima Temperatura Mínima
Ferrol 10ºC 4ºC
Fisterra 10ºC 5ºC
Santiago 7ºC 3ºC
Monforte 7ºC 1ºC
Lugo 7ºC 1ºC
Ribadeo 10ºC 6ºC
Viveiro 9ºC 5ºC
Ourense 10ºC 5ºC
Verín 7ºC 1ºC
Lalín 6ºC 2ºC
Pontevedra 11ºC 5ºC
Vigo 11ºC 4ºC
Vilagarcía 11ºC 6ºC
A Coruña 10ºC 6ºC
Pedrafita 0ºC -2ºC
O Barco 7ºC 1ºC
Cuntis 10ºC 3º
C

Datos: Meteogalicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia

Cando todo o mundo está de acordo por algo será...

Plantexábase na enquisa do mes de novembro co agallo da próxima inauguración do Centro Comercial de A Coruña "Marineda City", o centro comercial máis grande de España se na cidade herculina existen xa demasiados centros comercias para o volume de xente do que dispón a cidade e a súa área de influencia, os resultados non puideron ser máis acordes, o 100% de participantes na enquisa opina que SI hai centros comerciais de abondo, con un total de 18 votos. O igual que todos os que votastes comparto a miña opinión, creo que o pequeno comercio da cidade estáselle a facer un fraco favor. Agardaremos pois acontecementos.

Grazas a todos e a todas por participar, en breves estará xa a derradeira enquisa do ano, a do mes de decembro.