venres, 10 de decembro de 2010

Aquí tamén ten espazo a música latina



Como cada venres deixo por eiquí un videoclip musical. Desta volta tócalle a música latina e concretamente a Enrique Iglesias, o fillo de Julio "weah" e parella da ex-tenista Anna Kounikova. Elexín este tema "Escape" do ano 2001 porque cando en algún lugar escoitamos música de "Enriquito" soen poñer outras cancións pero esta en concreto soe quedar máis no olvido e para min é unha das mellores que ten (para gustos cores). Por certo, anda que non se "puxo as botas nin nada" Kike Churches no videoclip coa Kourni...

Que disfrutedes deste soleado día, (como subiu a temperatura con respecto a onte) e que teñades unha boa fin de semana. Coma sempre vémonos luns e xa imos quentando motores para todo o "pifostio" que nos agarda no Nadal.

Vainos cundir...



Unha aperta

1 comentario:

vero86 dixo...

Púxose as botas e iso que dicían que lle costara moito bicala, porque según el Anna tiña acné e uns grans moi desagradables ó redor da boca...
Debeulle pasar xa, porque noxo daríallo, pero creo que a día de hoxe seguen xuntos... jaja