venres, 17 de decembro de 2010

As cousas boas non importa repetilas



Cando algo che gusta ou che gustou non importa repetir...hai cousa de case dous anos xa deixei este video colgado nun post pero quero volver a poñelo por dous motivos:
O primeiro é para darlle a benvida as festas do Nadal que para moitos e moitas oficialmente comezan hoxe. Son días de celebración e quero que todo, pero que todo o mundo esté alegre, disfrute, comparta todas as cousas boas cos seres queridos e sobre todo que sexa moi feliz.
O segundo motivo é para homenaxear (unha vez máis) a este auténtico fenómeno que é SASH!, para o meu gusto o mellor dj da historia do dance, o creador, o alma máter de moitos proxectos de música electrónica (non so dance), o colaborador de xente tan importante coma Pet Shop Boys ou Chemichal Brothers, o tío que sempre nos alegra coa súa música, o fenómeno que nos alegra cos seus temas..., esgótanseme os calificativos positivos para este auténtico crack.

Disfrutade do "Raindrops" de Sash coa colaboración de Stunt, un tema que ten as bases do Encore une Fois pero aínda é máis cañero se cabe.

Unha aperta, bo nadal.

Ningún comentario: