martes, 28 de decembro de 2010

Logo de anos pechada, a discoteca de Sobrado abrirá de novo as súas portas

Así o puidemos saber na mañá de hoxe. Un coñecido empresario relacionado coa marcha nocturna que xa ten negocios de este estilo invertirá na antiga Supernova coa conseguinte reforma e cambio de nome. Parece ser que a idea principal será a súa apertura para as noites dos venres desde os meses de outubro a maio co agallo da tempada baixa e que é nesta época cando menos festas patronais existen polo que seguro que as mellores orquestras do panorama musical galego pasarán polo esceario da sala. Unha sala que foi inaugurada aló polo ano 1984 baixo o nome de Orbita 4 para logo pasarse a chamar Vértice. Unha das súas mellores épocas chegou cando baixo a denominación de Supernova fixo que moitos dos artistas nacionais máis importantes de principios dos 90 (Amistades Peligrosas, Los Manolos, Azúcar Moreno, Los Sobraos, Los Chunguitos ou Chiquito de la Calzada) actuasen na sala que ten unha capacidade de unhas 2.000 persoas. Supernova pechou as súas portas definitivamente no ano 1995.
Con esta vindeira apertura da discoteca, Sobrado únese a moda de outros pobos cercanos onde está a funcionar o de "reinaugurar" antigas salas que estaba paradas para darlle vida ó pobo na noite dos venres como por exemplo está a pasar en Pontecarreira coa discoteca Kull.

En canto haxa novas ó respecto seguiremos informando...

3 comentarios:

Anónimo dixo...

feliz dia dos inocentes.....

vero86 dixo...

E fijo que sendo hoxe o día que é, toda esta historia é mentira, non si? jeje

Anónimo dixo...

Lato do que se entera un polo Blog...manda carallo..o que che da a cabeza.jeje

saludos

Nando