mércores, 29 de decembro de 2010

O 2010 vai chegando o seu fin



Pouco máis de 2 días quedan para que remate este 2010 que musicalmente falando trouxo un triunfador por riba de moitos outros. Non pode ser outro que o "deejay" francés David Guetta que co seu disco "One Love" consagrouse como un dos artistas máis importantes a nivel internacional. O traballo en cuestión ten auténticos temazos, vou deixar colgado o Sexy Chick no que Akon tamén ten parte importante. Unha canción que xerou moita controversia ó acusar algunhas asociacións feministas o bo de David de machista por este tema.
Non me vou meter neses berenxenais, tan so direi que a canción é espectacular e o videoclip a min particularmente gústame.

Saúdos

2 comentarios:

vero86 dixo...

A min o videoclip non me gusta especialmente (Vamos, nin especialmente, nin nada, directamente non me gusta), pero a canción, sexa machista ou non, pégase! A canción sí que me gusta porque me encanta o ritmo que ten, é desas que son difíciles de sacar da cabeza. Que é machista? Que deixa quedar mal á mulleres? Que nos fai un flaco favor? Non digo nin que si nin que non, máis que nada porque a maioría da xente á que lle gusta non entende o que di a letra! Non nos enganemos, que nesta país oficialmente todos estudiamos inglés, ou case todos, pero de ahí a saber inglés e entender as cancións todas vai un abismo jeje.
Iso si, entendo e respeto totalmente aos que vos guste o vídeo porque pode que vos alegre a vista un pedazo ;)

Unknown dixo...

A canción é bestial e que queres que che diga, para o meu gusto o video tamén..., jajaja.