mércores, 15 de decembro de 2010

Festa da cervexa en Casa Tato o venres 17

Pasado mañá venres 17 de decembro os amantes da boa cervexa teñen unha cita ineludible en Casa Tato (Sobrado dos Monxes) a partires das 21.00 horas. No citado local hostaleiro celebrarase a Festa Estrella Galicia onde haberá infinidade de regalos e sorpresas.
María José, encargada da dirección de Casa Tato animavos a todos a que vos pasedes este venres polo seu local e degustedes Estrella Galicia do xeito que máis vos guste: en caña, en quinto, en tercio, para os "gourmets" (1906), e se tedes que conducir non dubidedes en pedir River Zero, sen ningún tipo de graduación alcohólica. Cervexa para todos os gustos e en todos os formatos.

*Fago miñas as verbas do gran Pepe Domingo Castaño: "Estrella Galicia, una cerveza de carallo"

Repetimos, venres 17 de decembro a partires das 21 horas gran Festa da Cervexa Estrella Galicia en Casa Tato, rúa Plaza Portal, Sobrado dos Monxes.

Ningún comentario: