Surxiume unha inesperada viaxe de ultimísima hora a Madrid polo que a partires de mañá o blog non estará actualizado ata o vindeiro luns (agás sorpresa).
Moi boas, logo de un mes sen case actividade por mor das vacacións volvemos a andar por este espazo aínda recén chegado de Portugal. Como o luns comeza a miña vida normal, tamén é xusto que o blog volva o seu día a día. Para hoxe temos un recordatorio moi especial e simpático. Onte fixo nin máis nin menos que 15 anos (como pasa o tempo) do famoso "Rafa no me jodas". Aquel partido do ano 96 Zaragoza - Barcelona onde tivo como protagonistas principais o linier leonés (agora mediático, moito grazas en parte a esta "fazaña", Rafa Guerrero, e o colexiado de ese encontro, o asturiano con raices en Sobrado Mejuto González. Non fai falta que vos conte a película, que xa todos máis ou menos a sabedes mais deixo un video para refrescar a memoria e de paso votar unhas risas con unha frase que se fixo famoso no mundo futboleiro e que sen lugar a dúbidas se segue a usar.
Xa estamos plenamente recuperados da gran festa dos Dolores 2011 que tivemos esta fin de semana aquí, en Sobrado dos Monxes.
A climatoloxía respetou bastante e agás unhas pequenas gotas de auga na noite do sábado que se quedaron en mera anécdota podemos decir que o balance xeral do tempo foi de notable.
Unha vez máis quero agradecerlles a Chino, Esteban e Nando a súa valentía para facer fronte a unhas festas que quedaban sen facer e que foron espectaculares.
Tamén desde aquí aproveito para darlle moito ánimo a Comisión 2012: Borja, David e Mingos que seguro que o seu bo facer se verá recompensado do mellor xeito posible que é ateigar de xente o pobo en datas tan sinaladas. Desde xa póñome a vosa enteira disposición para colaborar no que queirades e teñamos unhas felices festas.
Fago un breve in-pass (ando ultimando as cousas e con un curso a vez antes de coller as miñas vacacións) para deixarvos por eiquí o cartel das Festas dos Dolores 2011. So podo decir unha cousa: BRAVO RAPACES! con un par de razóns facedes unha auténtica festaza comezando con so 2 meses de antelación e con moito traballo por diante. Seguro que grazas a Esteban, Nando e Chino imos disfrutar de algo que parecía que xa non ía ser posible. Mil grazas de verdade.
Sei que teño o blog non abandonado senón abandonadísimo. O motivo principal é a cordinación da XII Feira da Troita que xa está ahí a 4 días vista e que como sabedes terá de cabeza de cartel a DEF CON DOS, teloneados por Riff Raff. Unha boa antesala ó día de degustación da TROITA Á MONTAÑESA.
Cando pase este fin de semana volverei a adicarlle máis tempo.
Quen ideou onte na Festa de Pousada un sombreiro ó cal o rodeaban unhas 5 ou 6 bombillas, un anexo "modo palliña de beber" para fumar, outro anexo para soltar o fume do cigarro e outro anexo para beber?
Pásome por eiquí rapidiño pois o tempo non me chega a nada para desexarvos un magnífico fin de semana onde hai festas, festas e máis festas pola zona: Folgoso,Festival de Pardiñas,Pousada, Foxado..., agardo que coma sempre disfrutedes moito e aproveitedes o máximo cada minuto. Por suposto os que estades de vacacións nin que decir ten que seguro que non ides desperdiciar o tempo. Deixovos o video do suizo Remady coa colaboración de Manu L. e o seu "Give Me A Sign" (dame unha sinal). Un tema que empeza suave pero que logo é moi "bailongo".
Xa é oficial o cartel da XII FEIRA DA TROITA de Sobrado dos Monxes que terá lugar os días 20 e 21 de agosto con DEF CON DOS como cabeceira de cartel do VII Festival Musical e Intercultural da Xuventude. Se desexades ver máis ampliada a foto para ver toda a programación clicade sobre da imaxe. Agora so toca rezar para que a climatoloxía acompañe...
3 valentes, tal como soa, eses son Nando, Esteban e Chino que a vista de que un ano máis e van... Sobrado ameazaba a quedarse sen festas na honra a Virxe dos Dolores decidiron xuntarse e traballar para xuntar cartos e poder facer que a festividade máis importante do ano no noso pobo non quede coma un fin de semana máis. Digo valentes porque non faltan nin dous meses para a celebración das festas grandes de Sobrado que terán lugar os días 16,17 e 18 de setembro e todos sabemos o difícil que é ser da comisión de festas e menos con tan pouco marxe de maniobra. Desde aquí solicito para eles a máxima colaboración posible por parte de todos e cada un de nos co agallo de que os días que antes citaba sexan días de festividade e non de lamentacións.