luns, 17 de outubro de 2011

A Porra: Finito comeza moi forte

Finito, campión e subcampión das dúas primeiras edicións da Porra comeza un ano máis moi forte situándose como primeiro líder da competición logo de atinar o partido da xornada que correspondía o encontro R. Madrid - Betis.
Tamén andiveron con bo ollo Ferreiro9 e Emilio que deron no cravo cos resultados do Poulo - Atl. Sobrado o primeiro e Athletic - Osasuna o segundo sumando así 3 valiosos puntos.

RESULTADOS:

R.Madrid 4 - Betis 1
Barcelona 3 - Racing 0
Deportivo 2 - Nàstic 2
Poulo 0 - Atl. Sobrado 2
Athletic 3 - Osasuna 1

CLASIFICACIÓN:

1. Finito= 6 puntos
2. Ferreiro9 / Emilio= 3 puntos
3. Pitus / Pazitos / Esteban / Iago / Alberto / Lato= 0 puntos

* ANIMAR DESDE AQUÍ A TODO O MUNDO QUE LLE APETEZA PARTICIPAR NESTE ENTRETIDO XOGO QUE NON O DUBIDE NIN UN INTRE MÁIS, A COMPETICIÓN ESTÁ XA EN FUNCIONAMENTO.

Sen auga non hai rafting

Sirva este post como AVISO a tod@s @s numeros@s expedicionari@s que íbamos formar parte da viaxe que estaba preparada para o vindeiro sábado co agallo de practicar rafting preto de Padrón.
O caso é que debido a notoria sequía que está a afectar o total de Galicia o río non dispón da auga suficiente para unha práctica adecuada deste apaixoante deporte polo que queda aprazado este evento ata nova data da que debidamente seredes informados.

Saudiños e que teñades bo comezo de semana.

venres, 14 de outubro de 2011

A pregunta da semana



A quen se lle ocurreu onte facer no Txoko de Nando unha tortilla de 30 ovos para cear?

xoves, 13 de outubro de 2011

ATB "Could You Believe"



Ando a "saco Pako" con un Curso que Deus mediante rematarei o 15 de decembro polo que non teño moito tempo para outro mesteres.
Fago un breve descanso para deixarvos este tema do dj alemán ATB, chámase "Could You Believe" e logo de uns meses sen escoitalo onte ó mediodía véuseme a cabeza e desde ese momento ata agora somos compañeiros inseparables. Ademáis o videoclip serve para darlle entrada a fin de semana que preve calurosa neste máis que nunca outubro veraniego.

Disfrutade e sede felices

martes, 11 de outubro de 2011

Naya, ese speaker...



A raiz do vídeo que deixei por eiquí a semana pasada con Rafa Guerrero e Mejuto González coma protagonistas onte veume a cabeza aquela incrible historia no partido Deportivo - Getafe que eu mesmo vivín no propio recinto, do sinigual speaker de Riazor, o Señor Naya, que é puro espectáculo cada vez que se pon diante do micro e que fai vibrar todo o Estadio día sí e día tamén. Os que me tedes agregado no Facebook seguro que xa onte a noite o puidestes ver. A historia comeza por un lío que se fai cos nomes dos xogadores que entran e saen no Getafe, finalmente a ovación do respetable foi atronadora.

O video non ten desperdicio, é colosal.

Saudiños e que disfrutedes do festivo de mañá.

luns, 10 de outubro de 2011

A PORRA 3ª Edición


Moi boas a todos e a todas, por fin chega unha nova Edición da porra que esta tempada sumara a terceira consecutiva neste blog.
Como novidades máis importantes destacar que se engadira un partido máis a cada xornada, polo tanto pasara de 4 a 5 partidos. As puntuacións serán similares as do ano pasado: 1 acerto 3 puntos, 2 acertos 5 puntos, 3 acertos 7 puntos, 4 acertos 10 puntos e o premio gordo: pleno de acertos 20 puntos. Ademáis premiarase o bo ollo a atinar o partido da xornada, 6 puntos se é o único resultado acertado por cada participante, se houbese máis de un acerto computarase coa puntuación antes mencionada.

Arrincamos pois a Porra para intentar relevar o campión da pasada edición: ESTEBAN.

PARTIDOS:

R.Madrid - Betis PARTIDO DA XORNADA
Barcelona - Racing
Deportivo - Nastic
Poulo - Atl. Sobrado
Athletic - Osasuna

SORTE A TOD@S!!!

martes, 4 de outubro de 2011

Mini Parón

Surxiume unha inesperada viaxe de ultimísima hora a Madrid polo que a partires de mañá o blog non estará actualizado ata o vindeiro luns (agás sorpresa).

Seguiremos informando...


luns, 3 de outubro de 2011

100.000 visitas

Non teño palabras para describir o orgulloso que me sinto de que este blog xa supere as 100.000 visitas.
Grazas a todos por estar ahí!!!

venres, 30 de setembro de 2011

Hai onte 15 anos...



Moi boas, logo de un mes sen case actividade por mor das vacacións volvemos a andar por este espazo aínda recén chegado de Portugal. Como o luns comeza a miña vida normal, tamén é xusto que o blog volva o seu día a día.
Para hoxe temos un recordatorio moi especial e simpático. Onte fixo nin máis nin menos que 15 anos (como pasa o tempo) do famoso "Rafa no me jodas". Aquel partido do ano 96 Zaragoza - Barcelona onde tivo como protagonistas principais o linier leonés (agora mediático, moito grazas en parte a esta "fazaña", Rafa Guerrero, e o colexiado de ese encontro, o asturiano con raices en Sobrado Mejuto González. Non fai falta que vos conte a película, que xa todos máis ou menos a sabedes mais deixo un video para refrescar a memoria e de paso votar unhas risas con unha frase que se fixo famoso no mundo futboleiro e que sen lugar a dúbidas se segue a usar.

Saudos e que teñades unha boa fin de semana.

martes, 20 de setembro de 2011

Remataron os Dolores 2011

Xa estamos plenamente recuperados da gran festa dos Dolores 2011 que tivemos esta fin de semana aquí, en Sobrado dos Monxes.
A climatoloxía respetou bastante e agás unhas pequenas gotas de auga na noite do sábado que se quedaron en mera anécdota podemos decir que o balance xeral do tempo foi de notable.
Unha vez máis quero agradecerlles a Chino, Esteban e Nando a súa valentía para facer fronte a unhas festas que quedaban sen facer e que foron espectaculares.
Tamén desde aquí aproveito para darlle moito ánimo a Comisión 2012: Borja, David e Mingos que seguro que o seu bo facer se verá recompensado do mellor xeito posible que é ateigar de xente o pobo en datas tan sinaladas. Desde xa póñome a vosa enteira disposición para colaborar no que queirades e teñamos unhas felices festas.

Que haxa sorte!!!