En breves días podería haber unha auténtica noticia BOMBA que seguro que agradecerán moitos e moitas..., ata aquí podo escribir... SEGUIREI INFORMANDO en canto a cousa avance.
A Sala Seiscentos de Melide é unha histórica da Movida Melidense. Seguramente moitos de vos (eu incluido) a recoñeceredes como A1 (que así era como se chamaba ata hai uns anos). A Sala baixo a xerencia de Miguel leva uns anos facendo concertos e monólogos de un nivel moi alto que non sempre son recoñecidos como debería ser. Certo é que moitas das bandas que por alí pasan non son "comerciais" de ahí o descoñecemento do gran público. Desta volta Miguel prepáranos unhas vindeiras semanas de auténtico luxo musical. Comezando polo concerto de ITH (actuaron en Sobrado no 2009), a banda de rock de Toxo & CIA para o vindeiro luns 31 de outubro (véspera de todos os Santos). O sábado 5 de novembro un concerto bomba: os barceloneses La Kinky Beat, unha formación que tivestes a oportunidade de ver na Feira da Troita de Sobrado no ano 2006 e que non permiten que pares de bailar cos seus animados ritmos. Pero o prato forte e que seguro que moitos de vos coñeceredes... non o mellor ó grupo BONGO BOTRAKO senón a canción que hai uns meses os lanzou a fama "Todos los días sale el sol". Un tema que puxeron de moda os integrantes da Selección Española de Baloncesto que disputou o Europeo de Lituania e do cal sairon campións. Este concertazo será o sábado 19 de novembro e non volo podedes perder.
Xa están habilitadas as entradas para quen as queira mercar, son económicas:6€ anticipadas e 8€ en taquilla. Por este prezo non merece a pena quedar sen disfrutar de este concertazo. Achegadevos, vaivos encantar!
Desde aquí dar a miña noraboa a Miguel porque unha vez máis amosa o seu compromiso co funcionamento da cultura na comarca. QUE HAXA SORTE!!!
Meu primo Villa fíxome descubrir onte "As pelis coma na casa". Non tedes máis que entrar en youtube e escribir o título, alí abrirase un sinfín de películas e historias dobradas o galego de un xeito moi pero que moi particular. Deixovos por aquí unha versión da archicoñecida voda de Kate e Guillermo.
A segunda xornada da Porra tráenos apaixoantes partidos nos postos altos da táboa na Liga BBVA. Un deles será o partido da xornada, trátase do F.C. Barcelona - Sevilla F.C., un superpartidazo no que tan so separan 2 puntos entre as dúas escadras.
Finito, campión e subcampión das dúas primeiras edicións da Porra comeza un ano máis moi forte situándose como primeiro líder da competición logo de atinar o partido da xornada que correspondía o encontro R. Madrid - Betis.
Tamén andiveron con bo ollo Ferreiro9 e Emilio que deron no cravo cos resultados do Poulo - Atl. Sobrado o primeiro e Athletic - Osasuna o segundo sumando así 3 valiosos puntos.
RESULTADOS:
R.Madrid 4 - Betis 1
Barcelona 3 - Racing 0
Deportivo 2 - Nàstic 2
Poulo 0 - Atl. Sobrado 2
Athletic 3 - Osasuna 1
CLASIFICACIÓN:
1. Finito= 6 puntos
2. Ferreiro9 / Emilio= 3 puntos
3. Pitus / Pazitos / Esteban / Iago / Alberto / Lato= 0 puntos
* ANIMAR DESDE AQUÍ A TODO O MUNDO QUE LLE APETEZA PARTICIPAR NESTE ENTRETIDO XOGO QUE NON O DUBIDE NIN UN INTRE MÁIS, A COMPETICIÓN ESTÁ XA EN FUNCIONAMENTO.
Sirva este post como AVISO a tod@s @s numeros@sexpedicionari@s que íbamos formar parte da viaxe que estaba preparada para o vindeiro sábado co agallo de practicar rafting preto de Padrón. O caso é que debido a notoria sequía que está a afectar o total de Galicia o río non dispón da auga suficiente para unha práctica adecuada deste apaixoante deporte polo que queda aprazado este evento ata nova data da que debidamente seredes informados.
Ando a "saco Pako" con un Curso que Deus mediante rematarei o 15 de decembro polo que non teño moito tempo para outro mesteres. Fago un breve descanso para deixarvos este tema do dj alemán ATB, chámase "Could You Believe" e logo de uns meses sen escoitalo onte ó mediodía véuseme a cabeza e desde ese momento ata agora somos compañeiros inseparables. Ademáis o videoclip serve para darlle entrada a fin de semana que preve calurosa neste máis que nunca outubro veraniego.
A raiz do vídeo que deixei por eiquí a semana pasada con Rafa Guerrero e Mejuto González coma protagonistas onte veume a cabeza aquela incrible historia no partido Deportivo - Getafe que eu mesmo vivín no propio recinto, do sinigual speaker de Riazor, o Señor Naya, que é puro espectáculo cada vez que se pon diante do micro e que fai vibrar todo o Estadio día sí e día tamén. Os que me tedes agregado no Facebook seguro que xa onte a noite o puidestes ver. A historia comeza por un lío que se fai cos nomes dos xogadores que entran e saen no Getafe, finalmente a ovación do respetable foi atronadora.
Moi boas a todos e a todas, por fin chega unha nova Edición da porra que esta tempada sumara a terceira consecutiva neste blog. Como novidades máis importantes destacar que se engadira un partido máis a cada xornada, polo tanto pasara de 4 a 5 partidos. As puntuacións serán similares as do ano pasado: 1 acerto 3 puntos, 2 acertos 5 puntos, 3 acertos 7 puntos, 4 acertos 10 puntos e o premio gordo: pleno de acertos 20 puntos. Ademáis premiarase o bo ollo a atinar o partido da xornada, 6 puntos se é o único resultado acertado por cada participante, se houbese máis de un acerto computarase coa puntuación antes mencionada.
Arrincamos pois a Porra para intentar relevar o campión da pasada edición: ESTEBAN.
PARTIDOS:
R.Madrid - Betis PARTIDO DA XORNADA Barcelona - Racing Deportivo - Nastic Poulo - Atl. Sobrado Athletic - Osasuna