xoves, 20 de outubro de 2011

Sala Seiscentos: a música non pode parar





A Sala Seiscentos de Melide é unha histórica da Movida Melidense. Seguramente moitos de vos (eu incluido) a recoñeceredes como A1 (que así era como se chamaba ata hai uns anos). A Sala baixo a xerencia de Miguel leva uns anos facendo concertos e monólogos de un nivel moi alto que non sempre son recoñecidos como debería ser. Certo é que moitas das bandas que por alí pasan non son "comerciais" de ahí o descoñecemento do gran público.
Desta volta Miguel prepáranos unhas vindeiras semanas de auténtico luxo musical. Comezando polo concerto de ITH (actuaron en Sobrado no 2009), a banda de rock de Toxo & CIA para o vindeiro luns 31 de outubro (véspera de todos os Santos).
O sábado 5 de novembro un concerto bomba: os barceloneses La Kinky Beat, unha formación que tivestes a oportunidade de ver na Feira da Troita de Sobrado no ano 2006 e que non permiten que pares de bailar cos seus animados ritmos.
Pero o prato forte e que seguro que moitos de vos coñeceredes... non o mellor ó grupo BONGO BOTRAKO senón a canción que hai uns meses os lanzou a fama "Todos los días sale el sol". Un tema que puxeron de moda os integrantes da Selección Española de Baloncesto que disputou o Europeo de Lituania e do cal sairon campións. Este concertazo será o sábado 19 de novembro e non volo podedes perder.

Xa están habilitadas as entradas para quen as queira mercar, son económicas:6€ anticipadas e 8€ en taquilla. Por este prezo non merece a pena quedar sen disfrutar de este concertazo. Achegadevos, vaivos encantar!

Desde aquí dar a miña noraboa a Miguel porque unha vez máis amosa o seu compromiso co funcionamento da cultura na comarca. QUE HAXA SORTE!!!

Ningún comentario: